13 dic 2015

XVII Festa da Pisa da Castaña en Froxán


Amence un frío e soleado día en Froxán para disfrutar dunha arte e unha tradición que vén de antigo, da riqueza dun lugar ..."A festa da Pisa" Cada ano no mes de decembro a "Asociación Fonte do Milagro" organiza con moito esmero esta festa para lembrar como se elabora a castaña seca.

Amanece un frío y soleado día en Froxán para disfrutar de un arte y
 una tradición que viene de antiguo, de la riqueza de un lugar ..."La fiesta de la pisa"
Cada año en el mes de diciembre la "Asociación Fonte do Milagro" organiza con mucho esmero
esta fiesta para recordar como se elabora la castaña seca.


O sequeiro acéndese na súa planta baixa o día da festa para que os visitantes poidan comprobar como se realiza o proceso de secado da castaña.

El sequeiro se enciende en su planta baja el día de la fiesta para que los visitantes puedan comprobar como se realiza el proceso de secado de la castaña.


Diante do mesmo "O Cepo" un tronco de madeira forrado de pel agarda a que os "Pisadores" golpeen contra él as castañas.

Delante del mismo "El Cepo" un tronco de madera forrado de piel aguarda a que los "Pisadores" golpeen contra él las castañas.

 

As canastras, fermosas pezas de artesanía tamén están preparadas para recibir o produto resultante de bater as castañas contra o Cepo.

Los canastos hermosas piezas de artesanía también están preparados para recibir  el producto resultante de batir las castañas contra el Cepo.


O piso superior do sequeiro está cheo de castañas xa secas, ás que se lles sacou xa a humidade. O proceso de secado dura uns 20 días expoñéndoas á calor do lume. A conta atrás comezou.

El piso superior del sequeiro está lleno de castañas ya secas, a las que se les ha sacado ya la humedad.
El proceso de secado dura unos 20 días exponiéndolas al calor del fuego.La cuenta atrás ha comenzado. 


Mentres tanto moitos artesáns colocan os seus postos con produtos para ser ofrecidos ao visitante. Castañas en conserva, torta de castaña, zumes de froitos silvestres, mel, marmeladas, produtos cárnicos, noces, licores .....

Mientras tanto muchos artesanos colocan sus puestos con productos para ser ofrecidos al visitante.
Castañas en conserva tarta de castaña, zumos de frutos silvestres, miel, mermeladas, productos cárnicos, nueces, licores .....



Artesáns da madeira, coiro, cestería, calzado....

Artesanos de la madera, cuero, cestería, calzado...


Estamos no Courel os cans son protagonistas.

Estamos en O Courel los perros son protagonistas.


Ataviados coas súas típicas camisas de franela a cadros e os seus panos de catro nós na cabeza, os pisadores da castaña dan comezo.

Ataviados con sus típicas camisas de franela a cuadros y sus pañuelos de cuatro nudos en la cabeza, el pisado de la castaña da comienzo.


A multitude apíñase ao redor para ver como é o proceso.

La multitud se agolpa alrededor para ver como es el proceso. 


Este ano tiveron como pregoeiro da festa a Xosé Antonio Touriñán coñecido humorista da TVG

Este año han tenido como pregonero de la fiesta a José Antonio Touriñán conocido humorista de la TVG

Nada máis chegar xa era un máis.

Nada más llegar ya era uno más.


O coiro cóbreno con viño.

El cuero lo cubren con vino.



Descascadas as castañas Touriñán fixo pasar bos e simpáticos momentos á multitudinaria asistencia.

Descascadas las castañas Touriñán hizo pasar buenos y simpático momentos a la multitudinaria asistencia.





As castañas están no seu punto para acompañar ao "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chourizo e touciño entrefebrado.

Las castañas están en su punto para acompañar al "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chorizo y panceta.

A festa continúa con boa música.

La fiesta continúa con buena música.


Agradecemento á Asociación Fonte do Milagro e a todas as persoas que fixeron posible un ano máis "A festa de pisa"

Agradecimiento a la Asociación Fonte do Milagro y a todas las personas que han hecho posible un año más "La fiesta de la pisa"


0 comentarios:

Publicar un comentario