22 may 2016

O corazón do Lor


Deixando atrás a aldea de Ferrería Vella en dirección Ferreirós de abaixo (localidades máis próximas a esta localización) camiñamos paralelos ao río Lor neste tramo da ruta de Seoane a Folgoso do Courel. 
Rodeados de altas montañas que na primavera mostran a súa cara máis alegre cos verdes dos novos brotes e algún que outro amarelo das xestas, o Lor ofrece belas paisaxes que só son vistos se facemos o camiño a pé. 
Se viaxamos en coche de cando en vez atopámonos con espazos habilitados para aparcalo, merece a pena pois doutro xeito perderémonos o encanto do río, a súa vexetación, os seus cantos rodados, pontes...

Dejando atrás la aldea de Ferrería Vella en dirección Ferreirós de abajo (localidades más cercanas a esta ubicación) caminamos paralelos al río Lor en este tramo de la ruta de Seoane a Folgoso do Courel. 
Rodeados de altas montañas que en primavera muestran su cara más alegre con los verdes de los nuevos brotes y algún que otro amarillo de las retamas, el Lor ofrece bellos paisajes que solo son vistos si hacemos el camino a pie.
Si viajamos en coche de vez en cuando nos encontramos con espacios habilitados para aparcarlo, merece la pena pues de otro modo nos perderemos el encanto del río, su vegetación, sus cantos rodados, puentes...




0 comentarios:

Publicar un comentario