15 feb 2017

Muíño de auga en Ferramulín


Os muíños do Courel son pequenas construcións de pedra, normalmente de planta cadrada e tellado de lousa. Construíanse á beira dos ríos para aproveitar o caudal de auga que adoitaba chegar a través dunha canle. A auga caía con forza sobre o rodicio e este facía virar a moa que trituraba o gran que caía dende a tolva. Este en concreto á beira do río Visuña ao seu paso por Ferramulín atópase en bastante mal estado, pero por fortuna para facerse unha idea aínda conserva o rodicio na parte baixa e a tolva e a moa na alta.

Los molinos de O Courel son pequeñas construcciones de piedra,normalmente de planta cuadrada y tejado de pizarra.  Se construían al lado de los ríos para aprovechar el caudal de agua que solía llegar a través de un canal. El agua caía con fuerza sobre el rodicio y este hacía girar la muela que trituraba el grano que caía desde la tolva.
Este en concreto al lado del río Visuña a su paso por Ferramulín se encuentra en bastante mal estado, pero por fortuna para hacerse una idea todavía conserva el rodicio en la parte baja y la tolva y la muela en la alta. 





0 comentarios:

Publicar un comentario