8 dic 2017

"Entre paso e tempo nas terras do Courel"


"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía ou vento, é o segundo libro de Urbano Arza Sánchez. Mañá 9 de decembro presentarao publicamente na tradicional festa de pisa da castaña que se celebra como todos os anos por estas datas en Froxán. 
Parabéns Urbano.

"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía o vento,es el segundo libro de Urbano ArzaSánchez. Mañana 9 de diciembre lo presentará publicamente en la tradicional fiesta de la pisa
de la castaña que se celebra como todos los años por estas fechas en Froxán.
Enhorabuena Urbano.


NON OS MIRES QUE XA NON ESTÁN
Xa todo o teño visto, o que mirei un día.
Vin aos cordeiros facendo as cordas cos pelos dos marraos e o liño.
Vin aos cerralleiros arranxando potas, caldeiros e paraugas.
Vin aos quincalleiros vendendo quincalla.
Vin aos trapeiros recollendo trapos e gomas.
Vin aos afiadores afiando tixeiras e coitelos.
Vin aos albardeiros facendo molidas e albardas.
Vin as feiras de compra e venta do gando.
Vin nacer os mozos.
Vin morrer centos de xente.
Vin a liberdade xunguida.
Vin o escravo cantando.
Vin camiños con mortos mirando ó ceo preguntando.
Vin falsos paraisos de escarnio e inxustiza.
Os meus ollos os viron, non os mires.
Vin as terras do pan e dos segadores cantando.
Vin medrar ós lobos xunto ós pastores.
Todo vin pasar, co vento pasaron.
Vin as airas do pan co  mallo mallando, eu o vivín.
Vin ós nenos sin calzois co pantalón por detrás rachado, eu vivín.
Vin chegar o 2000 co medo que me puxeron os curas na confesión, os malos ó ceo e os bos ó inferno.
Vin a guerra entre irmáns.
Vin o conxunto de pastores e labranza.
Todo un símbolo de convivencia e harmonía.
Todo fuxíu co vento.
Vin os muíños moer e os fornos cocer.
Vivín ese tempo de ouro sen color nen olor.
Vin ós carpinteiros facendo carros e arados.
Vin ós ferreiros na fragua facendo as ferramentas de labranza.
No chan, onde agora hai castiñeiros, facían a feira.
Eran intercambios de animais e cacharros de barro e comestibles, non existían as moedas.
Todo un conxunto de convivencia e harmonía.
Urbano Arza Sánchez




0 comentarios:

Publicar un comentario