29 dic 2021

Retorno ao Castro de Vilar

 


Vilar é unha das aldeas do Courel que máis visito, teño un vínculo
moi especial con ela e as súas xentes, sempre
tiven boa acolliga e nela pasei momentos especiais.
E como non, unha vez de estar alí sempre me achego ata a zona do castro,
 é un paseo curto e fermoso. Subo ata o cumio
e diviso todo meu arredor, dende o Alto do Boi baixando ata o souto de Vilar,
 á igrexa de Vilamor, sen esquecer o meandro
que forma o río Lor arredor do castro e o carreiro da ruta que leva ata Froxán.


Vilar es una de las aldeas del Courel que más visito, tengo un vínculo
 muy especial con ella y sus gentes, siempre he tenido buena acogida y en ella 
he pasado momentos especiales.
Y como no, una vez de estar allí siempre me acerco hasta la zona del castro,
es un paseo corto y hermoso. Subo hasta la cima y diviso todo a mi alrededor,
desde el Alto do Boi bajando hasta el bosque de Vilar, a la iglesia de Vilamor, sin 
olvidar el meandro que forma el río Lor alrededor del castro y el sendero de la ruta
que lleva hasta Froxán.




23 dic 2021

Bo Nadal


 

20 dic 2021

Acueduto Ponte Arco da Veiga

 


O acueduto Ponte Arco da Veiga pertence a Seceda.
Dista 1km de Lousadela e del atopáronse documentos que datan do ano 1669 
   Está formado por dous arcos semicirculares asimétricos e foi construído en pizarra e esquisto. 
A súa lonxitude e de 20 mts, con unha anchura de 1,50 mts e unha altura duns 8 mts. 
Utilizábase para trasvasar auga para regadío duns prados e tamén facilitaba o paso ás persoas e o gando.
O seu estado de conservación é moi bo.
 Ten acceso por un carreiro sinalizado á beira da carretera que vai de Lousadela dirección Eiriz, ou ben collendo o carreiro que parte da ferreiría de Lousadela dirección Folgoso, todo pola beira do río.

El acueducto Puente arco da Veiga pertenece a Seceda.
Dista 1km de Lousadela y de él se encontraron documentos que datan del año 1669
Está formado por dos arcos semicirculares asimétricos y fue construído en pizarra y esquisto.
Su longitud es de 20 mts, con una anchura de 1,50mts y una altura de unos 8 mts.
Se utilizaba para trasvasar agua para e regadío de unos prados y también facilitaba el paso a las personas y el ganado. Su estado de conservación es muy bueno.
Tiene acceso por un sendero señalizado al lado de la carretera que va de Lousadela dirección Eiriz, o
bien tomando el sendero que parte de la ferrrería de Lousadela dirección Folgoso, todo por la orilla del río.






Parte superior do acueduto.
Parte superior del acueducto.



21 nov 2021

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas


O GARDA NO SOUTO 
O SOUTO E O GARDA

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas.
Folgoso está rodeado de souto. As distintas partes do souto chamábanse adras. Había seis adras:
Folgueiriñas, A Barxela de Abaixo, A Barxela de Arriba, A Carroza, Entoucadoiro e A Barrosa. Hoxe seguen a conservarse todas menos a de Folgueiriñas.

No souto hai varias castes de castañas, que se diferencian polo tamaño, pola cor, polo sabor e por ser temporá ou serodia.
- a presa, a máis grande e oscura, a madeira do seu castiñeiro é a mellor. É a primeira que cai.
- a vilachá
- a vermella
- a branquiña
- a rapada
- a verdia
- a verdeal

Cando comenzaban a cair as castañas o Concello nombraba un garda. O garda vixiaba os soutos e organizaba a colleita das castañas. O garda cobraba en castañas.

Como vixía percorría todo o souto para que a xente non collera as castañas que non eran súas.
Cando pillaba a algunha persoa apañando nas castañas que non eran as súas, non lle deixaba levalas e , despois, xuntaba ao concello para informalo.

Tódalas mañás, ó romper o día, tocaba o corno para que as persoas saíran a apañar as castañas nos camiños e nos carrozos. Estes eran o dous sitios por onde comezaba a colleita. O motivo era evitar que se perderan ó ser pisadas ou comidas polas persoas e polo animais.

No souto só se empezaba a colleita cando o garda daba a orde. Comezábase naquela adra que el valoraba que tiña máis castañas e continuábase nas restantes. Unha vez que se terminaba de apañar nunha adra, fixaba o día para comezar a apañar na adra lindeira. Durante o castañal, que duraba sobre dous meses, dábanse varias voltas nas adras.

Ó final do castañal, o souto quedaba ceibe para o rebusco. Estaba permitido esquillar en todo o souto e nos sitios que non eran dun. Tamén se permitía ceibar os porcos. Con este procedimento non se deixaba perder nin unha soa castaña. O que non apañaban as persoas aproveitábano os porcos. 
Os porcos que se soltaban nos souto eran os da cría, os que se ían matar para o próximo ano.

As castañas podían consumirse de varios xeitos: crúas, asadas e secas. Antes de estar maduras, tamén se consumían, é o que se chama brugacio. Son as castañas do ourizos verdes. Son moi tenras e aínda teñen a pel branca con pecas marróns ó lado do rabo. Despois de pelalas, cocíanse e comíanse con leite. Un manxar! As mellores castañas para o brugacio son a vilachá, a branquiña e a vermella.

As castañas asadas tomábanse pola mañá e pola noite. Pola mañá cunha copa de augardente. Pola noite cun vaso de viño ou con caldo. Outro manxar: a mestura do caldo coas castañas asadas. 
Había dous aparellos para asar as castañas: o cacho e o tambor. Outro xeito de asalas era no remol do lume. Así asábanas os pastores. Estes tiñan un sistema para que ninguén se pasase comento de máis. No centro do remol, tiñan un tizón con lume na punta e o que comía máis da conta tiña que tocar co dedo no tizón.

Para secar as castañas había a caniceira e o sequeiro. A caniceira é o espazo que está encima da cociña baixa, da lareira. O piso da caniceira está feito de ripias, que son pezas de madeira de castaño de 6 a 7 centímetros de ancho achafranadas na parte inferior. Colócanse separadas un centímetro. Deste xeito podía pasar o fume e o calor e as castañas non caían. Os sequeiros son construcións dedicadas á seca das castañas, poden estar no souto ou no pobo. Ten un baixo máis unha planta. No baixo facíase o lume e na planta colocábanse as castañas. A separación entre o baixo e a planta é unha tarima das mesmas caracteristicas da caniceira.

Unha vez secadas as castañas, písanse e abandóxanse.
Para pisalas, unha parella golpea o saco de castañas sobre un cepo, para que se desprenda a casca da cas taña. Co abandoxo, queda a castaña limpa. Despois vén o escollido: sepárase o picón, as rotas, e as malas das boas. estas últimas resérvanse par as persoas.

As castañas secas comíanse de tres maneiras: á calduda, con leite e como acompañamento da carne e do chourizo.

Á calduda eran as castañas secas cocidas con auga, podíaselle poñer manteiga ou carne de porco. Comíase a todas as horas; como almorzo tomábanse as castañas con caldo da cocción ou con leite.


Fragmento do libro "Entre paso e tempo nas
 terras do Courel onde asubía o vento"
de Urbano Arza Sánchez.

17 nov 2021

Souto de Seceda no outono











SOUTO

Piares envellecidos,
piares renacidos,
regados con doce savia.
Vida, con moitas vidas.
Cores medrando,
estoupando,
mudando,
esmorecendo.
Cores do pasar dos días.
Recendos de primavera,
de vrao,
de outono,
de inverno.
Cheiro a xabreiro.
Vida no castiñeiro,
vida no chan.
Cores, vidas, recendos...
sempre de volta,
sempre de seu.

Urbano Arza Sánchez

2 nov 2021

Día dos defuntos


Aínda que xa non estean con nós, o seu recordo permanecerá sempre.

Aunque ya no estén con nosotros, su recuerdo permanecerá simpre.

 

30 oct 2021

Inauguración da Maderoteca Máxica e Poética de Urbano Arza Sánchez

 


Chegou para todos o día desexado, o noso querido Urbano celebrou o seu 91 cumpleanos arroupado pola súa familia, veciños e amigos, xentes que lle queremos moi ben ata alí nos achegamos para compartir con él ese momento especial, todos xuntos inauguramos a preciosa Maderoteca máxica e poética.
 Grazas estimado Urbano por dedicar toda a túa vida aos demais, por este magnífico legado que con tanta maestría confeccionaches para os que por esta Maderoteca pasen.
Un enorme GRACIAS!!

Llegó para todos el día deseado, nuestro querido Urbano celebró su 91 cumpleaños arropado
por su familia, vecinos y amigos, gente que le queremos muy bien, hasta allí nos acercamos para
compartir con él ese momento especial, todos juntos inauguramos la preciosa Maderoteca mágica y
poética.
Gracias estimado Urbano por dedicar toda tu vida a los demás, por este magnífico legado que con
tanta maestría confeccionaste para los que por esta Maderoteca pasen.
Un enorme GRACIAS!!




A fiestra das luas

La ventana de las lunas


Detalles do parque da cultura, contiguo á Maderoteca



Interior da planta baixa onde conserva as súas ferramentas, primeiro banco de traballo...

Interior de la planta baja donde conserva sus herramientas, primer banco de trabajo....




E para miña sorpresa atopeime esta foto dunha fiestra dentro doutra, era a miña foto ao primeiro 
traballo na madeira de Urbano, fixena o primeiro día que o coñecín, pareceume moi representativa para presentar a este artesano e poeta. 
Sen pretendelo e dalgún xeito sinto que formo parte de este maravilloso mundo, eiquí na Maderoteca de Urbano Arza . GRAZAS


Y para mi sorpresa me encontré esta foto de una ventana dentro de otra, era mi foto al primer
trabajo en madera de Urbano, la hice el primer día que lo conocí, me pareció muy representativa para 
presentar a este artesano y poeta.
Sin pretenderlo y de algún modo siento que formo parte de este maravilloso mundo, aquí en la Maderoteca de Urbano Arza. GRACIAS


Baixando as escaleiras atopámonos con unha estancia que nos facerá mirar ao teito estrelado, é a sala da bóveda celeste a cal acolle algúns dos poemas de Urbano pendourados das paredes, todos eles entre a fiestra das lúas e outras esculturas en madeira así como recordos de cando rexentaba unha tenda a carón deste museo.


Bajando las escaleras nos encontramos con una estancia que nos hará mirar al techo estrellado, es la sala de la bóveda celeste la cual acoge algunos de los poemas de Urbano colgados de las paredes, todos ellos entre la ventana de las lunas y otras esculturas en madera así como recuerdos de cuando regentaba una tienda al lado de este museo.










Rematada a visita á planta de abaixo hai que subir a ver a planta alta que alberga as esculturas
 e recordos personales de Urbano. 

Terminada la visita a la planta de abajo hay que subir a ver la planta alta que alberga las esculturas
y recuerdos personales de Urbano.





Amigos e familia leeron os seus poemas con gran agarimo e emoción,
 outros dedicaronlle fermosas palabras, conversas,
escoitouse música..

Amigos y familia leyeron sus poemas con gran cariño y emoción,
 otros le dedicaron hermosas palabras, tertulias,
se escuchó música...







Celebramos con un bo  xantar, e Urbano soplou as velas do seu 91 cumpleanos.

Celebramos con una buena comida, y Urbano sopló las velas de su 91 cumpleaños.






O recordo da súa querida esposa Lola tamén estaba presente.

El recuerdo de su querida esposa Lola también estaba presente.



FOLGOSO DO COUREL

Nacín nas entrañas
desta terra courelana.

Símbolo, a montaña.

Aquí pasei os días azuis
da miña infancia.

Folgoso, onde botei a áncora.

Pasei a miña xuventude sombría,
de pastor, de agricultor
nesta terra folgosana.

Ninguén me erguerá de eiquí.

Estarei mirando sempre
o mesmo ceo,
as mesmas augas,
as mesmas montañas,
o mesmo sol e o mesmo vento,
que non solta a miña áncora.

Urbano Arza Sánchez