19 ene 2022

Natureza


 NATUREZA

Natureza,
nos meus soños,
tamén no meu pensar.

Natureza, vida.
Natureza, soñar.
Mente, pensar.
Maus, facer.
Corazón, sentir.
Natureza, vida, vidas.

Nos cumes, paz.
Nas árbores, silencio
sen movemento.
Doado non é,
ver cos teus ollos,
tocar co teu corpo
o que á vista está.

 Poema de Urbano Arza Sánchez,
 do seu libro "O Paso no tempo"

0 comentarios:

Publicar un comentario