5 feb 2010

Sobre min

Gelis López
Fene/ A Coruña/España



O meu interese pola fotografía xorde fai xa uns cantos anos cando recibo como agasallo a miña primeira cámara fotográfica compacta.

A miña inquedanza pola fotografía lévame a querer aprender, é a partires de ahí cando vou adquirindo coñecementos, participando en talleres e cursos formativos, non obstante cando realmente comeza a apaixoarme este marabilloso mundo fotográfico é coa chegada da fotografía dixital.

Non perseguindo un estilo único todas as disciplinas fotográficas me parecen moi interesantes.

....Cámara na man, o 12 de novembro de 2005 invitada por dous grandes amigos viaxo por primeira vez á Serra do Courel,  nesa primeira visita tivemos un xélido día no que unha incesante choiva decidiu acompañarnos todo o tempo que durou a nosa viaxe. Seceda foi o noso destino e un alpendre o noso acubillo para xantar, ainda a pesar das inclemencias do tempo, esa viaxe marcou un antes e un despois... namoreime para sempre destas marabillosas terras que hoxe son o meu rincón preferido.

A cercanía das súas xentes, as súas coloridas paisaxes, a súa rica gastronomía e as súas entretidas festas, os seus extensos soutos de castiñeiros, os ríos, a abondante flora, a tranquilidade, o aire que se respira.... fixeron que as miñas viaxes eiqui se multiplicasen cada ano, sobretodo na primavera e no outono.

A miña compañeira de fatigas sempre vai conmigo e ainda que ás veces as condicións de luz non sexan as mellores para fotografiar o que levo en mente, teño feitas moitas fotos que me serven para recordar o meu paso polo Courel, momentos máxicos que me gustaría perdurasen no tempo, para recordar e non esquecer.

Algúns deses momentos xa están eiquí, outros todavía permanecen no anonimato e algúns a piques de ver a luz, pouco a pouco todos virán a este lugar, o lugar que escollín para conservalos e compartilos con aquelas persoas que teñan as mesmas inquedanzas ca mín.

Quedan moitas fotos por facer, moita ilusión e moitas viaxes a este marabilloso lugar.

Os meus agradecementos a quenes fixeron posible a primeira e cada unha das viaxes ao Courel.

Benvid@s ao meu rincón, si tiveses interés en contactar conmigo podes facelo a este enderezo bosquevilar@gmail.com

Ao meu fillo con agarimo.




Mi interés por la fotografía surge hace ya unos cuantos años cuando recibo como regalo mi primera cámara fotográfica compacta.

Mi inquietud por la fotografía me lleva a querer aprender, y es a partir de ahí cuando he ido adquiriendo conocimientos, participando en talleres y cursos formativos, no obstante cuando realmente empieza a apasionarme este maravilloso mundo fotográfico es con la llegada de la fotografía digital.

No persiguiendo un estilo único todas las disciplinas fotográficas me parecen muy interesantes.

.....Cámara en mano, el 12 de noviembre de 2005 invitada por dos grandes amigos viajo por primera vez a la Sierra de O Courel, en esa primera visita tuvimos un gélido día en el que una incesante lluvia decidió acompañarnos todo el tiempo que duró nuestro viaje. Seceda fue nuestro destino y un alpendre el cobijo para nuestro almuerzo, aún a pesar de las inclemencias del tiempo, ese viaje marcó un antes y un después........ me enamoré para siempre de estas maravillosas tierras que hoy son mi rincón preferido.

La cercanía de sus gentes, sus coloridos paisajes, su rica gastronomía y sus entretenidas fiestas, sus extensos bosques de castaños, los ríos, la abundante flora, la tranquilidad, el aire que se respira.... han hecho que mis viajes aquí se hayan multiplicado cada año, sobre todo en primavera y otoño.

Mi compañera de fatigas siempre va conmigo y aunque a veces las condiciones de luz no sean las óptimas para fotografiar lo que llevo en mente, he hecho muchas fotos que me sirven para recordar mi paso por el Courel, momentos mágicos que me gustaría perdurasen en el tiempo, para recordar y no olvidar.

Algunos de esos momentos ya están aquí, otros todavía permanecen en el anonimato y algunos a punto de ver la luz, poco a poco todos vendrán a este su lugar, el lugar que he escogido para conservarlos y compartirlos con quienes tengan las mismas inquietudes que yo.

Quedan muchas fotos por hacer, mucha ilusión y muchos viajes a este maravilloso lugar.

Mis agradecimientos a quienes han hecho posible el primero y cada uno de mis viajes al Courel.

Bienvenid@ a mi rincón, si tuvieses interés en contactar conmigo puedes hacerlo a este mail bosquevilar@gmail.com

A mi hijo con cariño.
















0 comentarios:

Publicar un comentario