14 sept 2016

Luciano de Froxán


Un día de verán como non veñen moitos paseaba polas rúas de Froxán, era mediodía, unha calor insoportable.....cando de lonxe vin achegarse un home ao que coñecera noutra ocasión que visitei esta aldea e non me equivocaba. O ano anterior a estas fotos coñecín a Luciano, era un frío día dun xa ben entrado outono e os últimos raios de sol estaban a piques de esconderse detrás das altas montañas, alí estaba él, sentado sobre unha pequeno valado de pedra aproveitándoos, pouco falamos esa vez pero suficiente para lembralo polos seus preciosos ollos azuis e a súa gorra visera negra. 
A segunda ocasión que nos vimos, despois de baixar costa abaixo detívose a descansar na escaleira dunha casa e nesta ocasión si que falamos, recordo como me contaba as historias da mocidade, entre outras que librara de facer o servizo militar pola súa estatura, que sendo neno xa subía cos rabaños ás montañas e das carencias e precariedades da vida. Despois de descansar un intre levantouse e dixo que tiña que levar as ovellas a un prado, esa foi a última vez que o vín a pesar de estar en Froxán noutras ocasións, gustaríame ter podido falar máis con el .... pregunteille a Xan de Vilar e confirmoume que falecera, o que me fixo sentir unha gran tristeza.. Na súa memoria este recordo. Descanse en paz.

Un día de verano como no vienen muchos paseaba por las calles de Froxán, era mediodía, un calor insoportable.....cuando a lo lejos vi acercarse un hombre al que creía haber conocido en otra ocasión que visité esta aldea y no me equivocaba. 
El año anterior a estas fotos conocí a Luciano, era un frío día de un ya bien entrado otoño y los últimos rayos de sol estaban a punto de esconderse detrás de las altas montañas, allí estaba él, sentado sobre una pequeña muralla de piedra aprovechándolos, poco hablamos esa vez pero suficiente para recordarlo por sus preciosos ojos azules y su gorra visera negra.
La segunda ocasión que nos vimos, después de bajar cuesta abajo se detuvo a descansar en la escalera de una casa y en esta ocasión si que hablamos, recuerdo como me contaba las historias de juventud, entre otras que había librado de hacer el servicio militar por su estatura, que siendo niño ya subía con los rebaños a las montañas y de las carencias y precariedades de la vida.
Después de descansar un rato se levantó y dijo que tenía que llevar las ovejas a un prado, esa fue la última vez que le vi a pesar de haber estado en Froxán en otras ocasiones, me hubiese gustado poder hablar más con él ....  le pregunté a Juan de Vilar y me confirmó que había fallecido, lo que me hizo sentir una gran tristeza.. En su memoria este recuerdo. Descanse en paz.