26 jun 2012

Ás de nácar


A primavera no Courel sorprende coas súas inflorescencias alá por onde se pase. 
É imposible non deter o coche na mesma estrada para facer fotos, pois os bordes das mesmas recíbennos con frores de todas as cores así como as súas preciosas bolboretas que revolotean sen parar. Localización: Taro Branco.

La primavera en O Courel sorprende con sus inflorescencias allá por donde se pase.
Es imposible no detener el cocheen la misma carretera para hacer fotos, pues los bordes
 de las mismas nos reciben con flores de todos los colores así como sus preciosas
 mariposas que revolotean sin parar.
Localización: Taro Branco.

13 jun 2012

Arquitectura de Froxán


Froxán é unha fermosa aldea parroquia de Vilamor. 
Á nosa chegada recíbenos a Fonte do Milagre a cal data do ano 1935 
ao seu lado un amplo lavadoiro, na parte traseira un abrevadeiro para os animais.

Froxán es una hermosa aldea parroquia de Vilamor.
A nuestra llegada nos recibe a Fonte do Milagro la cual data del año 1935
a su lado un amplio lavadero, en la parte trasera un abrevadero para los animales.



Típico e famoso " Sequeiro" usado en numerosas edicións 
da famosa Festa de Pisa cada mes de decembro.

Típico y famoso "Sequeiro" usado en numerosas ediciones
 de la famosa Fiesta de la Pisa cada mes de diciembre.




Escaleiras de acceso ás vivendas.

Escaleras de acceso a las viviendas.


Pasadizo que servía para pasar da vivenda á panera. 
No Courel non existen os tradicionais hórreos galegos 
se non este engadido á vivenda chamado panera. 
As súas paredes non eran de pedra como as casas se non de madeira, palla e barro
 iso permitía unha mellor ventilación para os cereais e produtos a conservar.

Pasadizo que servía para pasar de la vivienda a la panera.
En Caurel no existen los tradicionales hórreos gallegos
 si no este añadido a la vivienda llamado panera.
Sus paredes no eran de piedra como las casas si no de madera, paja y barro
 ello permitía una mejor ventilación para los cereales y productos a conservar.


O deterioro dalgunhas casas é evidente, aínda así 
a súa estrutura segue a ter un encanto especial.

El deterioro de algunas casas es evidente, aún así 
su estructura sigue teniendo su encanto especial.


Enormes corredores orientados ao sol aínda se usan hoxe en día para secar roupa, 
noutros tempos para o secado do millo dado que en no Courel non había tradición de almacenar o gran nos típicos hórreos galegos.

Enormes corredores orientados al sol aun se usan hoy en día para secar ropa,
 en otros tiempos para el secado del maíz dado que en O Courel no había tradición 
de almacenar el grano en los típicos hórreos gallegos.


Outras vivendas correron mellor sorte sendo rehabilitadas.

Otras viviendas han corrido mejor suerte siendo rehabilitadas.


Xanela con vistas á montaña.

Ventana con vistas a la montaña.


Dende un alto unha vista do pobo de Froxán, un lugar cun encanto especial.

Desde un alto una vista del pueblo de Froxán, un lugar con un encanto especial.


Cabalo branco


.....era un día tan frío que a auga que pingaba dunha
 mangueira e á súa vez caída por unhas pólas
 fixera uns carámbanos que chamaban a atención... 
o mellor estaba por vir, 
unha xélida brisa comezou a sacudir as pólas dos
 castiñeiros durante bastante tempo, 
caeron as follas secas coma se fosen pingas de 
choiva e ao cesar, unha preciosa egua branca apareceu no 
 medio do souto sen que ninguén a vise chegar, 
parecía que estivésemos nun conto, 
non se pode explicar con palabras, había que estar alí... 
Hai xa uns anos no precioso souto de Vilar........


.....era un día tan frío que el agua que goteaba de
 una manguera y a su vez caída por unas ramas
había hecho unos carámbanos que llamaban la atención...
lo mejor estaba por venir,
una gélida brisa comenzó a sacudir las ramas de los
castaños durante bastante tiempo,
cayeron las hojas secas como si fuesen gotas de
lluvia y al cesar, una preciosa yegua blanca apareció en
medio del bosque sin que nadie la hubiese visto llegar,
parecía que estuviésemos en un cuento,
no se puede explicar con palabras, había que estar allí...
Hace ya unos cuantos años en el precioso soto de Vilar........

5 jun 2012

A canteira de lousa que se come o souto de Sta Eufemia


De todos é sabido que O Courel é a zona de maior biodiversidade de Galicia. 
A actividade humana dende tempos ancestrais  así como a climatoloxía, orografía, xeoloxía... 
fixeron que esta zona se conserve como moitos a coñecemos, 
pero dende hai uns anos canteiras como a que se pode ver na foto 
están devastando os fermosos soutos que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
"5 de Xuño día mundial do medio ambiente" 
Vista dende Vilamor

Todos saben que O Courel es la zona de mayor biodiversidad de Galicia.
La actividad humana desde tiempos ancestrales así como la climatología, orografía, geología...
 han hecho que esta zona se haya conservado como muchos la conocemos,
 pero desde hace unos años canteras como la que se puede ver en la foto
 están devastando los hermosos bosques que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
 "5 de Junio día mundial de medio ambiente"
Vista desde Vilamor