31 oct 2018

Cae o sol, comeza a facer frío


Vistas do Monte Formigueiros, Devesa da Rogueira, Serra das travesas, Teso das papoulas
subindo ao Taro Branco. Cae o sol, comeza a facer frío.

Vistas del Monte Formigueiros, Devesa da Rogueira, Serra das travesas, Teso das papoulas
subiendo al Taro Branco. Cae el sol, comienza a hacer frío.

30 oct 2018

No túnel do tempo


Allium sphaerocephalon L no mes de novembro nas inmediacións de O Carbedo. 
Na primavera teñen unha preciosa cor rosada/púrpura, 
se cliclas na ligazón poderás ver o seu aspecto na primavera.

 Allium sphaerocephalon L en el mes de noviembre en las inmediaciones de O Carbedo.
En primavera tienen un precioso color rosado/púrpura, 
si cliclas el enlace podrás ver su aspecto en primavera.
Aspecto del Allium sphaerocephalon L, en primavera



29 oct 2018

Fistulina á sombra dun castiñeiro


Soportal sen alicerces na casa dos trasgos do bosque de Moreda.

 Porche sin pilares en la casa de los duendes del bosque de Moreda.



28 oct 2018

O sol que non asusta a néboa


A estrada que ascende desde Quiroga dirección Courel permítenos contemplar
 en varios dos seus miradoiros a beleza das montañas sobre o río Ferreiriño. 
É fácil tamén toparse con néboa pola mañá mentres o sol non a asusta.

La carretera que asciende desde Quiroga dirección Courel nos permite contemplar
en varios de sus miradores la belleza de las montañas sobre el río Ferreiriño.
Es fácil también toparse con niebla por la mañana mientras el sol no la asusta. 

27 oct 2018

As castañas de Orlando


Hai case un ano atopábame no Courel facendo unhas fotos.... chegou Orlando, abriu o maleteiro do seu coche e ensinounos unha chea de castañas enormes, puxémonos a falar...na nosa conversa mencionou unha feira e traía unha variedade de castaña tan enorme que eu xamais a vira. A súa intención era a de enxertar os castiñeiros, espero que o fixera e os seus enxertos prosperen e dean os seus froitos.

Hace casi un año me encontraba en Courel haciendo unas fotos.... llegó Orlando, abrió el maletero de su coche y nos enseñó un montón de castañas enormes, nos pusimos a hablar...en nuestra conversación mencionó una feria y traía una variedad de castaña tan enorme que yo jamás la había visto. Su intención era la de injertar los castaños, espero que lo haya hecho y sus injertos hayan prosperado y dado sus frutos.

26 oct 2018

Phytolacca americana L.,


Planta moi rechamante pola floración dos seus acios e máis tarde pola
 transformación en bagas cor morada. Procede do continente americano, 
é unha planta cultivada que deixa verse polos bordes dos camiños. 
Considerada tóxica.Vista en Froxán.

 Planta muy llamativa por la floración de sus racimos y más tarde por
 la transformación en bayas color morado. Procede del continente americano,
 es una planta cultivada que deja verse por los bordes de los caminos.
Considerada tóxica.Vista en Froxán.





24 oct 2018

O outono chama á porta


Outro ano máis se repite un outono de "Seca", non un outono con bo tempo como se adoita escoitar, se non un outono de seca. 
O cambio climático tamén afecta a este marabilloso recuncho do planeta. Non choveu durante moito tempo, se non o fai durante o mes de setembro din que afecta terriblemente ás castañas que están en plena formación. 
Como era de esperar deste pasado mes con temperaturas tan elevadas e sen choivas, as castañas non se puideron nutrir dando como resultado escaseza e diminución na súa calidade. 
Corren moi malos tempos para os castiñeiros, a desgraza se cerne sobre estes xigantes do Courel que durante séculos non se amedrentaron por nada. 
A praga da avispilla do castiñeiro vinda de Asia ( Dryocosmus kuriphilus) está a facelos cachizas, esperemos que a solta do seu depredador natural o Torimus sinensis tamén vindo de Asia sexa a solución.

Otro año más se repite un otoño de "Seca", no un otoño con buen tiempo como se suele escuchar, si no un otoño de sequía.
El cambio climático también afecta a este maravilloso rincón del planeta. No ha llovido durante mucho tiempo, si no lo hace sobretodo durante el mes de septiembre dicen que
afecta terriblemente a las castañas que están en plena formación. 
Como era de esperar de este pasado mes con temperaturas tan  elevadas y sin lluvias, las castañas no se han podido nutrir dando como resultado escasez y merma en su calidad.
Corren muy malos tiempos para los castaños, la desgracia se cierne sobre estos gigantes del Courel
que durante siglos no se amedrentaron por nada. 
La plaga de la avispilla del castaño venida de Asia
( Dryocosmus kuriphilus) los está haciendo añicos, esperemos que la suelta de su depredador natural el Torimus sinensis también venido de Asia sea la solución.

11 oct 2018

E as nubes fablaron...


Nubes de vento en Vilamor. Nesta zona especialmente coincidiume ver formacións de nubes
 moi curiosas, supoño que debido ás correntes de aire que circulan polo val.

Nubes de viento en Vilamor. En esta zona especialmente me ha coincidido ver formaciones nubosas muy curiosas, supongo que debido a las corrientes de aire que circulan por el valle.