18 dic. 2014

Copos de neve


Os meus mellores desexos nestas datas tan sinaladas, 
sen esquecer que o novo ano traia todo o bo e necesario para ser felices. 
Bo nadal e un mellor 2015

Mis mejores deseos en estas fechas tan señaladas,
sin olvidar que el nuevo año traiga todo lo bueno
y  necesario para ser felices.
Feliz Navidad y un mejor 2015

15 dic. 2014

Mina da Toca



Ao patrimonio monumental do Courel temos que sumar a Mina da Toca, unha asombrosa e complicada explotación mineira do tempo dos romanos, situada moi preto de Seoane. O método utilizado para a extracción chamábano "ruína montium". Para iso usaban a forza da auga removendo así miles de metros cúbicos de terra e roca para extraer ouro.

Al patrimonio monumental del Courel tenemos que sumar la Mina da Toca,
una asombrosa y complicada explotación minera del tiempo de los romanos, situada muy cerca de Seoane.
El método utilizado para la extracción lo llamaban "ruina montium".
Para ello usaban la fuerza del agua removiendo así miles de metros cúbicos de tierra y roca para extraer oro.



No cumio da montaña almacenaban auga nuns depósitos que máis tarde conducían por unha rede de canles e galerías previamente escavados en diferentes niveis. A auga que proviña do río Vilela e os arroios próximos baixaba con toda a súa forza erosionando o terreo para finalmente unirse ao río Lor.

En la cima de la montaña almacenaban agua en unos depósitos que más tarde conducían por una red de canales y galerías previamente excavados en diferentes niveles.
El agua que provenía del río Vilela y los arroyos cercanos
 bajaba con toda su fuerza erosionando el terreno para finalmente
unirse al río Lor.

Din que o nome do Courel pode ter as súas orixes nesa época " Aureum" ouro e polas explotacións ao descuberto realizadas polos romanos. Vistas da "Mina da Toca" dende o miradoiro de Mostaz

Dicen que el nombre del Courel puede tener sus origenes en esa época
"Aureum" oro y por las explotaciones a cielo abierto realizadas por los romanos.
Vistas de la "Mina da Toca" desde el mirador de Mostaz


9 dic. 2014

Porta de entrada ao souto de Miraz de abaixo


8 dic. 2014

Tras unha noite moi fría....


Nas inmediacións da aldea do Mazo Santigoso un día moi frío.

En las inmediaciones de la aldea de Mazo Santigoso
un día de mucho frío.


No inverno a luz do sol apenas chega a estas zonas. 
Cando vai moito frío o resultado é 
que todo aparece cuberto cun manto branco.

En invierno la luz del sol apenas llega a estas zonas.
Cuando hace mucho frío el resultado
es que todo aparece cubierto con un manto blanco.


7 dic. 2014

Festa da "Pisa" en Froxán 2014



Hoxe 7 de decembro de 2014 festa grande en Froxán. 
Celebración da XVI edición da Festa de Pisa.

Hoy 7 de diciembre de 2014 fiesta grande en Froxán.
Celebración de la XVI edición de la Fiesta de la Pisa.


Nesta festa demóstrase aos moitos visitantes o labor de secado e " abandoxado" da castaña antes de ser almacenada para toda a tempada. Antigamente este proceso era algo cotián e natural, hoxe en día lémbrase mediante unha festa para non perder a tradición pois son as máquinas as que sustituiron a man do home no proceso da elaboración da castaña seca.

En esta fiesta se demuestra a los muchos visitantes la labor de secado y " abandoxado" de la castaña antes de ser almacenada para toda la temporada.Antiguamente este proceso era algo cotidiano y natural, hoy en día se recuerda mediante una fiesta para no perderla tradición pues son las máquinas las que han substituido la mano del hombre en el proceso de elaboración de la castaña seca.


Pero a historia comeza nos bosques, soutos como os chamamos aquí. A recollida dos froitos segue facéndose da mesma maneira que en tempos ancestrais, unha laboriosa tarefa a man, moitas veces salvando fortes pendentes.

Pero la historia comienza en los bosques, soutos como los llamamos aquí.La recogida de los frutos sigue haciéndose de la misma manera que en tiempos ancestrales, una laboriosa tarea a mano, muchas veces salvando fuertes pendientes.
 .

Despois de recollidas lévanse aos "Sequeiros" unhas construcións similares ás casas da contorna. Alí é onde se secan as castañas. Na parte baixa dos mesmos acéndese lume, ten que ser constante ata finalizar o proceso de secado.

Después de recogidas se llevan a los "Sequeiros" unas construcciones similares a las casas del entorno. Allí es donde se secan las castañas. En la parte baja de los mismos se enciende fuego que ha de ser constante hasta finalizar el proceso de secado.


Na parte superior colócanse estendidas as castañas para que se sequen coa calor producida polo lume. Para removelas úsase o rodo de madeira (na foto) O chan do piso que aloxa as castañas está feito de táboas lisas na parte que están en contacto coas castañas e por abaixo ten forma de cuña para que pase o aire quente e o fume.

 En la parte superior se colocan extendidas las castañas para que se sequen con el calor producido por el fuego. Para removerlas se usa el rodo de madera (en la foto) El suelo del piso que aloja las castañas está hecho de tablas lisas en la parte que están en contacto con las castañas  y por abajo tiene forma de cuña para que pase el aire caliente y el humo.


Secas as castañas comézase o proceso para eliminar as cascas. Para iso dentro dunha especie de saco colócanse as mesmas e suxeitando polos extremos entre dúas persoas golpease con forza sobre un tronco forrado de pel.

Secas las castañas se comienza el proceso para eliminar las cáscaras.Para ello dentro de una especie de saco se colocan las mismas y sujetando por los extremos entre dos personas se golpea con fuerza sobre un tronco forrado de piel.




Finalizada a tarefa da Pisa deposítanse nun paxe...

Finalizada la tarea de la pisa se depositan estas en un cesto....


eiaquí comeza outra labor, a do " abandoxado", que consiste en eliminar a materia prima da casca, chamada esta última " Puxa". Para iso sacódese unha cantidade desta mestura ata conseguir separar o material que nos interesa dos desfeitos.

y aquí comienza otra labor, la del "abandoxado", que consiste en eliminar la materia prima de la cáscara, llamada esta última "Puxa".Para ello se sacude una cantidad de esta mezcla hasta conseguir separar el material que nos interesa de los deshechos. 


Para esta labor utilizan un aparello chamado "Bandoxo"

Para ello utilizan una herramienta llamada "Bandoxo".


Xan de Vilar perfecto coñecedor amosa como se utiliza.

Juan de Vilar perfecto conocedor demuestra como es utilizado.


É todo un arte sacudir o contido sen tirar o que realmente é importante.

Todo un arte sacudir el contenido sin tirar lo que realmente es importante.





Finalizado o abandoxado as castañas deposítanse en sacos e almacenanse para ser utilizadas durante todo o ano.

Finalizado el abandoxado las castañas se depositan en sacos y se almacenan para ser utilizadas durante todo el año.


Como toda festa que se prece en Galicia non pode faltar a comida e que mellor para non ter frío que "un xantar de pisador" castañas cocidas acompañadas de produtos derivados do porco ou xabaril tan propio desas terras, ademais dunha rica sobremesa a base de castañas.

Como toda fiesta que se precie en Galicia no puede faltar la comida y que mejor para no tener frío que "un xantar de pisador" castañas cocidas acompañadas de productos derivados del cerdo o jabalí tan propio de esas tierras, además de un rico postre a base de castañas.


Grazas á "Asociación Fonte do Milagro" por recrear esta antiga tradición.

Gracias a la "Asociación Fonte do Milagro" por recrear esta antigua tradición.

6 dic. 2014

Todo verde en Parada


Por algunha parte escribín, que as árbores 
se cubrían cos seus verdes vestidos. 
É primavera en Parada 
terra do poeta Uxío Novo Neira. 
Vista desde o Alto do Couto.

 Por alguna parte escribí, que los árboles
 se cubrían con sus verdes vestidos.
Es primavera en Parada
 tierra del poeta Uxío Novo Neira.
Vista desde el Alto del Couto


5 dic. 2014

San Xoán de Salcedo na Pobra do Brollón

Campanario da igrexa de San Xoán de Salcedo na Pobra do Brollón. Era un día do mes de decembro, a noite a máis fría que se puidese un imaxinar. A temperatura baixaba de cero, pero había que tentalo, pobre equipo.... A noite cubriu todo cunha espesa capa de xeo dunhas dimensións bastante considerables, tanto que as zonas sombrías daban aspecto de estar nevadas.

Campanario de la iglesia de San Xoán de Salcedo en A Pobra do Brollón. Era un día del mes de diciembre, la noche la más fría que se pudiese uno imaginar.La temperatura bajaba de cero, pero había que intentarlo, pobre equipo....La noche cubrió todo con una espesa capa de hielo de unas dimensiones bastante considerables, tanto que las zonas sombrías daban aspecto de estar nevadas.



4 dic. 2014

De paseo por Seceda


Vista dende Seceda

3 dic. 2014

Vacas en Vilar






"Vacas" ese animal tan importante para as familias de outrora. Chamábaselles por un nome, parían as súas crías, producían leite e derivados e en moitas ocasións tiraban do carro ou do arado nos campos. Hoxe en día xa quedan menos, os seus esforzos foron substituídos por maquinaria agrícola. Estas alimentábanse en Vilar.

"Vacas" ese animal tan importante para las familias de antaño.
Se las llamaba por un nombre, parían sus crías, producían leche y derivados y en muchas
ocasiones tiraban del carro o del arado en los campos.
Hoy en día ya quedan menos, sus esfuerzos han sido sustituidos por maquinaria agrícola.
Estas se alimentaban en Vilar.

27 nov. 2014

Desaparición dun oficio



Na preciosa aldea da Seara, atópanse estes dous muíños. É o mesmo lugar visto dende arriba e dende un pouco máis abaixo. Os muiñeiros e muiñeiras que noutra época pasaban horas e horas vendo como o gran se transformaba en fariña xa non están, tampouco o oficio que desempeñaban, só queda na memoria duns poucos. Algunhas destas construcións foron restauradas, outras con todo non corren a mesma sorte, o deterioro e a maleza apodérase delas.

En el precioso pueblo de A Seara, se encuentran estos dos molinos.Es el mismo lugar visto desde arriba y desde un poco más abajo.Los molineros y molineras que en otra época pasaban horas y horas viendo como el grano se transformaba en harina ya no están,tampoco el oficio que desempeñaban, solo queda en la memoria de unos pocos.
Algunas de estas construcciones han sido restauradas, otras sin embargo no corren la misma
suerte, el deterioro y la maleza se apodera de ellas.

25 nov. 2014

Devanceiros





Ainda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra
queda ainda quen comprende
canto pode aprender dela
Que non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río, brúa o vento
todo fala ao teu redor
I é preciso que entendas
o que intues no interior
somos parte desta terra
porque terra somos nós
Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confins da terra
Somos como as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas neboas
dos confíns da terra
Somos coma o lume
que da luz nas tebras
i esperta as concencias
dos confins da terra
"Luar na Lubre"













Con todo o meu agarimo e respeto a Antonio de Montero
 quen amablemente permitiu que lle fixese estas fotos. 
Con ilusión compártoas e con ilusión espero 
o día que nos volvamos a ver na aldea de Vilamor. 
Grazas Antonio ata sempre.

Con todo mi cariño y respeto a Antonio de Montero
quien amablemente permitió que le hiciese estas fotos.
Con ilusión las comparto y con ilusión espero
al día en que nos volvamos a ver en la aldea de Vilamor.
Grazas Antonio ata sempre.