Mostrando entradas con la etiqueta Muíños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muíños. Mostrar todas las entradas

5 jun 2020

Un día de pesca


Un día no Val de Lóuzara no que me atopaba pescando fotos
 cando de repente apareceu alguén no meu encadre pescando outras
interesantes pezas .

Un día en el Valle del Lóuzara en el que me encontraba pescando fotos
cuando de repente apareció alguien en mi encuadre pescando otras 
interesantes piezas.






29 nov 2017

Visuña os seus barrios e os sus detalles


Despois de alcanzar o Alto do Couto e co monte Formigueiros o pico máis alto do Courel á nosa dereita, a estrada comeza a descender entre montañas. Ante a imponencia das devanditas montañas hai que facer un alto no camiño para contemplar a beleza que nos rodea. 
Dende as alturas podemos ver a parroquia de Visuña nun precioso val rodeada por un souto de castiñeiros, prados, pequenos arroios e carreiros, pero antes de chegar a Visuña deixaríamos atrás o desvío para un dos barrios que forman a parroquia, Céramo. 
Outros barrios son Cima de Vila ou Reibarba.

Después de alcanzar el Alto do Couto y con el monte Formigueiros el pico más alto del Courel a nuestra derecha, la carretera comienza a descender entre montañas. Ante la imponencia de dichas montañas hay que hacer un alto en el camino para contemplar la belleza que nos rodea.
Desde las alturas podemos ver la parroquia de Visuña en un precioso valle rodeada por un souto de castaños, prados, pequeños arroyos y senderos, pero antes de llegar a Visuña habremos dejado atrás el desvío para uno de los barrios que forman la parroquia, Céramo.
Otros barrios son Cima de Vila o Reibarba.











Os regatos son frecuentes á beira das casas en Visuña.

 Los riachuelos son frecuentes al lado de las casas en Visuña.



En Visuña aproveitaron unha formación rochosa e partindo
 dela construíron vivendas, algo que pode verse tamén en Vilamor ou Meiraos

En Visuña han aprovechado una formación rocosa y partiendo
 de ella han construido viviendas, algo que puede verse también en Vilamor o Meiraos



Igrexa de Sta Eufemia de Visuña




Detalles sobre a construcción dun tellado de pizarra.

Detalles sobre la construcción de un tejado de pizarra.



É frecuente ver as portas con adornos tallados.

Es frecuente ver las puertas con adornos tallados.


Detalle dun corredor nunha vivenda, intercalando pizarra e madeira tallada.

 Detalle de un corredor en una vivienda, intercalando pizarra y madera tallada.


Non podo dicir máis que este oco na parede chamado " Bogadeiro" 
era utilizado para poñer a roupa en remollo nun barreño con auga e cinza. 
(pendente de ampliar máis información)

No puedo decir más que este hueco en la pared llamado "Bogadeiro"
 era utilizado para poner la ropa a remojo en un barreño con agua y ceniza.
(pendiente de ampliar más información) 


Como non podía faltar ....o " Caldeiro de bidón" unha pota enorme 
de ferro usada para cocer a comida aos porcos. 
Poñíase sobre o lume suxeito coa " Gramalleira" esta 
á súa vez estaba suxeita ao "Burro"

Como no podía faltar ....el "Cubo de bidón" una olla enorme
 de hierro usada para cocer la comida a los cerdos. 
 Se ponía sobre el fuego sujeto con la "Gramalleira" esta
 a su vez estaba sujeta al "Burro"


Vello muíño no que aínda poden apreciarse restos de fariña.

Viejo molino en el que todavía pueden apreciarse restos de harina.


9 sept 2017

Electra do Lor


A Ferrería de Seoane do Courel coñecida tamén como Ferrería Locay 
construíuse en 1808 para transformar o mineral de ferro traído do monte Formigueiros, 
sendo o vestixio máis destacable da industria galega do ferro do século XIX

La Ferrería de Seoane do Courel conocida también como Ferrería Locay
se construyó en 1808 para transformar el mineral de hierro traído del monte Formigueiros,
 siendo el vestigio más destacable de la industria gallega del hierro del siglo XIX



Na súa longa existencia sufríu transformacións segundo as necesidades foron xurdindo. 
Funcionou como muíño, serradoiro e central hidroeléctrica, ou fábrica da luz 
como a chaman algúns veciños. Abasteceu de electricidade a varias poboacións do Courel

En su larga existencia sufrió transformaciones según las necesidades fueron surgiendo.
Funcionó como molino, aserradero y central hidroeléctrica, o fábrica de la luz
 como la llaman algunos vecinos. Abasteció de electricidad a varias poblaciones del Courel.


A súa estrutura consérvase en perfecto estado, 
destacables son os seus altos muros de laxas.

Su estructura se conserva en perfecto estado, 
destacables son sus altos muros de losas.



Rodicio, movido pola auga cando esta cae sobre él desde o alto.

Rodicio, movido por el agua cuando esta cae sobre él desde lo alto. 


Pasando esta gran roda atopámonos co muíño, 
subindo polas escaleiras está o banzado.

Pasando esta gran rueda nos encontramos con el molino,
 subiendo por las escaleras está el banzado.


Para o funcionamento desta fábrica de luz, serradoiro ou muíño obtense a súa 
enerxía motriz dunha corrente de auga neste caso do río Lor, 
que desviada e conducida por canles chega ata o lugar onde é aproveitada.

Para el funcionamiento de esta fábrica de luz, aserradero o molino se obtiene su
 energía motriz de una corriente de agua en este caso del río Lor,
 que desviada y conducida por canales llega hasta el lugar donde es aprovechada.



Banzado, que no momento de facer a foto non tiña auga.

Banzado, que en el momento de hacer la foto no tenía agua.


Estas pancas ás cales se accedía desde dentro da ferrería, 
servían de comporta para o paso da auga.

Estas palancas a las cuales se accedía desde dentro de la ferrería,
 servían de compuerta para el paso del agua.


Deixou de funcionar como ferrería a finais dos anos vinte do século pasado, 
sendo rehabilitada pola Xunta de Galicia a finais dos anos 90

Dejó de funcionar como herrería a finales de los años veinte del siglo pasado,
 siendo rehabilitada por la Xunta de Galicia a finales de los años 90


En contadas ocasións ou na celebración do Filandón do Courel que se celebra nesta chaira 
diante do edificio, os seus donos a familia Locay, abre as súas portas para que
 o público poida ver o seu interior.

En contadas ocasiones o en la celebración del Filandón do Courel que se celebra en esta explanada delante del edificio, sus dueños la familia Locay, abre sus puertas para que 
el público pueda ver su interior.

18 mar 2017

Río Selmo ao seu paso por A Seara





15 feb 2017

Muíño de auga en Ferramulín


Os muíños do Courel son pequenas construcións de pedra, normalmente de planta cadrada e tellado de lousa. Construíanse á beira dos ríos para aproveitar o caudal de auga que adoitaba chegar a través dunha canle. A auga caía con forza sobre o rodicio e este facía virar a moa que trituraba o gran que caía dende a tolva. Este en concreto á beira do río Visuña ao seu paso por Ferramulín atópase en bastante mal estado, pero por fortuna para facerse unha idea aínda conserva o rodicio na parte baixa e a tolva e a moa na alta.

Los molinos de O Courel son pequeñas construcciones de piedra,normalmente de planta cuadrada y tejado de pizarra.  Se construían al lado de los ríos para aprovechar el caudal de agua que solía llegar a través de un canal. El agua caía con fuerza sobre el rodicio y este hacía girar la muela que trituraba el grano que caía desde la tolva.
Este en concreto al lado del río Visuña a su paso por Ferramulín se encuentra en bastante mal estado, pero por fortuna para hacerse una idea todavía conserva el rodicio en la parte baja y la tolva y la muela en la alta.