25 abr. 2015

Gordolobo


Verbascum  thapsus L, conocido como gordolobo
Localización:Pacios

Cambio de horario e xornadas de sol, aos poucos entrou a primavera e sen darnos conta colouse nas nosas vidas, como esta preciosa flor que xa forma parte do arquivo. 
Atopeina á beira da estrada e chámase gordolobo ( Verbascum thapsus). É unha planta bianual pertencente á familia das escrofulariáceas. Ten un talo recto que pode chegar a medir ata dous metros de altura. As súas follas son grandes dunha intensa cor verde e as súas flores amarelas atópanse agrupadas nunha espiga. É unha planta que lle gustan os chans ricos en nitróxeno e lugares como camiños transitados polo gando e o home.

Cambio de horario y jornadas de sol, poco a poco ha entrado la primavera y sin darnos cuenta se ha colado en nuestras vidas, como esta preciosa flor que ya forma parte del archivo.
La encontré al lado de la carretera y se llama gordolobo (Verbascum thapsus).
Es una planta bianual perteneciente a la familia de las escrofulariáceas.
Tiene un tallo erecto que puede llegar a medir hasta dos metros de altura.
Sus hojas son grandes de un intenso color verde y sus flores amarillas se encuentran agrupadas en una espiga. Es una planta que le gusta los suelos ricos en nitrógeno y lugares como caminos transitados por el ganado y el hombre.

22 abr. 2015

Recreación Vía Crucis en Vilar


Chegada a Semana Santa e coincidindo co venres Santo rememórase na aldea de Vilar unha tradición relixiosa que vén de antigo, "O Vía Crucis". 
Unha persoa adoita levar unha gran cruz facendo o percorrido que vai dende o campo da festa pasando pola ermida de San Roque e finalizando no Monte do Castro grande (Castro de Vilar). 
No bordo do carreiro hai un total de 14 cruces, cada vez que se chega a unha delas a xente detense e rézase unha oración. 
Agradecer á Asociación Fonte do Milagro a recuperación das tradicións da serra así como a Xan de Vilar por encargarse de coidar a contorna.

Llegada la Semana Santa y coincidiendo con el viernes Santo se rememora en la aldea de Vilar una tradición religiosa que viene de antiguo, "El Via Crucis".
Una persona suele llevar una gran cruz haciendo el recorrido que va desde el campo de la fiesta pasando por la ermita de San Roque y finalizando en el Monte do Castro grande (Castro de Vilar). 
En el borde del sendero hay un total de 14 cruces, cada vez que se llega a una de ellas la gente se detiene y se reza una oración.
Agradecer a la Asociación Fonte do Milagro la recuperación de las tradiciones de la sierra así como a Juan de Vilar por encargarse de cuidar el entorno.