Mostrando entradas con la etiqueta Castañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castañas. Mostrar todas las entradas

7 oct 2022

Saíndo a flote


Todavía sobreviven nos meus soños fermosas estampas do Courel, na miña memoria quedan marabillosos recordos do que unha vez foi e xa non é.

As cinzas deixarán lugar a novas vidas, vidas verdes que cubrirán en parte a desgraza pero non a nosa tristura.

Despois de dous meses saquei forzas para achegarme, o meu corazón encolleuse, e as bágoas resbalaron polas miñas meixelas da rabia que sentín unha vez máis.

Fun, observei, e fotografei un pouco a catástrofe, pero de momento non creo que sexa capaz de amosar tanta desolación, e despois non o sei, así que vai ser mellor tirar de arquivo e desfrutar do que todos recordamos.

Que nunca máis volva suceder.


Todavía sobreviven en mis sueños hermosas estampas del Courel, en mi memoria quedan maravillosos recuerdos de lo que una vez fue y ya no es.

Las cenizas dejarán paso a nuevas vidas, vidas verdes que cubrirán en parte la desgracia pero no nuestra tristeza.

Despues de dos meses saqué fuerzas para acercarme, mi corazón se encogió, y mis lágrimas resbalaron por mis mejillas de la rabia que sentí una vez más.

Fui, observé y fotografié la catástrofe, pero de momento no creo que sea capaz de mostrar tanta desolación, y después no lo sé, así que va a ser mejor tirar de archivo y disfrutar de lo que todos recordamos.

Que nunca más vuelva a suceder.

21 nov 2021

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas


O GARDA NO SOUTO 
O SOUTO E O GARDA

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas.
Folgoso está rodeado de souto. As distintas partes do souto chamábanse adras. Había seis adras:
Folgueiriñas, A Barxela de Abaixo, A Barxela de Arriba, A Carroza, Entoucadoiro e A Barrosa. Hoxe seguen a conservarse todas menos a de Folgueiriñas.

No souto hai varias castes de castañas, que se diferencian polo tamaño, pola cor, polo sabor e por ser temporá ou serodia.
- a presa, a máis grande e oscura, a madeira do seu castiñeiro é a mellor. É a primeira que cai.
- a vilachá
- a vermella
- a branquiña
- a rapada
- a verdia
- a verdeal

Cando comenzaban a cair as castañas o Concello nombraba un garda. O garda vixiaba os soutos e organizaba a colleita das castañas. O garda cobraba en castañas.

Como vixía percorría todo o souto para que a xente non collera as castañas que non eran súas.
Cando pillaba a algunha persoa apañando nas castañas que non eran as súas, non lle deixaba levalas e , despois, xuntaba ao concello para informalo.

Tódalas mañás, ó romper o día, tocaba o corno para que as persoas saíran a apañar as castañas nos camiños e nos carrozos. Estes eran o dous sitios por onde comezaba a colleita. O motivo era evitar que se perderan ó ser pisadas ou comidas polas persoas e polo animais.

No souto só se empezaba a colleita cando o garda daba a orde. Comezábase naquela adra que el valoraba que tiña máis castañas e continuábase nas restantes. Unha vez que se terminaba de apañar nunha adra, fixaba o día para comezar a apañar na adra lindeira. Durante o castañal, que duraba sobre dous meses, dábanse varias voltas nas adras.

Ó final do castañal, o souto quedaba ceibe para o rebusco. Estaba permitido esquillar en todo o souto e nos sitios que non eran dun. Tamén se permitía ceibar os porcos. Con este procedimento non se deixaba perder nin unha soa castaña. O que non apañaban as persoas aproveitábano os porcos. 
Os porcos que se soltaban nos souto eran os da cría, os que se ían matar para o próximo ano.

As castañas podían consumirse de varios xeitos: crúas, asadas e secas. Antes de estar maduras, tamén se consumían, é o que se chama brugacio. Son as castañas do ourizos verdes. Son moi tenras e aínda teñen a pel branca con pecas marróns ó lado do rabo. Despois de pelalas, cocíanse e comíanse con leite. Un manxar! As mellores castañas para o brugacio son a vilachá, a branquiña e a vermella.

As castañas asadas tomábanse pola mañá e pola noite. Pola mañá cunha copa de augardente. Pola noite cun vaso de viño ou con caldo. Outro manxar: a mestura do caldo coas castañas asadas. 
Había dous aparellos para asar as castañas: o cacho e o tambor. Outro xeito de asalas era no remol do lume. Así asábanas os pastores. Estes tiñan un sistema para que ninguén se pasase comento de máis. No centro do remol, tiñan un tizón con lume na punta e o que comía máis da conta tiña que tocar co dedo no tizón.

Para secar as castañas había a caniceira e o sequeiro. A caniceira é o espazo que está encima da cociña baixa, da lareira. O piso da caniceira está feito de ripias, que son pezas de madeira de castaño de 6 a 7 centímetros de ancho achafranadas na parte inferior. Colócanse separadas un centímetro. Deste xeito podía pasar o fume e o calor e as castañas non caían. Os sequeiros son construcións dedicadas á seca das castañas, poden estar no souto ou no pobo. Ten un baixo máis unha planta. No baixo facíase o lume e na planta colocábanse as castañas. A separación entre o baixo e a planta é unha tarima das mesmas caracteristicas da caniceira.

Unha vez secadas as castañas, písanse e abandóxanse.
Para pisalas, unha parella golpea o saco de castañas sobre un cepo, para que se desprenda a casca da cas taña. Co abandoxo, queda a castaña limpa. Despois vén o escollido: sepárase o picón, as rotas, e as malas das boas. estas últimas resérvanse par as persoas.

As castañas secas comíanse de tres maneiras: á calduda, con leite e como acompañamento da carne e do chourizo.

Á calduda eran as castañas secas cocidas con auga, podíaselle poñer manteiga ou carne de porco. Comíase a todas as horas; como almorzo tomábanse as castañas con caldo da cocción ou con leite.


Fragmento do libro "Entre paso e tempo nas
 terras do Courel onde asubía o vento"
de Urbano Arza Sánchez.

7 nov 2018

Castiñeiros e castañas no souto de Miraz


Alcanzando o ceo


Vello pero con vida

Viejo pero con vida


Ourizos

Erizos


No medio do camiño

En medio del camino


Protuberancia


Escamas


Ourizos atrapados


Retorto

Retorcido

27 oct 2018

As castañas de Orlando


Hai case un ano atopábame no Courel facendo unhas fotos.... chegou Orlando, abriu o maleteiro do seu coche e ensinounos unha chea de castañas enormes, puxémonos a falar...na nosa conversa mencionou unha feira e traía unha variedade de castaña tan enorme que eu xamais a vira. A súa intención era a de enxertar os castiñeiros, espero que o fixera e os seus enxertos prosperen e dean os seus froitos.

Hace casi un año me encontraba en Courel haciendo unas fotos.... llegó Orlando, abrió el maletero de su coche y nos enseñó un montón de castañas enormes, nos pusimos a hablar...en nuestra conversación mencionó una feria y traía una variedad de castaña tan enorme que yo jamás la había visto. Su intención era la de injertar los castaños, espero que lo haya hecho y sus injertos hayan prosperado y dado sus frutos.

24 oct 2018

O outono chama á porta


Outro ano máis se repite un outono de "Seca", non un outono con bo tempo como se adoita escoitar, se non un outono de seca. 
O cambio climático tamén afecta a este marabilloso recuncho do planeta. Non choveu durante moito tempo, se non o fai durante o mes de setembro din que afecta terriblemente ás castañas que están en plena formación. 
Como era de esperar deste pasado mes con temperaturas tan elevadas e sen choivas, as castañas non se puideron nutrir dando como resultado escaseza e diminución na súa calidade. 
Corren moi malos tempos para os castiñeiros, a desgraza se cerne sobre estes xigantes do Courel que durante séculos non se amedrentaron por nada. 
A praga da avispilla do castiñeiro vinda de Asia ( Dryocosmus kuriphilus) está a facelos cachizas, esperemos que a solta do seu depredador natural o Torimus sinensis tamén vindo de Asia sexa a solución.

Otro año más se repite un otoño de "Seca", no un otoño con buen tiempo como se suele escuchar, si no un otoño de sequía.
El cambio climático también afecta a este maravilloso rincón del planeta. No ha llovido durante mucho tiempo, si no lo hace sobretodo durante el mes de septiembre dicen que
afecta terriblemente a las castañas que están en plena formación. 
Como era de esperar de este pasado mes con temperaturas tan  elevadas y sin lluvias, las castañas no se han podido nutrir dando como resultado escasez y merma en su calidad.
Corren muy malos tiempos para los castaños, la desgracia se cierne sobre estos gigantes del Courel
que durante siglos no se amedrentaron por nada. 
La plaga de la avispilla del castaño venida de Asia
( Dryocosmus kuriphilus) los está haciendo añicos, esperemos que la suelta de su depredador natural el Torimus sinensis también venido de Asia sea la solución.

4 nov 2017

Un agasallo no meu camiño


Ante un outono do máis atípico pola acusada seca, rescato do meu arquivo fotos de anos anteriores, coa esperanza e a ilusión de que a auga regrese ao país da choiva. Ao meu paso polo Souto de Vilamor e sobre o fume do Caleiro da Torre os ourizos asoman verdes.

Ante un otoño de lo más atípico por la acusada sequía, rescato de mi archivo
 fotos de años anteriores, con la esperanza y la ilusión de que el agua regrese al país de la lluvia.
 A mi paso por el Souto de Vilamor y sobre el humo del Caleiro da Torre los erizos asoman verdes.


As castañas asoman nas súas cascas espiñentas, á beira da igrexa de Meiraos.

Las castañas asoman en sus cáscaras espinosas, al lado de la iglesia de Meiraos.


                                                       En busca do Lor en Castro Portela


Baixo un fermoso souto de castiñeiros, baixando do Castro de Vilar  cara a Froxán.

                    Bajo un hermoso bosque de castaños, bajando del Castro de Vilar hacia Froxán. 


As follas secas crepitan ao meu paso no Souto da Carroza Folgoso.

                                Las hojas secas crujen a mi paso en el Souto da Carroza Folgoso.


O Souto de Seoane ve florecer o azafrán entre os ourizos.

El bosque de Seoane ve florecer el azafrán entre los erizos.
.

Perdida entre os seus labirintos e pasadizos do Karst no Val das Mouras. 

Perdida entre sus laberintos y pasadizos del Karst en el Val das Mouras.


Na ruta de Froxán a Vilamor.


Sobre un vello tocón dun castiñeiro en Meiraos.

Sobre el viejo tronco de un castaño en Meiraos.


Sobre o lavadoiro á entrada da aldea de Esperante.

Sobre el lavadero a la entrada de la aldea de Esperante.


As castañas caen diante do patio dun veciño en Froxán.

                                    Las castañas caen delante del patio de un vecino en Froxán.


En todos estes lugares da Serra do Courel, topeime co prezado froito do outono.

En todos estos lugares de la Sierra de O Courel, me topé con el preciado fruto del otoño.


16 sept 2017

A mañá comeza tranquila


Vista de Meiraos dende Mercurín (antenas) 
Á esquerda e a un km de distancia da aldea a súa igrexa. 
Na parte superior esquerda o enorme Taro Branco.

Vista de Meiraos desde Mercurín (antenas)
A la izquierda y a un km de distancia de la aldea su iglesia.
En la parte superior izquierda el enorme taro branco.


Meiraos foi antigamente una das principais poboacións 
da serra do Courel, atopándose relativamente preto 
do núcleo poboacional de Seoane, tan só a dous kms e medio.

 Meiraos fue antiguamente una de las principales poblaciones
 de la sierra de O Courel, encontrándose relativamente cerca del
 núcleo poblacional de  Seoane, tan solo a dos kms y medio.


Camiñar polas súas estreitas e empinadas rúas lévanos á parte alta 
desde onde se divisan unhas marabillosas vistas das montañas.

 Callejear por sus estrechas y empinadas callejuelas nos lleva a la parte alta
     desde donde se divisan unas maravillosas vistas de las montañas.


Baixo un manto de neve as vistas que arroupan Parada 
non nos deixan indiferentes.

Bajo un manto de nieve las vistas que arropan Parada
 no nos dejan indiferentes.


A Torre do Sancho chámaselle a esta antiga construción cun arco de medio punto. 
No seu día debeu ser unha porta hoxe tapiada.

 A torre do Sancho se la llama a esta antigua construcción con un arco
 de medio punto. En su día debió ser una puerta hoy tapiada.


A arquitectura popular consérvase en bastante bo estado.

 La arquitectura popular se conserva en bastante buen estado.


Tellados a dúas augas.

Tejados a dos aguas.


Palleira

 Almacén de paja.


Cando unha vez oín dicir que os camiños do Courel estaban
 feitos de castañas......e era certo.

 Cuando una vez oí decir que los caminos del Courel estaban
 hechos de castañas......y era cierto.


13 dic 2016

XVIII Festa da Pisa da castaña en Froxán


Ano tras ano a Festa da Pisa séguese celebrando en Froxán. Cada edición con máis éxito reunindo a centos de persoas vindas de diversos puntos, moitos repiten, outros por primeira vez pola curiosidade de ver en que consiste A Pisa. Como manda a tradición a media mañá acenden o lume na planta baixa do sequeiro para que os visitantes se fagan unha idea en que consiste o proceso. Son tantos os anos facendo uso do sequeiro que a porta rezuma tizne de tanto queimar leña.

Año tras año la Fiesta de la Pisa se sigue celebrando en Froxán.
Cada edición con más éxito reuniendo a cientos de personas venidas de diversos puntos,
muchos repiten, otros por primera vez por la curiosidad de ver en que consiste La Pisa.
Como manda la tradición a media mañana encienden el fuego en la planta baja del sequeiro para que los visitantes se hagan una idea en que consiste el proceso.
Son tantos los años haciendo uso del sequeiro que la puerta rezuma tizne de tanto quemar leña.


A parte baixa do sequeiro.


Parte alta do sequeiro onde as castañas están estendidas recibindo a calor. Para estender as castañas mentres se secan úsase o rodo de madeira, na foto de abaixo.

Parte alta del sequeiro donde las castañas están extendidas recibiendo el calor.Para extender (remover) las castañas mientras se secan se usa el rodo de madera, en la foto de abajo.



Pisado da castaña seca.



Abandoxado da castaña seca por un gran experto Xan de Vilar.





Parabéns á Asociación Fonte do Milagro por todo o seu esforzo e o seu empeño en que un ano máis a Festa da Pisa se celebre con gran éxito. Se queres ver con máis detalle o proceso da Pisa da castaña podes clicar nestas ligazóns

Enhorabuena a la Asociación Fonte do Milagro por todo su esfuerzo y su empeño en que un año más la Fiesta de la Pisa se celebre con gran éxito.





7 dic 2016

Outono tardío baixo a choiva


Outono tardío baixo a choiva nas inmediacións de Meiraos. 
Este souto adoita estar sempre tan bonito que pasar por alí e non deterse 
non entra dentro das miñas posibilidades. As fotos esta vez baixo o paraugas.

Otoño tardío bajo la lluvia en las inmediaciones de Meiraos.
Este bosque suele estar siempre tan bonito que pasar por allí y no detenerse
 no entra dentro de mis posibilidades.Las fotos esta vez bajo el paraguas.