25 ene 2017

Acacia


A acacia ou mimosa é un arbusto que pode chegar a alcanzar os dez metros de altura. 
Gustando de habitats soleados, as súas inflorescencias son unhas pequenas boliñas de cor amarela intensa que florecen a partir do mes de xaneiro. É orixinaria de Australia. 
Vista na área recreativa de Folgoso do Courel

La acacia o mimosa es un arbusto que puede llegar a alcanzar los diez metros de altura.
Gustando de habitats soleados, sus inflorescencias son unas pequeñas bolitas de color amarillo intenso que florecen a partir del mes de enero. Es originaria de Australia.
Vista en el área recreativa de Folgoso do Courel


24 ene 2017

Señas de identidade


En Courel podemos atoparnos con gran variedade de árbores sobretodo castiñeiros. 
Son árbores de moito porte que poden chegar a alcanzar 30 mts de altura formando densos soutos. Existen diversas variedades no Courel como a verdía, parede, presa brava, branca, brava, luguesa, raigona, presa, veiguiña...sendo a súa madeira moi valorada para a fabricación de mobiliario. 
Como curiosidade salientar as señas de identidade que os donos deixan sobre eles, adoita ser a letra inicial dos seus nomes e serven para marcar propiedade, están pintadas con pintura de cores. 
Se ides a un souto do Courel e vedes que está ben coidado, que non ten maleza baixo as súas árbores tede en conta que os seus donos cóidano con esmero durante todo o ano para recoller os froitos chegado o outono e non se deben coller as castañas, ademais seguro que volas venderán a moi bo prezo. Para moitos é o sustento de todo o ano.

En Courel podemos encontrarnos con gran variedad de árboles sobretodo castaños.
Son árboles de mucho porte que pueden llegar a alcanzar 30 mts de altura formando densos bosques. Existen diversas variedades en Caurel como la verdía, parede, presa brava, branca, brava, luguesa, raigona, presa, veiguiña...siendo su madera muy valorada para la fabricación de mobiliario.
Como curiosidad salientar las señas de identidad que los dueños dejan sobre ellos, suele ser la letra inicial de sus nombres y sirven para marcar propiedad, están pintadas con pintura de colores.
Si vais a un bosque del Caurel y veis que está bien cuidado, que no tiene maleza bajo sus árboles tened en cuenta que sus dueños lo cuidan con esmero durante todo el año para recoger los frutos llegado el otoño y no se deben coger las castañas, además seguro que os las venderán a muy buen precio. Para muchos es el sustento de todo el año.