31 oct 2016

De parola con Xosefa de Montero


Tiña oido falar de Xosefa de Montero polo seu irmán Manolo, quen me falou sempre tan ben da súa irmán, pero nunca tivera a ocasión de coñecela, aínda que ese día chegou e dende entón sempre que vou ao Courel vouna ver, falamos e poñemonos ao día. 
Se voto tempadas sen ir soa o teléfono, chámame para falar e preguntarme cando vou volver.
Sentadas no banco do quinteiro contábame historias de anos atrás cando era nova, subía ao alto da montaña e disque vía o tren de Monforte que ía cara a Madrid, pensaba algún día ese tren levarame a mín tamén, e así foi.
Xosefa como moitos que vivían no Courel emigraron na procura dunha mellora nas súas vidas.
Estivo varias décadas vivindo alí, na actualidade regresou á sua aldea natal.
Vémonos pronto estimada Xosefa, unha aperta das grandes de verdade.

Había oído hablar de Josefa de Montero por su hermano Manolo, quien me habló siempre tan bien de su hermana, pero nunca había tenido la ocasión de conocerla, aunque ese día llegó y desde entonces siempre que voy al Courel la voy a ver, hablamos y nos ponemos al día.
Si pasan temporadas que no voy suena el teléfono, me llama para hablar y preguntarme cuando voy a volver.
Sentadas en el banco de la plaza del pueblo me contaba historias de años atrás cuando era joven, subía al alto de la montaña y dice que veía el tren de Monforte que iba hacia Madrid, pensaba ella, algún día ese tren me llevará a mi también, y así fue.
Josefa como muchos que vivían en Courel emigraron en busca de una mejora en sus vidas, estuvo varias décadas viviendo allí, en la actualidad regresó a su aldea natal.
Nos vemos pronto estimada Josefa, un abrazo de los grandes de verdad.

27 oct 2016

Azafrán de outono


No Courel hai dúas especies de Crocus, a que florece de xaneiro a xullo e a que florece de setembro a xaneiro, esta última chamada tamén Merendera por coincidir a súa floración coa época na que a luz das tardes se acurta. Hai anos suprimíase a merenda e adiantábase a hora da cea. 
Localización: Castro Portela

En O Courel hay dos especies de Crocus, la que florece de enero a julio y la que florece de septiembre a enero, esta última llamada también Merendera por coincidir su floración con la época en la que la luz de las tardes se acorta. Hace años se suprimía la merienda y se adelantaba la hora de la cena.

26 oct 2016

Seoane desde o "Castro da Torre"


Dende o Castro da Torre de camiño a Seceda hai unhas vistas marabillosas se o tempo o permite. 
As montañas serpentean e pobos como Seoane, Sobredo, Sta Eufemia, Eiriz, Fereirós de abaixo, Ferreirós de arriba vense afastados.

Desde el Castro da Torre de camino a Seceda hay unas vistas maravillosas si el tiempo lo permite.
Las montañas serpentean y pueblos como Seoane, Sobredo, Sta Eufemia, Eiriz, Fereirós de abajo, Ferreirós de arriba se ven lejanos.

25 oct 2016

"Parada" un lugar desde onde se pode soñar


Bos días "Parada", aquí estou novamente para verte e disfrutarte. Os tesos cumes como diría o poeta Uxío Novoneyra aparecen cubertos de neve, vai moito frío pero o sol acompáñame no meu paseo por esta pequena aldea mentres estas insólitas portas acaparan a miña atención. Courel está cheo de sorpresas.

Buenos días "Parada", aquí estoy nuevamente para verte y disfrutarte. Os tesos cumes como diría el poeta Uxío Novoneyra aparecen cubiertos de nieve, hace mucho frío pero el sol me acompaña en mi paseo por este pequeño pueblo mientras estas insólitas puertas acaparan mi atención. Courel está lleno de sorpresas.












23 oct 2016

Serbal dos cazadores


O serbal dos cazadores é un arbusto que pode chegar a alcanzar os 20 mts de altura, coñecido tamén polo nome de Sorbus acuparia L., Rosaceae 
No Courel adoita florecer durante o mes de maio, as súas flores son brancas e os seus froitos vermellos comezan a madurar no mes de agosto, manténdose na árbore durante bastante tempo. Cando chega o outono as follas desta árbore pasan da cor verde a unha ampla gama de vermellos alaranxados para finalmente caerse.

El serbal de los cazadores es un arbusto que puede llegar a alcanzar los 20 mts de altura,
conocido también por el nombre de Sorbus acuparia L., Rosaceae
En Courel suele florecer durante el mes de mayo, sus flores son blancas y sus frutos rojos comienzan a madurar en el mes de agosto, manteniéndose en el árbol durante bastante tiempo.
Cuando llega el otoño las hojas de este árbol pasan del color verde a una amplia gama de rojos anaranjados para finalmente caerse.




21 oct 2016

Mazairos



20 oct 2016

Restaurantes


Casa do Campoleirín (Localización - Vilamor)
Teléfono: 982 15.51.00
http://casasdocomerciante.com/localizacion

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Pontón ( Localización - Seoane)
Teléfono 982.16.52.18
http://www.oponton.es

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Ferreiro (Localización - Seoane)
Teléfono: 982.43.30.65

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Bar Anduriña (Localización - Seoane)
Teléfono - 982.43.30.66


----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Acampamento O Caurel (Localización - Esperante)
Teléfono: 982.43.31.01
http://www.acampamentocaurel.com/

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Mesón O Mirador (Localización - Folgoso do Courel)
Teléfono: 982.43.30.64

--------------------------------------------------------------------------------------------------------                      

19 oct 2016

Acivro


O acivro é coñecido por todos polos seus rechamantes froitos vermellos, sempre asociado ao Nadal. Os seus froitos serven de sustento á fauna dos soutos durante o inverno. 
Non esquecer que é unha especie protexida

El acebo es conocido por todos por sus llamativos frutos rojos, siempre asociado a la navidad,.
Sus frutos sirven de sustento a la fauna de los bosques durante el invierno.
No olvidar que es una especie protegida 

18 oct 2016

Espiño albar


Tamén chamado Crataegus monogyna Jacq., Rosaceae ou simplemente Espiño pode verse ademais de en outras localizacións na ruta da Devesa da Rogueira .
É un arbusto ou mesmo pode chegar a ser unha árbore duns dez metros de altura. Das súas pólas brotan espiñas e os seus froitos agrupados en ramalletes de cor vermella son especialmente rechamantes cando están maduros. Atribúenselle propiedades medicinais.

También llamado Crataegus monogyna Jacq., Rosaceae o simplemente Espino puede verse además de en otras localizaciones en la ruta de la Devesa da Rogueira
Es un arbusto o incluso puede llegar a ser un árbol de unos diez metros de altura. De sus ramas brotan espinas y sus frutos agrupados en ramilletes de color rojo son especialmente llamativos cuando están maduros. Se le atribuyen propiedades medicinales.

15 oct 2016

A poda da vide


No mes de outubro cheguei a Moreda, camiñando pola aldea atopeime
 con Xosé Celeiro quen me dou conversa mentres estaba a podar a súa vide.
Sorprendeume dabondo velo subido coa súa idade sobre uns paos atravesados
 sobre o que podería ter sido unha palleira. 
Eiqui a idade non importa, as cousas fanse e punto.
Apertas Xosé

En el mes de octubre llegué a Moreda, caminando por la aldea me encontré
con José Celeiro quien me dió conversación mientras estaba podando su vid.
Me sorprendió bastante verlo subido con su edad sobre unas maderas atravesadas
sobre lo que podría haber sido un pajar.
Aquí la edad no importa, las cosas se hacen y punto.




10 oct 2016

O Caleiro da Torre de Vilamor


A "Asociación Fonte do Milagro" é unha asociación creada no Courel no ano 1999 por un grupo de persoas cuxo único obxectivo non é outro que o de recuperar tradicións e oficios ancestrais nestas terras así como dar a coñecer o patrimonio. Por iso no outono de 2015 decidiron recuperar a tradición da elaboración do cal e poñer en funcionamento un dos varios fornos de cal existentes no Courel. A recreación tivo lugar no "Caleiro da Torre" situado no precioso souto de Vilamor o cal levaba inactivo uns sesenta anos.

La "Asociación Fonte do Milagro" es una asociación creada en O Courel en el año 1999 por un grupo de personas cuyo único objetivo no es otro que el de recuperar tradiciones y oficios ancestrales en estas tierras así como  dar a conocer el patrimonio.
Por ello en el otoño de 2015 decidieron recuperar la tradición de la elaboración de la cal y poner en funcionamiento uno de los varios hornos de cal existentes en O Courel.
La recreación se ha llevado en  "O Caleiro da Torre" situado en el precioso soto de Vilamor el cual llevaba inactivo unos sesenta años.


Os fornos de cal (caleiros) son unhas construcións cilíndricas de pedra os cales teñen unha abertura pola parte superior que é por onde se vai enchendo con pedra e madeira e outra pola parte inferior que é por onde se prende lume

Los hornos de cal son unas construcciones cilíndricas de piedra los cuales tienen una abertura por la parte superior que es por donde se va llenando con piedra y madera y otra por la parte inferior que es por donde se prende fuego.


O oco do forno vaise enchendo alternativamente cunha capa de pedra calcárea e outra de madeira chamada polos aldeáns "Coza"ata cubrilo totalmente, mentres van deixando uns pequenos respiraderos para que ao prender o lume poida circular o aire e combustione ben.

El hueco del horno se va llenando alternativamente con una capa de piedra calcárea y otra de madera llamada por los lugareños "Coza"hasta cubrirlo totalmente, mientras van dejando unos pequeños respiraderos para que al prender la lumbre pueda circular el aire y combustione bien.




A madeira usada para a combustión é a raíz de breixo polo seu alto poder calorífico a cal me dixeron que pode chegar a ter uns trinta anos.

 La madera usada para la combustión es la raíz de brezo por su alto poder calorífico la cual me han dicho que puede llegar a tener unos treinta años.






Momento clave "prender o lume" poida que o primeiro intento non sexa exitoso.

 Momento clave "prender el fuego" puede que el primer intento no sea exitoso.


O señor Luis de Vilamor gran coñecedor do tema demostrounos a súa experiencia.

 El señor Luis de Vilamor gran conocedor del tema nos demostró su experiencia.




Despois de prender o lume o forno comeza a combustión.

 Después de prender el fuego el horno comienza la combustión.






Cando a parte superior comeza a expulsar fume é sinal de que o proceso de combustión comezou.

 Cuando la parte superior comienza a expulsar humo es señal de que el proceso de combustión ha comenzado.


A leña irase consumindo á vez que as rocas se volven incandescentes. 
O proceso dura case un día, antigamente duraba unhas sesenta horas para o que se facían quendas. O arrefriado pode levar uns quince días, pasado este tempo pódese extraer o produto resultante que noutros tempos era usado como argamasa, clarear a roupa, pintar paredes, na agricultura, elaboración de papel ou vidro..

La leña se irá consumiendo a la vez que las rocas se vuelven incandescentes.
El proceso dura casi un día, antiguamente duraba unas sesenta horas para lo cual se hacían turnos. El enfriamiento puede llevar unos quince días, pasado este tiempo se puede extraer el producto resultante que en otros tiempos era usado como argamasa, clarear la ropa, pintar paredes, en la agricultura, elaboración de papel o vidrio..


Un enorme grazas a Evaristo e ás persoas que colaboraron para que esta actividade que vén de tan antigo perdure no tempo "GRAZAS"
Un enorme gracias a Evaristo y a las personas que han colaborado para que esta actividad que viene de tan antiguo perdure en el tiempo "GRACIAS"

A Serra de aire


Mentres seguimos o proceso da elaboración do cal a demostración da "Serra de aire" comeza. 
As ferramentas preparadas, plomada, metro, cordel, saco de po...e comézase a marcar o tronco para o seu posterior serrado.

Mientras seguimos el proceso de la elaboración de la cal la demostración
de "La sierra de aire" comienza. 
Las herramientas preparadas, plomada, metro, cordel, saco de polvo...y se comienza a marcar el tronco para su posterior serrado.










O pesado tronco é desprazado sobre o soporte que o manterá firme para ser serrado. Co tronco colocado fíxanse as táboas que darán estabilidade ao serrador.

El pesado tronco es desplazado sobre el soporte que lo mantendrá firme para ser serrado.
Con el tronco colocado se fijan las tablas que darán estabilidad al serrador.




E o laborioso proceso dá comezo por coñecedores .

Y el laborioso proceso da comienzo por conocedores .









Urbano Arza artista da madeira tamén puxo o seu graniño de area para recrear este antigo oficio.
Demostración da serra de aire 

Urbano Arza artista de la madera también puso su granito de arena para recrear este antiguo oficio.


A Evaristo presidente da "Asociación Fonte do Milagro" e á xente que sempre o acompaña un enorme GRAZAS por levar a cabo e dar a coñecer estas e outras importantes tradicións do Courel

A Evaristo presidente de la "Asociación Fonte do Milagro" y a la gente que siempre lo acompaña un enorme GRACIAS por llevar a cabo y dar a conocer estas y otras importantes tradiciones de O Courel