Mostrando entradas con la etiqueta Soutos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Soutos. Mostrar todas las entradas

15 nov 2023

Souto de castiñeiros en Ferramulin


 

21 nov 2021

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas


O GARDA NO SOUTO 
O SOUTO E O GARDA

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas.
Folgoso está rodeado de souto. As distintas partes do souto chamábanse adras. Había seis adras:
Folgueiriñas, A Barxela de Abaixo, A Barxela de Arriba, A Carroza, Entoucadoiro e A Barrosa. Hoxe seguen a conservarse todas menos a de Folgueiriñas.

No souto hai varias castes de castañas, que se diferencian polo tamaño, pola cor, polo sabor e por ser temporá ou serodia.
- a presa, a máis grande e oscura, a madeira do seu castiñeiro é a mellor. É a primeira que cai.
- a vilachá
- a vermella
- a branquiña
- a rapada
- a verdia
- a verdeal

Cando comenzaban a cair as castañas o Concello nombraba un garda. O garda vixiaba os soutos e organizaba a colleita das castañas. O garda cobraba en castañas.

Como vixía percorría todo o souto para que a xente non collera as castañas que non eran súas.
Cando pillaba a algunha persoa apañando nas castañas que non eran as súas, non lle deixaba levalas e , despois, xuntaba ao concello para informalo.

Tódalas mañás, ó romper o día, tocaba o corno para que as persoas saíran a apañar as castañas nos camiños e nos carrozos. Estes eran o dous sitios por onde comezaba a colleita. O motivo era evitar que se perderan ó ser pisadas ou comidas polas persoas e polo animais.

No souto só se empezaba a colleita cando o garda daba a orde. Comezábase naquela adra que el valoraba que tiña máis castañas e continuábase nas restantes. Unha vez que se terminaba de apañar nunha adra, fixaba o día para comezar a apañar na adra lindeira. Durante o castañal, que duraba sobre dous meses, dábanse varias voltas nas adras.

Ó final do castañal, o souto quedaba ceibe para o rebusco. Estaba permitido esquillar en todo o souto e nos sitios que non eran dun. Tamén se permitía ceibar os porcos. Con este procedimento non se deixaba perder nin unha soa castaña. O que non apañaban as persoas aproveitábano os porcos. 
Os porcos que se soltaban nos souto eran os da cría, os que se ían matar para o próximo ano.

As castañas podían consumirse de varios xeitos: crúas, asadas e secas. Antes de estar maduras, tamén se consumían, é o que se chama brugacio. Son as castañas do ourizos verdes. Son moi tenras e aínda teñen a pel branca con pecas marróns ó lado do rabo. Despois de pelalas, cocíanse e comíanse con leite. Un manxar! As mellores castañas para o brugacio son a vilachá, a branquiña e a vermella.

As castañas asadas tomábanse pola mañá e pola noite. Pola mañá cunha copa de augardente. Pola noite cun vaso de viño ou con caldo. Outro manxar: a mestura do caldo coas castañas asadas. 
Había dous aparellos para asar as castañas: o cacho e o tambor. Outro xeito de asalas era no remol do lume. Así asábanas os pastores. Estes tiñan un sistema para que ninguén se pasase comento de máis. No centro do remol, tiñan un tizón con lume na punta e o que comía máis da conta tiña que tocar co dedo no tizón.

Para secar as castañas había a caniceira e o sequeiro. A caniceira é o espazo que está encima da cociña baixa, da lareira. O piso da caniceira está feito de ripias, que son pezas de madeira de castaño de 6 a 7 centímetros de ancho achafranadas na parte inferior. Colócanse separadas un centímetro. Deste xeito podía pasar o fume e o calor e as castañas non caían. Os sequeiros son construcións dedicadas á seca das castañas, poden estar no souto ou no pobo. Ten un baixo máis unha planta. No baixo facíase o lume e na planta colocábanse as castañas. A separación entre o baixo e a planta é unha tarima das mesmas caracteristicas da caniceira.

Unha vez secadas as castañas, písanse e abandóxanse.
Para pisalas, unha parella golpea o saco de castañas sobre un cepo, para que se desprenda a casca da cas taña. Co abandoxo, queda a castaña limpa. Despois vén o escollido: sepárase o picón, as rotas, e as malas das boas. estas últimas resérvanse par as persoas.

As castañas secas comíanse de tres maneiras: á calduda, con leite e como acompañamento da carne e do chourizo.

Á calduda eran as castañas secas cocidas con auga, podíaselle poñer manteiga ou carne de porco. Comíase a todas as horas; como almorzo tomábanse as castañas con caldo da cocción ou con leite.


Fragmento do libro "Entre paso e tempo nas
 terras do Courel onde asubía o vento"
de Urbano Arza Sánchez.

17 nov 2021

Souto de Seceda no outono











SOUTO

Piares envellecidos,
piares renacidos,
regados con doce savia.
Vida, con moitas vidas.
Cores medrando,
estoupando,
mudando,
esmorecendo.
Cores do pasar dos días.
Recendos de primavera,
de vrao,
de outono,
de inverno.
Cheiro a xabreiro.
Vida no castiñeiro,
vida no chan.
Cores, vidas, recendos...
sempre de volta,
sempre de seu.

Urbano Arza Sánchez

10 nov 2020

Días escuros...días grises
















 

9 nov 2020

De Folgoso a Baldomir


Na carretera que une Folgoso con Baldomir, un alto no camiño
 para contemplar as cores dos castiñeiros.
Este ano imposible achegarse ao outono do Courel por
 mor do confinamento, non se poderá ver aos castiñeiros cambiar de traxe.

En la carretera que une Folgoso con Baldomir, una parada en el camino
para contemplar los colores de los castaños.
Este año imposible acercarse al otoño del Courel por culpa
del confinamiento, no se podrá ver el cambio de traje en los castaños












 

4 jun 2020

Lugares con inspiración


O Val do Louzara é un lugar máxico cun enorme valor paisaxístico, os seus soutos, prados, regatos e o seu río principal que lle da nome "o Louzara" permítennos camiñar e disfrutar con tranquilidade da natureza.  Conta tamén cunha importante arquitectura tradicional nas aldeas que integran este Val que son San Xoan, San Cristovo, Gundriz, Parada, Santalla de arriba e Santalla de abaixo.
Esta inspiradora paraxe do Louzara ten un percorrido poético e escultórico dividido en trece etapas as cales están adicadas ao poeta Fiz Vergara Vilariño (1953 -1997), en cada etapa poderemos ver unha obra ilustrada con palabras Fiz Vergara.

El valle de Louzara es un lugar mágico con un enorme valor paisajístico, sus bosques, prados, arroyos y su río principal que le da el nombre de "Louzara" nos permiten caminar y disfrutar de la naturaleza en total tranquilidad. También tiene una arquitectura tradicional importante en los pueblos que componen este valle, que son San Xoan, San Cristovo, Gundriz, Parada, Santalla de arriba y Santalla de abajo.
Este lugar inspirador de Louzara tiene una ruta poética y escultórica dividida en trece etapas dedicadas todas ellas al poeta Fiz Vergara Vilariño (1953-1997) en cada etapa podemos ver una obra ilustrada con palabras Fiz Vergara.


14 oct 2019

No tempo das castañas


10 oct 2019

Xa cambian as cores


Case sen darnos conta os días van indo a menos e con eles as cores
da natureza caducifolia se van abrindo camiño. Moi axiña todo estará 
cor laranxa e dourado...imos ao Courel!!

Casi sin darnos cuenta los días van menguando y con ellos los colores 
de la naturaleza caducifolia se van abriendo camino. Muy pronto
todo estará de color ananranjado y dorado.....vamos a O Courel!!



30 may 2019

Que verde era o meu val


 Os concellos de Folgoso do Courel e Samos comparten o Val do río Lóuzara polo
 que pasan numerosas rutas de sendeirismo. Son moitos e moi fermosos os lugares onde deterse para desfrutar da singular beleza deste lugar. 
Á esquerda a Serra da Escrita, á dereita Parada de Lóuzara, (unha aldea onde a día de hoxe soamente viven dúas persoas), no profundo do val...o río Lóuzara.
 "Que verde era o meu val" é o título dun libro que amosa o retrato dun mundo desaparecido,
dunha vida sinxela, coas súas regras, xustizas e equilibrios, moi parecido a moitas aldeas do Courel. 

Los ayuntamientos de Folgoso do Courel y Samos comparten el valle del río Lóuzara
por el que pasan numerosas rutas de senderismo. Son muchos y muy hermosos los lugares
donde detenerse para disfrutar de la singular belleza de este lugar. 
A la izquierda Serra da Escrita, a la derecha Parada de Lóuzara, (una aldea donde a día de  hoy solamente viven dos personas), en lo profundo del valle....el río Lóuzara.
 "Que verde era mi valle" es el retrato de un mundo desaparecido, de una vida natural 
y sencilla, con sus reglas, justicia y equilibrio, muy parecido a muchas aldeas de O Courel.


19 nov 2018

A poesía das follas


As follas do souto de Parada son poesía, textura, cor e 
son cando as axita o vento ou cruxen baixo os nosos pés. 
Elas e as árbores que as sosteñen serviron de inspiración ao poeta 
que habitou nunha casa veciña a este recuncho máxico, hoxe sede da 
fundación que leva  o seu nome Fundación Uxío Novoneyra
Este tranquilo, enorme e bonito souto chamado Souto da Rubial convida á reflexión.

 Las hojas del soto de Parada son poesía, textura, color y
 sonido cuando las agita el viento o crujen bajo nuestros pies.
 Ellas y los árboles que las sostienen han servido de inspiración al poeta
que habitó en una casa vecina a este rincón mágico, hoy sede de la
fundación que lleva su nombre Fundación Uxío Novoneyra. 
Este tranquilo, enorme y bonito bosque llamado Souto da Rubial invita a la reflexión.








15 nov 2018

Ruta do Monte Cido


Esta ruta circular ten o seu punto de partida na aldea de Esperante . 
Ten unha lonxitude aproximada de 8 kms e é de dificultade media. 
Pasa polas aldeas do Carbedo, Liñariños e  Moreda, ademáis do castelo de Carbedo
 e Monte Cido para rematar en Esperante. 
As fotos corresponden a un pequeno tramo da ruta, iniciada en Esperante
 dirección Monte Cido.

Esta ruta circular tiene su punto de partida en la aldea de Esperante .
Tiene una longitud aproximada de 8 kms y es de dificultad media.
Pasa por las aldeas de O Carbedo, Liñariños y Moreda, además del castillo de
 Carbedo y Monte Cido para terminar en Esperante. 
Las fotos corresponden a un pequeño tramo de la ruta, iniciada
 en Esperante dirección Monte Cido.