28 dic 2012

"O home en tránsito"


"O home en tránsito" ... leva este nome a escultura de metal que colga sobre o río Louzara. 
Colocouse aquí como unha homenaxe ao poeta Fiz Vergara nado nestas terras. 

"El hombre en tránsito" .... recibe este nombre la escultura de metal que cuelga sobre el río Louzara. Ha sido colocada aquí como homenaje al poeta Fiz Vergara nacido en estas tierras.

27 dic 2012

De ruta por Visuña


Alá onde vaias verás fervenzas baixar polas ladeiras das montañas....

Allá donde vayas verás cascadas bajar por las laderas de las montañas....

21 dic 2012

Bo nadal e venturoso 2013


Vista da devesa de Paderne dende Meiraos

18 dic 2012

Castro Portela dende o miradoiro da " Pena do teso grande"

A aldea de Castro Portela pertencente á parroquia
 de Vilarmor esténdese sobre o que antigamente foi un castro.
 Aos seus pés discorre o río Lor.
 La aldea de Castro Portela perteneciente a la parroquia
 de Vilarmor se extiende sobre lo que antiguamente fue un castro.
A sus pies discurre el río Lor.

6 dic 2012

Luces e sombras ao amencer



29 nov 2012

As formas do frío



Alá polo ano 2007 a mediados do mes de novembro
 no  Courel, aparecía todo aquilo que estaba a nivel de chan do
 mesmo modo que estas follas. 

Allá por el año 2007 a mediados del mes de noviembre
en  O Courel, aparecía todo aquello que estaba a ras de suelo del
mismo modo que estas hojas.

Sta María de Meiraos



Sta María de Meiraos dende o Taro Branco vese minúscula entre a multitude de castiñeiros. 
Recollida entre montañas, non se atopa na aldea do mesmo nome se non apartada.
Está situada nun promontorio á beira da estrada que leva de Seoane a Paderne. 
É a igrexa máis grande da Serra do Courel e ten dous brasóns heráldicos.

Sta María de Meiraos desde el Taro Branco se ve minúscula entre la multitud de castaños. 
Recogida entre montañas, no se encuentra en la aldea del mismo nombre si no apartada.
Está situada en un promontorio al lado de la carretera que lleva de Seoane a Paderne.
Es la iglesia más grande de la Sierra de O Courel y tiene dos blasones heráldicos.









23 nov 2012

A lareira de Xan de Vilar




22 nov 2012

Probando as uvas pasas


Esta foto non a fixen eu, pero non por iso é menos importante. 
Quero facerlle un oco eiqui porque é o recordo dunha estupenda fin de semana. 
Xan de Vilar abriu as portas da súa casa e convidounos a estar na súa lareira. 
Probamos as uvas pasas afumadas, e poidemos retroceder no tempo, mágoa non poder quedarnos máis. Grazas a Carlos Carballeira pola foto e a Xan pola agradable acollida.


Esta foto no la he hecho yo, pero no por ello es menos importante.
Quiero hacerle un huequecito porque es el recuerdo de un estupendo fin de semana.
Juan de Vilar abrió las puertas de su casa y nos invitó a estar en su lareira.
Probamos las uvas pasas ahumadas, y pudimos retroceder en el tiempo,
 lástima no haber podido quedarnos más.
Gracias a Carlos Carballeira por la foto y a Juan por la agradable
acogida.


15 nov 2012

Ao amparo doutros



Neste vello tronco naceron estes pequenos cogomelos...

En este viejo tronco nacieron estas pequeñas setas...


14 nov 2012

O outono da os seus froitos no Courel


Coa chegada do outono
 chegan tamén os preciados froitos dos milleiros de castiñeiros
 que hai repartidos polo Courel.

Con la llegada del otoño
llegan también los preciados frutos de los miles de castaños
que hay repartidos por el Caurel.

Devesa da Rogueira dende Moreda



9 nov 2012

Sombras na neve


E coa chegada do frío caen as primeiras neves..
Dedícocha a ti, a única persoa con quen a compartín hai algún tempo,
e porque sei que che gustou.

Y con la llegada del frío caen las primeras nieves..
 Te la dedico a ti, la única persona con quien la he compartido hace algún tiempo,
 y porque sé que le ha gustado.


1 oct 2012

Deixando a bruma atrás



Sabemos que o outono é unha estación especial no Courel, 
pero non sempre está no seu punto cando chegamos. 
Horas de camiño dende a casa ata alí, ás 18:30 comenza a escurecer
 e moitas veces atópase un con choiva e con que as cores douradas que
 esperabamos nin sequera asomaron. 
Se te atopas con estes factores non te desanimes, quizais o ano próximo
 sexa máis favorable. 
A aldea do fondo chámase Trabazas.

Sabemos que el otoño es una estación especial en el Caurel,
 pero no siempre está en su punto cuando llegamos.
Horas de camino desde casa hasta allí,
a las 18:30 se baja el telón de luz y
muchas veces se encuentra uno con lluvia y con que
los colores dorados que esperabamos no se han ni siquiera asomado.
Si te encuentras con estos factores no te desanimes, quizás
el año próximo sea más favorable.
La aldea del fondo se llama Trabazas.



30 sept 2012

Fervenza de Vieiros


A auga da fervenza de Vieiros baixaba con tanta forza
 que se dispersaba en minúsculas gotiñas 
mollando o equipo e a todo aquel que se achegase 
para fotografala ou simplemente vela.

El agua de la cascada de Vieiros bajaba con tanta fuerza
que se dispersaba en minúsculas gotitas
mojando el equipo y a todo aquel que se acercase
 para fotografiarla o simplemente verla.



27 sept 2012

De camiño á fervenza de Vieiros


Preto da aldea de Vieiros discorre o río Selmo
 por un das paisaxes máis impresionantes da Serra do Courel. 
Dise que nun tramo dun quilómetro sálvase un desnivel duns
 150 metros e poden verse varias fervenzas. 
A máis vistosa esta  cuns 20 metros de altura.

Cerca de la aldea de Vieiros discurre el río Selmo
por uno de los paisajes más impresionantes de la Sierra de O Courel.
Se dice que en un tramo de un kilómetro se salva un desnivel de unos
150 metros y pueden verse varias cascadas.
 La más vistosa esta con unos 20 metros de altura.

Porta con adorno floral en Vilar


Vaias onde vaias hai portas que che sorprenden.... 
Hainas vermellas, azuis, cun buraco na parte baixa para que 
entren os gatos, con cruces, pintadas con murais... 
e outras como esta teñen un ramallete de flores secas detalle de Xan de Vilar.

Vayas donde vayas hay puertas que te sorprenden....
Las hay rojas, azules, con un agujero en la parte baja para que
entren los gatos, con cruces, pintadas con murales...
y otras como esta tienen un ramillete de flores secas detalle de Juan de Vilar.

18 sept 2012

Ao acubillo do castiñeiro


É triste chegar a unha paraxe chea de castiñeiros centenarios
 e toparse cun espantallo abandonado como este, 
é que non había un lugar adecuado onde depositalo??

Es triste llegar a un paraje lleno de castaños centenarios
y toparse con un adefesio abandonado como este, 
es que no había un lugar adecuado donde depositarlo??

5 sept 2012

Xanela en Paderne


Paderne ten un balcón natural que dá a unha das montañas máis bonitas da serra do Courel, 
motivo suficiente para facer unha parada alí, queda e compróbao.

Paderne tiene un balcón natural que da a una de las montañas más bonitas de la sierra de O Courel,
motivo suficiente para hacer una parada allí, quédate y compruébalo.





22 ago 2012

Benvidos a Seceda


A parroquia de Seceda é unha das localidades do Courel que mellor conserva a súa arquitectura, 
iso é debido ao minucioso proceso de restauración á que foi sometida. 
De aquí tamén parten numerosas rutas de interese, as cales transcorren
 por camiños tradicionais levando ao camiñante a paraxes de importancia paisaxistica e etnográfica. Rutas dende Seceda: 
- Ruta do camiño Tras da Cova
 - Ruta dos muíños 
- Ruta da Pena das Anduriñas 
- Ruta do Castro da Torre 
- Ruta do Pontón do Inferno


La parroquia de Seceda es una de las localidades de O Courel que mejor conserva su arquitectura,
 ello es debido al minucioso proceso de restauración a la que ha sido sometida.
De aquí también parten numerosas rutas de interés, las cuales transcurren
 por caminos tradicionales llevando al caminante a parajes de importancia paisajistica y etnográfica.
Rutas desde Seceda:
- Ruta del camino Tras da Cova
- Ruta de los molinos
- Ruta de A Pena das Anduriñas
- Ruta del Castro da Torre
- Ruta de O Pontón do Inferno

26 jun 2012

Ás de nácar


A primavera no Courel sorprende coas súas inflorescencias alá por onde se pase. 
É imposible non deter o coche na mesma estrada para facer fotos, pois os bordes das mesmas recíbennos con frores de todas as cores así como as súas preciosas bolboretas que revolotean sen parar. Localización: Taro Branco.

La primavera en O Courel sorprende con sus inflorescencias allá por donde se pase.
Es imposible no detener el cocheen la misma carretera para hacer fotos, pues los bordes
 de las mismas nos reciben con flores de todos los colores así como sus preciosas
 mariposas que revolotean sin parar.
Localización: Taro Branco.

13 jun 2012

Arquitectura de Froxán


Froxán é unha fermosa aldea parroquia de Vilamor. 
Á nosa chegada recíbenos a Fonte do Milagre a cal data do ano 1935 
ao seu lado un amplo lavadoiro, na parte traseira un abrevadeiro para os animais.

Froxán es una hermosa aldea parroquia de Vilamor.
A nuestra llegada nos recibe a Fonte do Milagro la cual data del año 1935
a su lado un amplio lavadero, en la parte trasera un abrevadero para los animales.



Típico e famoso " Sequeiro" usado en numerosas edicións 
da famosa Festa de Pisa cada mes de decembro.

Típico y famoso "Sequeiro" usado en numerosas ediciones
 de la famosa Fiesta de la Pisa cada mes de diciembre.




Escaleiras de acceso ás vivendas.

Escaleras de acceso a las viviendas.


Pasadizo que servía para pasar da vivenda á panera. 
No Courel non existen os tradicionais hórreos galegos 
se non este engadido á vivenda chamado panera. 
As súas paredes non eran de pedra como as casas se non de madeira, palla e barro
 iso permitía unha mellor ventilación para os cereais e produtos a conservar.

Pasadizo que servía para pasar de la vivienda a la panera.
En Caurel no existen los tradicionales hórreos gallegos
 si no este añadido a la vivienda llamado panera.
Sus paredes no eran de piedra como las casas si no de madera, paja y barro
 ello permitía una mejor ventilación para los cereales y productos a conservar.


O deterioro dalgunhas casas é evidente, aínda así 
a súa estrutura segue a ter un encanto especial.

El deterioro de algunas casas es evidente, aún así 
su estructura sigue teniendo su encanto especial.


Enormes corredores orientados ao sol aínda se usan hoxe en día para secar roupa, 
noutros tempos para o secado do millo dado que en no Courel non había tradición de almacenar o gran nos típicos hórreos galegos.

Enormes corredores orientados al sol aun se usan hoy en día para secar ropa,
 en otros tiempos para el secado del maíz dado que en O Courel no había tradición 
de almacenar el grano en los típicos hórreos gallegos.


Outras vivendas correron mellor sorte sendo rehabilitadas.

Otras viviendas han corrido mejor suerte siendo rehabilitadas.


Xanela con vistas á montaña.

Ventana con vistas a la montaña.


Dende un alto unha vista do pobo de Froxán, un lugar cun encanto especial.

Desde un alto una vista del pueblo de Froxán, un lugar con un encanto especial.


Cabalo branco


.....era un día tan frío que a auga que pingaba dunha
 mangueira e á súa vez caída por unhas pólas
 fixera uns carámbanos que chamaban a atención... 
o mellor estaba por vir, 
unha xélida brisa comezou a sacudir as pólas dos
 castiñeiros durante bastante tempo, 
caeron as follas secas coma se fosen pingas de 
choiva e ao cesar, unha preciosa egua branca apareceu no 
 medio do souto sen que ninguén a vise chegar, 
parecía que estivésemos nun conto, 
non se pode explicar con palabras, había que estar alí... 
Hai xa uns anos no precioso souto de Vilar........


.....era un día tan frío que el agua que goteaba de
 una manguera y a su vez caída por unas ramas
había hecho unos carámbanos que llamaban la atención...
lo mejor estaba por venir,
una gélida brisa comenzó a sacudir las ramas de los
castaños durante bastante tiempo,
cayeron las hojas secas como si fuesen gotas de
lluvia y al cesar, una preciosa yegua blanca apareció en
medio del bosque sin que nadie la hubiese visto llegar,
parecía que estuviésemos en un cuento,
no se puede explicar con palabras, había que estar allí...
Hace ya unos cuantos años en el precioso soto de Vilar........

5 jun 2012

A canteira de lousa que se come o souto de Sta Eufemia


De todos é sabido que O Courel é a zona de maior biodiversidade de Galicia. 
A actividade humana dende tempos ancestrais  así como a climatoloxía, orografía, xeoloxía... 
fixeron que esta zona se conserve como moitos a coñecemos, 
pero dende hai uns anos canteiras como a que se pode ver na foto 
están devastando os fermosos soutos que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
"5 de Xuño día mundial do medio ambiente" 
Vista dende Vilamor

Todos saben que O Courel es la zona de mayor biodiversidad de Galicia.
La actividad humana desde tiempos ancestrales así como la climatología, orografía, geología...
 han hecho que esta zona se haya conservado como muchos la conocemos,
 pero desde hace unos años canteras como la que se puede ver en la foto
 están devastando los hermosos bosques que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
 "5 de Junio día mundial de medio ambiente"
Vista desde Vilamor




17 may 2012

Dende O Courel con amor


Pareceume moi orixinal a forma de corazón da fechadura.

Me pareció original la forma de corazón
de la cerradura.