25 dic 2017

Roseira silvestre - Escaramuxo


A roseira silvestre é tamén coñecida como escaramuxo. O escaramuxo é o froito vermello que no seu interior alberga as sementes da roseira. Esta planta normalmente adoita verse en zonas altas da serra do Courel aínda que hai unha variedade que adoita verse nas zonas baixas. 
Na primavera as súas flores desprenden un cheiro moi agradable, no outono os seus froitos atraen bastante a atención pola súa rechamante cor vermella. 
Estas roseiras silvestres localízanse na ruta da lagoa da Lucenza dende A Seara.

La rosa silvestre es también conocida como escaramujo.El escaramujo es el fruto rojo que en su interior alberga las semillas de la rosa.Esta planta normalmente suele verse en zonas altas de la sierra del Courel aunque hay una variedad que suele verse en las zonas bajas.
En primavera sus flores desprenden un olor muy agradable, en otoño sus frutos atraen bastante la atención por su llamativo color rojo.
Estos rosales silvestres se localizan en la ruta de la laguna de la Lucenza desde A Seara.




24 dic 2017

Bo Nadal e venturoso 2018



Que nestas festas un sorriso sexa o mellor agasallo e a felicidade o maior dos desexos.

Que en estas fiestas una sonrisa sea el mejor regalo y la felicidad el mayor de los deseos.

20 dic 2017

Entre luces e sombras







17 dic 2017

O rumor do Lor


O río Lor ten o seu nacemento en Fonteboa e atravesa o Courel de norte a sur, 
sendo os seus afluentes o río Pequeno e o río Louzara. 
Despois de cincuenta e algún kms desemboca no río Sil 
na localidade de Quiroga.

El río Lor tiene su nacimiento en Fonteboa y atraviesa el Courel de norte a sur,
 siendo sus afluentes el río Pequeno y el río Louzara. 
Después de cincuenta y algún kms desemboca en el río Sil
 en la localidad de Quiroga.


12 dic 2017

Nun lugar tan fermoso ....


O Courel ten moitos lugares fermosos, moitos deles escondidos ou nos cumes das montañas. 
Para chegar a eles debemos camiñar a pé por carreiros ou pistas, cruzar arroios..... pero para ver estas preciosas montañas é moi accesible a todos xa que se pode desprazar un no coche. 
Deixando Folgoso atrás en dirección Seoane percorremos pouco máis de 4,5 kms e tomando o desvío á dereita levaranos a Ferreirós de arriba.

O Courel tiene muchos lugares hermosos, muchos de ellos escondidos o en las cimas de las montañas. 
Para llegar a ellos debemos caminar a pie por senderos o pistas, cruzar arroyos..... pero para ver estas preciosas montañas es muy accesible a todos ya que se puede desplazar uno en coche.
Dejando Folgoso atrás en dirección Seoane recorremos poco más de 4,5 kms y tomando el desvío a la derecha nos llevará a Ferreirós de arriba.


Ao comezar a subir xa poden contemplarse ao lonxe fermosas vistas de Ferreirós de arriba na saia da montaña e de Ferreirós de abaixo baixo os nosos pés.

Al comenzar a subir ya pueden contemplarse a los lejos hermosas vistas de Ferreirós de arriba en la falda de la montaña y de Ferreirós de abajo bajo nuestros pies.


Ao fondo a famosa Penaboa, ata aquí sóbese dende Ferreirós, a ruta non é moi larga en kms pero din que é unha das rutas máis duras de Galicia. 
O último km é moi complicado, a subida é moi forte, por iso un cartel en Ferreirós advirte do perigosa que é para que tomemos conciencia antes de subir.

Al fondo la famosa Penaboa, hasta aquí se sube desde Ferreirós, la ruta no es muy larga en kms pero dicen que es una de las rutas más duras de Galicia.
El último km es muy complicado, la subida es muy fuerte, por ello un cartel en Ferreirós
advierte de lo peligrosa que es para que tomemos conciencia antes de subir.


Casas en Ferreirós de abaixo


A cada pouco é preciso deterse, pois é tan bonito o que nos rodea que se continuamos á velocidade á que se despraza o coche non poderemos disfrutalo como se merece.

  A cada poco es preciso detenerse, pues es tan bonito lo que nos rodea que si continuamos a la velocidad a la que se desplaza el coche no podremos disfrutarlo como se merece.



Estas praderías....estaban cubertas por centeo e outros cereais non hai tantos anos....chamábanas Campos de pan. Xa case non queda xente para traballar os campos, e os que quedan son anciáns e xa non poden facelo.

 Estas praderas....estaban cubiertas por centeno y otros cereales hace no muchos años....las llamaban Campos de pan. Ya casi no queda gente para trabajar los campos, y los que quedan son ancianos y ya no pueden hacerlo.


Partindo a pé dende Ferreirós de abaixo hai un carreiro circular que nos leva a Ferreirós de arriba. 
A ruta pode facerse partindo á beira dunha casa de pedra situada no alto a man dereita, á beira da estrada, ou baixando a pista e cruzando a ponte. 
Despois de tela feita en ambas as direccións recomendo a primeira opción, a subida é máis levadeira. Un estreito carreiro conduciranos ata a aldea de arriba, atravesando esta e baixando cara aos prados seguimos unha pista pasando á beira de alvarizas, viñedos e soutos de castiñeiros ata chegar a Ferreirós de abaixo.

 Partiendo a pie desde Ferreirós de abajo hay un sendero circular que nos lleva a Ferreirós de arriba. La ruta puede hacerse partiendo al lado de una casa de piedra situada en lo alto a mano derecha, al lado de la carretera, o bajando la pista y cruzando el puente.
Después de haberla hecho en ambas direcciones recomiendo la primera opción, la subida es más llevadera. Un estrecho sendero nos conducirá hasta la aldea de arriba, atravesando esta y bajando hacia los prados seguimos una pista pasando por al lado de albares, viñedos y sotos de castaños hasta llegar a Ferreirós de abajo. 


8 dic 2017

"Entre paso e tempo nas terras do Courel"


"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía ou vento, é o segundo libro de Urbano Arza Sánchez. Mañá 9 de decembro presentarao publicamente na tradicional festa de pisa da castaña que se celebra como todos os anos por estas datas en Froxán. 
Parabéns Urbano.

"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía o vento,es el segundo libro de Urbano ArzaSánchez. Mañana 9 de diciembre lo presentará publicamente en la tradicional fiesta de la pisa
de la castaña que se celebra como todos los años por estas fechas en Froxán.
Enhorabuena Urbano.


NON OS MIRES QUE XA NON ESTÁN
Xa todo o teño visto, o que mirei un día.
Vin aos cordeiros facendo as cordas cos pelos dos marraos e o liño.
Vin aos cerralleiros arranxando potas, caldeiros e paraugas.
Vin aos quincalleiros vendendo quincalla.
Vin aos trapeiros recollendo trapos e gomas.
Vin aos afiadores afiando tixeiras e coitelos.
Vin aos albardeiros facendo molidas e albardas.
Vin as feiras de compra e venta do gando.
Vin nacer os mozos.
Vin morrer centos de xente.
Vin a liberdade xunguida.
Vin o escravo cantando.
Vin camiños con mortos mirando ó ceo preguntando.
Vin falsos paraisos de escarnio e inxustiza.
Os meus ollos os viron, non os mires.
Vin as terras do pan e dos segadores cantando.
Vin medrar ós lobos xunto ós pastores.
Todo vin pasar, co vento pasaron.
Vin as airas do pan co  mallo mallando, eu o vivín.
Vin ós nenos sin calzois co pantalón por detrás rachado, eu vivín.
Vin chegar o 2000 co medo que me puxeron os curas na confesión, os malos ó ceo e os bos ó inferno.
Vin a guerra entre irmáns.
Vin o conxunto de pastores e labranza.
Todo un símbolo de convivencia e harmonía.
Todo fuxíu co vento.
Vin os muíños moer e os fornos cocer.
Vivín ese tempo de ouro sen color nen olor.
Vin ós carpinteiros facendo carros e arados.
Vin ós ferreiros na fragua facendo as ferramentas de labranza.
No chan, onde agora hai castiñeiros, facían a feira.
Eran intercambios de animais e cacharros de barro e comestibles, non existían as moedas.
Todo un conxunto de convivencia e harmonía.
Urbano Arza Sánchez




7 dic 2017

Courel dos tesos cumes....


Ascendendo para chegar ao cume máis alto do Courel, un alto no camiño permítenos ver a inmensidade da Devesa da Rogueira, o cume do Teso das Papoulas e a cima do Monte Formigueiros. Facer a ruta da Devesa da Rogueira dende a aula de Natureza de Moreda levaranos unhas catro horas (sen deterse para facer fotos) cunha dificultade alta. As zonas orientadas ao norte reciben escasa luz solar durante o inverno por iso cando o sol xa fixo o seu percorrido e non está,
 o frío é de consideración.

Ascendiendo para llegar a la cumbre más alta de O Courel,  un alto en el camino nos permite
 ver la inmensidad de la Devesa da Rogueira,la cumbre del Teso das Papoulas y la cima del Monte Formigueiros. Hacer la ruta de la Devesa da Rogueira desde el aula de Naturaleza
 de Moreda nos llevará unas cuatro horas (sin detenerse para hacer fotos) con una dificultad alta.
  Las zonas orientadas al norte reciben escasa luz solar durante el invierno por ello
 cuando el sol  ya ha hecho su recorrido y no está, el frío es de consideración.


Os cumios dos montes parecían pintados por un anxo. 
Era de mel aquil silencio
Ánxel Fole "A lus do candil"



1 dic 2017

Retrocedendo no tempo con Xan de Vilar


Chegar a Vilar é ser sempre ben recibido, Xan sempre ten tempo para charlar e amosar os encantos do pasado que son o presente. Esta é a súa " Lareira", como él a chama, un lugar que outrora era o lugar onde se reunía toda a familia. Alí comíase, xuntábanse os veciños e charlábase, facíase vida ao retornar dos traballos. 
Xan segue acendendo a súa lareira no inverno aínda que xa case non queden veciños en Vilar. Móstrame o utensilio co que se asan as castañas chamado " Cachela", un tambor metálico furado, que se pon sobre o lume e cunha varilla que o atravesa dáselle voltas para remover as castañas mentres se van asando.

 Llegar a Vilar es ser siempre bien recibido, Juan siempre tiene tiempo para charlar y mostrar los encantos del pasado que son el presente. Esta es su cocina como él la llama, un lugar que antaño era el lugar donde se reunía toda la familia.
 Allí se comía, se juntaban los vecinos y se charlaba, se hacía vida al retornar de los trabajos.
Juan sigue encendiendo su lareira en invierno aunque ya casi no queden vecinos en Vilar. Me muestra el utensilio con el que se asan las castañas llamado "Cachela", un tambor metálico agujereado, que se pone sobre el fuego y con una varilla que lo atraviesa se le da vueltas para remover las castañas mientras se van asando.


O chan da cociña ten piso de madeira e a lareira está no centro da habitación. A lareira está construída sobre unha capa de barro que aisla termicamente e sobre estes colocados pedazos de lousa en vertical, sobre ela acéndese o lume. As paredes son de pedra e o teito de madeira en forma de cuña usado seguramente como sequeiro para secar as castañas. Juan aproveita tamén para secar os produtos derivados da matanza e as uvas ata que quedan como as pasas..... dou fe que están moi boas.

El suelo de la estancia tiene piso de madera y la cocina está en el centro de la habitación. La cocina está construida sobre una capa de barro que aisla termicamente y sobre este colocados pedazos de pizarra en vertical, sobre ella se enciende la lumbre. Las paredes son de piedra y el techo de madera en forma de cuña usado seguramente como sequeiro para secar las castañas. Juan aprovecha también para secar los productos derivados de la matanza y las uvas hasta que se quedan como las pasas.....
 doy fe que están muy buenas.


Nas lareiras había un utensilio chamado "Trasfogueiro", é unha peza de ferro cunha barra horizontal e dúas verticais onde se apoiaban os troncos para arder. Outro utensilio indispensable é o "Burro", unha viga de madeira que vira sobre si mesma apoiada sobre outra viga vertical, este dispositivo vira sobre a lareira, ten unha cadea e un gancho de ferro colgados e servían para suxeitar o " Pote" sobre o lume ou tamén o tambor de asar as castañas.

En las cocinas  había un utensilio llamado "Morillo", es una pieza de hierro con una barra horizontal y dos verticales donde se apoyaban los troncos para arder. Otro utensilio indispensable es el "Burro",  una viga de madera que gira sobre si misma apoyada sobre otra viga vertical, este artilugio gira sobre la cocina, tiene una cadena y un gancho de hierro colgados y servían para sujetar el "Pote" sobre el fuego o también el tambor de asar las castañas.


Do alzadeiro aínda colgan tixolas totalmente artesanais feitas polo pai 
de Xan fai moitos moitos anos, a calidade é tan boa que aínda están en uso.

Del alzadero todavía cuelgan sartenes totalmente artesanales hechas por el padre
 de Juan hace muchos muchos años, la calidad es tan buena que todavía están en uso.


En todas as casas había arcas, chamadas " Artesas" en Galicia, nelas gardábanse 
os alimentos para preservalos, tamén se usaban para amasar o pan ou gardalo.

 En todas las casas había arcas, llamadas "Artesas" en Galicia, en ellas se guardaban
 los alimentos para preservarlos, también se usaban para amasar el pan o guardarlo.


Xan aínda segue utilizando estas antigas pezas de museo coma se o tempo non pasase. 
É unha autentica xoia que aínda se preserven espazos con tanto encanto como este lugar, un lugar no que tiven ocasión de revivir o pasado, estar preto do lume charlando e comendo como outrora. 
Xan moitas grazas como sempre pola túa hospitalidade. Apertas

 Juan todavía sigue utilizando estas antiguas piezas de museo como si el tiempo no hubiese pasado. Es una autentica joya que todavía se preserven espacios contanto encanto como este lugar, un lugar en el que tuve ocasión de revivir el pasado, estar cerca del fuego charlando y comiendo como antaño.
Juan muchas gracias como siempre por tu hospitalidad.
Un fuerte abrazo.


Ceabamos na cociña. Faguiamos unha gran fogueirada con gavelas de toxos,
rachós de carballo e cozas. No cano da cheminea, aulaba o vento coma un lobo. 
Coas ventaladas viñan grandes folepas. ¡Probe de quen andivese pola serra!
Anxel Fole "A lus do candil"

30 nov 2017

Devesa de Romeor un día de outono







29 nov 2017

Visuña os seus barrios e os sus detalles


Despois de alcanzar o Alto do Couto e co monte Formigueiros o pico máis alto do Courel á nosa dereita, a estrada comeza a descender entre montañas. Ante a imponencia das devanditas montañas hai que facer un alto no camiño para contemplar a beleza que nos rodea. 
Dende as alturas podemos ver a parroquia de Visuña nun precioso val rodeada por un souto de castiñeiros, prados, pequenos arroios e carreiros, pero antes de chegar a Visuña deixaríamos atrás o desvío para un dos barrios que forman a parroquia, Céramo. 
Outros barrios son Cima de Vila ou Reibarba.

Después de alcanzar el Alto do Couto y con el monte Formigueiros el pico más alto del Courel a nuestra derecha, la carretera comienza a descender entre montañas. Ante la imponencia de dichas montañas hay que hacer un alto en el camino para contemplar la belleza que nos rodea.
Desde las alturas podemos ver la parroquia de Visuña en un precioso valle rodeada por un souto de castaños, prados, pequeños arroyos y senderos, pero antes de llegar a Visuña habremos dejado atrás el desvío para uno de los barrios que forman la parroquia, Céramo.
Otros barrios son Cima de Vila o Reibarba.











Os regatos son frecuentes á beira das casas en Visuña.

 Los riachuelos son frecuentes al lado de las casas en Visuña.



En Visuña aproveitaron unha formación rochosa e partindo
 dela construíron vivendas, algo que pode verse tamén en Vilamor ou Meiraos

En Visuña han aprovechado una formación rocosa y partiendo
 de ella han construido viviendas, algo que puede verse también en Vilamor o Meiraos



Igrexa de Sta Eufemia de Visuña




Detalles sobre a construcción dun tellado de pizarra.

Detalles sobre la construcción de un tejado de pizarra.



É frecuente ver as portas con adornos tallados.

Es frecuente ver las puertas con adornos tallados.


Detalle dun corredor nunha vivenda, intercalando pizarra e madeira tallada.

 Detalle de un corredor en una vivienda, intercalando pizarra y madera tallada.


Non podo dicir máis que este oco na parede chamado " Bogadeiro" 
era utilizado para poñer a roupa en remollo nun barreño con auga e cinza. 
(pendente de ampliar máis información)

No puedo decir más que este hueco en la pared llamado "Bogadeiro"
 era utilizado para poner la ropa a remojo en un barreño con agua y ceniza.
(pendiente de ampliar más información) 


Como non podía faltar ....o " Caldeiro de bidón" unha pota enorme 
de ferro usada para cocer a comida aos porcos. 
Poñíase sobre o lume suxeito coa " Gramalleira" esta 
á súa vez estaba suxeita ao "Burro"

Como no podía faltar ....el "Cubo de bidón" una olla enorme
 de hierro usada para cocer la comida a los cerdos. 
 Se ponía sobre el fuego sujeto con la "Gramalleira" esta
 a su vez estaba sujeta al "Burro"


Vello muíño no que aínda poden apreciarse restos de fariña.

Viejo molino en el que todavía pueden apreciarse restos de harina.