Mostrando entradas con la etiqueta Mobiliario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mobiliario. Mostrar todas las entradas

1 dic 2017

Retrocedendo no tempo con Xan de Vilar


Chegar a Vilar é ser sempre ben recibido, Xan sempre ten tempo para charlar e amosar os encantos do pasado que son o presente. Esta é a súa " Lareira", como él a chama, un lugar que outrora era o lugar onde se reunía toda a familia. Alí comíase, xuntábanse os veciños e charlábase, facíase vida ao retornar dos traballos. 
Xan segue acendendo a súa lareira no inverno aínda que xa case non queden veciños en Vilar. Móstrame o utensilio co que se asan as castañas chamado " Cachela", un tambor metálico furado, que se pon sobre o lume e cunha varilla que o atravesa dáselle voltas para remover as castañas mentres se van asando.

 Llegar a Vilar es ser siempre bien recibido, Juan siempre tiene tiempo para charlar y mostrar los encantos del pasado que son el presente. Esta es su cocina como él la llama, un lugar que antaño era el lugar donde se reunía toda la familia.
 Allí se comía, se juntaban los vecinos y se charlaba, se hacía vida al retornar de los trabajos.
Juan sigue encendiendo su lareira en invierno aunque ya casi no queden vecinos en Vilar. Me muestra el utensilio con el que se asan las castañas llamado "Cachela", un tambor metálico agujereado, que se pone sobre el fuego y con una varilla que lo atraviesa se le da vueltas para remover las castañas mientras se van asando.


O chan da cociña ten piso de madeira e a lareira está no centro da habitación. A lareira está construída sobre unha capa de barro que aisla termicamente e sobre estes colocados pedazos de lousa en vertical, sobre ela acéndese o lume. As paredes son de pedra e o teito de madeira en forma de cuña usado seguramente como sequeiro para secar as castañas. Juan aproveita tamén para secar os produtos derivados da matanza e as uvas ata que quedan como as pasas..... dou fe que están moi boas.

El suelo de la estancia tiene piso de madera y la cocina está en el centro de la habitación. La cocina está construida sobre una capa de barro que aisla termicamente y sobre este colocados pedazos de pizarra en vertical, sobre ella se enciende la lumbre. Las paredes son de piedra y el techo de madera en forma de cuña usado seguramente como sequeiro para secar las castañas. Juan aprovecha también para secar los productos derivados de la matanza y las uvas hasta que se quedan como las pasas.....
 doy fe que están muy buenas.


Nas lareiras había un utensilio chamado "Trasfogueiro", é unha peza de ferro cunha barra horizontal e dúas verticais onde se apoiaban os troncos para arder. Outro utensilio indispensable é o "Burro", unha viga de madeira que vira sobre si mesma apoiada sobre outra viga vertical, este dispositivo vira sobre a lareira, ten unha cadea e un gancho de ferro colgados e servían para suxeitar o " Pote" sobre o lume ou tamén o tambor de asar as castañas.

En las cocinas  había un utensilio llamado "Morillo", es una pieza de hierro con una barra horizontal y dos verticales donde se apoyaban los troncos para arder. Otro utensilio indispensable es el "Burro",  una viga de madera que gira sobre si misma apoyada sobre otra viga vertical, este artilugio gira sobre la cocina, tiene una cadena y un gancho de hierro colgados y servían para sujetar el "Pote" sobre el fuego o también el tambor de asar las castañas.


Do alzadeiro aínda colgan tixolas totalmente artesanais feitas polo pai 
de Xan fai moitos moitos anos, a calidade é tan boa que aínda están en uso.

Del alzadero todavía cuelgan sartenes totalmente artesanales hechas por el padre
 de Juan hace muchos muchos años, la calidad es tan buena que todavía están en uso.


En todas as casas había arcas, chamadas " Artesas" en Galicia, nelas gardábanse 
os alimentos para preservalos, tamén se usaban para amasar o pan ou gardalo.

 En todas las casas había arcas, llamadas "Artesas" en Galicia, en ellas se guardaban
 los alimentos para preservarlos, también se usaban para amasar el pan o guardarlo.


Xan aínda segue utilizando estas antigas pezas de museo coma se o tempo non pasase. 
É unha autentica xoia que aínda se preserven espazos con tanto encanto como este lugar, un lugar no que tiven ocasión de revivir o pasado, estar preto do lume charlando e comendo como outrora. 
Xan moitas grazas como sempre pola túa hospitalidade. Apertas

 Juan todavía sigue utilizando estas antiguas piezas de museo como si el tiempo no hubiese pasado. Es una autentica joya que todavía se preserven espacios contanto encanto como este lugar, un lugar en el que tuve ocasión de revivir el pasado, estar cerca del fuego charlando y comiendo como antaño.
Juan muchas gracias como siempre por tu hospitalidad.
Un fuerte abrazo.


Ceabamos na cociña. Faguiamos unha gran fogueirada con gavelas de toxos,
rachós de carballo e cozas. No cano da cheminea, aulaba o vento coma un lobo. 
Coas ventaladas viñan grandes folepas. ¡Probe de quen andivese pola serra!
Anxel Fole "A lus do candil"

13 sept 2017

Bos días como está vostede!!....Vostede siga ben


Bos días como está vostede..... Vostede siga ben. 
Eran as palabras que se adoitaban dicir ao entrar e ao saír da escola para saudar 
ao profesor, á vez que cando viña alguén como o cura, o pai ou nai 
dalgún alumno. Cando se estaba na clase e chegaba algunha persoa todos os alumnos debían levantarse e permanecer de pé ata que o profesor indicaba sentarse.

Buenos días como está usted..... Usted siga bien.
Eran las palabras que se solían decir al entrar y al salir de la escuela para saludar
 al profesor, a la vez que cuando venía alguien como el cura, el  padre o madre
 de algún alumno. Cuando se estaba en clase y llegaba alguna persona todos los
 alumnos debían levantarse y permanecer de pie hasta que el profesor indicaba sentarse.


Esta é a escola de Froxán, moitos lembrarán o seu paso por ela,
 na que aprenderon as súas primeiras letras e números.

Esta es la escuela de Froxán, muchos recordarán su paso por ella,
 en la que aprendieron sus primeras letras y números. 


En cada aldea había unha escola, cada unha tiña o seu profesor/a que vivía na parte alta da mesma. 
As escolas tiñan os seus pupitres de madeira nos que os alumnos sentaban por 
parellas, dispoñían dun oco para o tinteiro e a pluma e onde se apoiaba a lousa para escribir, 
unha tapa con bisagras para gardar a carteira de coiro os nenos ou o cabá as nenas.

En cada aldea había una escuela, cada una tenía su profesor/a que vivía en la parte alta de la misma. Las escuelas tenían sus pupitres de madera en los que los alumnos se sentaban por
 parejas, disponían de un hueco para el tintero y la pluma y donde se apoyaba la pizarra para escribir,
 una tapa con bisagras para guardar la cartera de cuero los niños o el cabá las niñas. 


Nas paredes colgaba un mapa de España coas provincias e principais cidades así como os ríos e cordilleiras. Tampouco faltaba o retrato de Franco e Primo de Rivera, 
no medio de ambos un crucifixo. Este é o orixinal desta escola aínda 
que non se atopa nela, está ben gardado nunha aldea veciña.

En las paredes colgaba un mapa de España con las provincias y principales ciudades
 así como los ríos y cordilleras. Tampoco faltaba el retrato de Franco y Primo de Rivera,
 en medio de ambos un crucifijo. Este es el original de esta escuela aunque
 no se encuentra en ella, está a buen recaudo en una aldea vecina.


Un veciño de Froxán contoume hai tempo que a escola tiña unha lareira para facer lume no inverno e quentar a estancia e que cando restauraron a escola quedou soterrada. Queimáronse cousas que seguramente non parecían importantes por aquel entón, hoxe esas cousas e estes pupitres farían desta antiga escola un lugar no que a xente que pasase por Froxán poidese ver como era unha antiga escola na Serra do Courel.

Un vecino de Froxán me contó hace tiempo que la escuela tenía una cocina para hacer fuego en invierno y calentar la estancia y que cuando restauraron la escuela quedó enterrada. Se quemaron cosas que seguramente no parecían importantes por aquel entonces, hoy esas cosas y estos pupitres harían de esta antigua escuela un lugar en el la gente que pasase por Froxán pudiese ver como era una antigua escuela en la Sierra del Courel.


Estes antigos libros que conservo con moito agarimo foron da miña familia 
e aínda que non teñen nada que ver con esta escola quixen achegalos 
porque seguramente iguais a estes estudáronse neste lugar.

Estos antiguos libros que conservo con mucho cariño fueron de mi familia
 y aunque no tienen nada que ver con esta escuela he querido aportarlos
 porque seguramente iguales a estos se estudiaron en este lugar.


Tiven a gran sorte de entrar dentro desta escola fai cinco anos e ver 
os pupitres colocados como supoño estaban antigamente. Hai case un ano 
vinos a través dunha xanela amontoados na entrada da escola .

Tuve la gran suerte de entrar dentro de esta escuela hace cinco años y ver
 los pupitres colocados como supongo lo estaban antiguamente. Hace casi un año
 los vi a través de una ventana apilados en la entrada de la escuela .


Dende aquí quixera facer un chamamento á Asociación Cultural Fonte do Milagro de Froxán e ao concello de Folgoso do Courel por se estivese na súa man o poder aproveitar estes recursos para o ben de todos. Grazas.
Desde aquí quisiera hacer un llamamiento a la Asociación Cultural Fonte do Milagro de Froxán y al ayuntamiento de Folgoso do Courel por si estuviese en su mano el poder aprovechar
 estos recursos para el bien de todos. 
Gracias.

21 mar 2017

Silencio de inverno


Nevou, os cumes cubríronse de branco, o frío é inmenso e o silencio envólveo todo. Vexo Esperante desde a estrada en dirección Seoane - Alto do Couto, o souto otoñal abrázao coas súas cores e detéñome para ver as súas casas que parecen estar colgadas da montaña.

Ha nevado, las cumbres se han cubierto de blanco, el frío es inmenso y el silencio lo envuelve todo.
Veo Esperante desde la carretera en dirección Seoane - Alto del Couto, el bosque otoñal lo abraza con sus colores y me detengo para ver sus casas que parecen estar colgadas de la montaña.




O ascenso comeza zigzagueando, fago un alto para coñecer esta aldea.
O primeiro que me atopo é unha curiosa fonte que á vez é lavadoiro.

El ascenso comienza zigzagueando, hago un alto para conocer esta aldea.
 Lo primero que me encuentro es una curiosa fuente que a la vez es lavadero.


Non é un lugar onde viva moita xente, a pesar de que algunhas casas están 
sendo restauradas moitas outras mostran sinais de abandono.

No es un lugar donde viva mucha gente, a pesar de que algunas casas están 
siendo restauradas muchas otras muestran señales de abandono.







Aínda quedan vestixios dos útiles feitos co ferro destas montañas.

Todavía quedan vestigios de los útiles hechos con el hierro de estas montañas.


Uns 700 mts máis abaixo discurre o río Lor encaixado entre rochas.

Unos 700 metros más abajo discurre el río Lor encajonado entre rocas.



13 feb 2017

Museo etnográfico de Vilar


Ano 2007, visito por primeira vez a aldea de Vilar pertencente 
á parroquia de Vilamor. Nada máis chegar e para a miña sorpresa atópome
 cun pequeno museo etnográfico creado polo único veciño 
que habita naquel momento a aldea.

Año 2007, visito por primera vez la aldea de Vilar perteneciente
 a la parroquia de Vilamor. Nada más llegar y para mi sorpresa me
 encuentro con un pequeño museo etnográfico creado por el único vecino
 que habita en aquel momento la aldea.


O museo reune gran variedade de útiles e ferramentas que formaban parte 
da vida cotiá das aldeas da serra de O Courel.

El museo reune gran variedad de útiles y herramientas que formaban parte
 de la vida cotidiana de las aldeas de la sierra de O Courel.


O protagonista desta historia chámase Xan Sánchez Rodríguez popularmente
 coñecido como Xan de Vilar ou Xan do ferreiro. Xan rehabilitou recentemente
 o museo onde atesoura infinidade de interesantes pezas hoxe xa en desuso, 
como a pequena ferrada que sostén feita por él mesmo.

El protagonista de esta historia se llama Juan Sánchez Rodríguez popularmente 
conocido como Juan de Vilar o Xan do ferreiro. Juan ha rehabilitado recientemente 
el museo donde atesora infinidad de interesantes piezas hoy ya en desuso, 
como la pequeña ferrada que sostiene hecha por él mismo.


Tampouco falta un pequeno carro tradicional. 
No século pasado os veciños tiñan que pagar un 
imposto pola circulación dos carros que tirados por vacas, 
servían para transportar as segas, herba seca e todo tipo de cousas.

Tampoco falta un pequeño carro tradicional.
En el siglo pasado los vecinos tenían que pagar un
 impuesto por la circulación de los carros que tirados por vacas,
servían para transportar las siegas, hierba seca y todo tipo de cosas.


Quen non lembra as zocas de madeira ou botas? 
As primeiras feitas integramente de madeira e as segundas 
con sola de madeira e a parte superior de coiro.

Quien no recuerda las zuecas de madera o botas?
Las primeras hechas íntegramente de madera y las segundas
 con suela de madera y la parte superior de cuero. 


Era habitual utilizar a modo de lámpadas pequenas pólas de
 breixo, uz lle chaman no Courel, as cales despois de acendelas 
suxeitábanse entre as pedras da parede, iluminaban 
ben e o seu consumo era lento.

Era habitual utilizar a modo de lámparas pequeñas ramas de
brezo, uz la llaman en Caurel, las cuales después de encenderlas
se sujetaban entre las piedras de la pared, iluminaban
 bien y su consumo era lento.


Útiles para a elaboración do liño como materia prima.

Útiles para la elaboración del lino como materia prima.


Espadela e canilleira para liño.

Espada y canillera para lino.


Canilleira pequena, canilleira grande, espadelas, ripo, restrelo, 
sarillo e devanadora son ferramentas que se usaban para o procesado do liño.

Canillera pequeña, canillera grande, espadas, ripo, restrelo,
sarillo y devanadora son herramientas que se usaban para el procesado
del lino.


A campá, feita de barro ten forma de cunca invertida 
cun asa na parte superior. 
Utilizábase para facer tortas de pan sobre a cociña quente, 
esta concentraba a calor facendo función de forno.

La campana, hecha de barro tiene forma de cuenco invertido
 con un asa en la parte superior.
Se utilizaba para hacer tortas de pan sobre la cocina caliente, 
esta concentraba el calor haciendo función de horno.


Serras de aire e outras.

Sierras de aire y otras



Ferraduras para diferentes animais.

Herraduras para diferentes animales.


Sulfatadoras e asadeiras para castañas colgan do teito do museo.

Sulfatadoras y asaderas para castañas cuelgan del techo del museo.


Arado amosado no exterior do museo.

Arado expuesto en el exterior.



Nas paredes de tan interesante lugar e con boa orde colgan 
gran variedade de xugos e alforxas. Na planta da sala podemos 
observar outros dispositivos relacionados coa elaboración da la, 
canadas para a auga, potes e un medidor de estatura feito en madeira.

En las paredes de tan interesante lugar y con buen orden cuelgan
 gran variedad de yugos y alforjas. En la planta de la sala podemos 
observar otros artilugios relacionados con la elaboración de la lana,
 cántaros para el agua, potes y un medidor de estatura hecho en madera.


Un escano é un banco de madeira que antigamente adoitaba estar nas cociñas
 á beira das lareiras . Tiña a función de banco e mesa á vez cunha táboa 
frontal que se abatía cando non se usaba para comer. Este foi feito
 por Luís de Vidallón exclusivamente para o museo de Vilar. 
Grazas Xan pola túa hospitalidade e bo recibimento sempre. 

Un escano es un banco de madera que antiguamente solía estar en las cocinas
 al lado de las lareiras (lugar destinado a hacer el fuego en las casas)
 Tenía la función de banco y mesa a la vez con una tabla frontal que se abatía 
cuando no se usaba para comer. Este fue realizado por Luis de
 Vidallón exclusivamente para el museo de Vilar.
Gracias Juan por tu hospitalidad y buen recibimiento siempre.


12 feb 2017

Casa Valín


En Seoane atópase esta pequena, acolledora e restaurada casa de turismo rural. 
Chámase Casa Valín, ten típica arquitectura do Courel, cun precioso corredor 
de madeira desde o que poden disfrutarse unhas fermosas vistas á montaña. 
Na planta baixa ten un dormitorio e na planta alta cociña baño e salón. 
A casa ten un oco na parte baixa pola que seguramente noutros tempos pasarían carros e gando.

En Seoane se encuentra esta pequeña, acogedora y restaurada casa de turismo rural.
Se llama Casa Valín, tiene típica arquitectura del Caurel, con un precioso corredor
de madera desde el que pueden disfrutarse unas hermosas vistas a la montaña.
En la planta baja tiene un dormitorio y en la planta alta cocina baño y salón.
La casa tiene un hueco en la parte baja por la que seguramente en otros tiempos
 pasarían carros y ganado.