29 dic 2015

Cando o frío fai acto de presenza


21 dic 2015

Reciclaxe


 Foron usadas nun carro e despois de dar moitas voltas reutilizadas como banco.

Fueron usadas en un carro y después de dar muchas vueltas reutilizadas como banco.

18 dic 2015

Cruces e sombras


Igrexa de Seoane do Courel





17 dic 2015

Ruta de senderismo O pozo das Mulas - Pozo do Pontón - Pozo das Arandainas


Moi preto do pobo de Ferreirós de Abaixo transcorre o río máis importante do Courel o río Lor.
Á súa beira escóndese unha interesante ruta de sendeirismo.

Muy cerca del pueblo de Ferreirós de Abajo transcurre el río más importantede O Courel el río Lor.
 A su vera se esconde una interesante ruta de senderismo.


Despois de atravesar a ponte sobre o río Lor en dirección Seoane-Folgoso, no quilómetro 29 da estrada LU-651 atoparémonos o sinal de inicio da ruta marcada nunha enorme pedra. 
Alí pódense deixar os coches.

Después de atravesar el puente sobre el río Lor en dirección Seoane-Folgoso, en el 
kilómetro 29 de la carretera LU-651 nos encontraremos la señal de inicio de la ruta 
marcada en una enorme piedra. Allí se pueden dejar los coches.


A ruta foi acondicionada polos veciños do pobo a quen se lles agradece a súa dedicación para que sendeiristas poidan disfrutar o seu paso. Conta cunha baixada a modo de escaleira feita de lousa e tamén unha ponte de madeira para facilitar o paso alén do río Penaboa.

La ruta ha sido acondicionada por los vecinos del pueblo a quienes se les agradece su dedicación para que senderistas disfruten su paso.  Cuenta con una bajada a modo de escalera hecha de pizarra y también un puente de madera para facilitar el paso al otro lado del río Penaboa.


O tramo acondicionado é un antigo camiño que unía Seoane e Folgoso, 
o cal permitía acurtar o camiño principal aos veciños de ambos os pobos.

El tramo acondicionado es un antiguo camino que unía Seoane y Folgoso,
 el cual permitía acortar el camino principal a los vecinos de ambos pueblos.


Despois de camiñar un pouco entre un souto de carballos chegamos ao Pozo das Mulas.

Después de caminar un rato entre un soto de robles llegamos al Pozo das Mulas.



Enormes moles de pedra poden verse no Pozo das Mulas.

Enormes moles de piedra pueden verse en el Pozo das Mulas.


Troncos e pedras cubertos de brións propio dunha zona de gran humidade....

Troncos y piedras cubiertos de musgos propio de una zona de gran humedad....



Deixando atrás a dama da longa melena continuamos
 ruta cara a o Pozo do Pontón.

Dejando atrás la dama de la larga melena continuamos
 ruta hacia el Pozo del Pontón.



E ata aquí deu de si esta ruta, unha tormenta de vento
 e choiva impediu a continuidade da mesma.

Y hasta aquí ha dado de si esta ruta, una tormenta de viento
 y lluvia ha impedido la continuidad de la misma.


A ruta en si é moito máis bonita vela que fotografala. 
Espero poder repetila e facela completa con mellor tempo.

La ruta en si es mucho más bonita verla que fotografiarla.
Espero poder repetirla y hacerla completa con mejor tiempo.


15 dic 2015

Canastras en Meiraos


13 dic 2015

XVII Festa da Pisa da Castaña en Froxán


Amence un frío e soleado día en Froxán para disfrutar dunha arte e unha tradición que vén de antigo, da riqueza dun lugar ..."A festa da Pisa" Cada ano no mes de decembro a "Asociación Fonte do Milagro" organiza con moito esmero esta festa para lembrar como se elabora a castaña seca.

Amanece un frío y soleado día en Froxán para disfrutar de un arte y
 una tradición que viene de antiguo, de la riqueza de un lugar ..."La fiesta de la pisa"
Cada año en el mes de diciembre la "Asociación Fonte do Milagro" organiza con mucho esmero
esta fiesta para recordar como se elabora la castaña seca.


O sequeiro acéndese na súa planta baixa o día da festa para que os visitantes poidan comprobar como se realiza o proceso de secado da castaña.

El sequeiro se enciende en su planta baja el día de la fiesta para que los visitantes puedan comprobar como se realiza el proceso de secado de la castaña.


Diante do mesmo "O Cepo" un tronco de madeira forrado de pel agarda a que os "Pisadores" golpeen contra él as castañas.

Delante del mismo "El Cepo" un tronco de madera forrado de piel aguarda a que los "Pisadores" golpeen contra él las castañas.

 

As canastras, fermosas pezas de artesanía tamén están preparadas para recibir o produto resultante de bater as castañas contra o Cepo.

Los canastos hermosas piezas de artesanía también están preparados para recibir  el producto resultante de batir las castañas contra el Cepo.


O piso superior do sequeiro está cheo de castañas xa secas, ás que se lles sacou xa a humidade. O proceso de secado dura uns 20 días expoñéndoas á calor do lume. A conta atrás comezou.

El piso superior del sequeiro está lleno de castañas ya secas, a las que se les ha sacado ya la humedad.
El proceso de secado dura unos 20 días exponiéndolas al calor del fuego.La cuenta atrás ha comenzado. 


Mentres tanto moitos artesáns colocan os seus postos con produtos para ser ofrecidos ao visitante. Castañas en conserva, torta de castaña, zumes de froitos silvestres, mel, marmeladas, produtos cárnicos, noces, licores .....

Mientras tanto muchos artesanos colocan sus puestos con productos para ser ofrecidos al visitante.
Castañas en conserva tarta de castaña, zumos de frutos silvestres, miel, mermeladas, productos cárnicos, nueces, licores .....



Artesáns da madeira, coiro, cestería, calzado....

Artesanos de la madera, cuero, cestería, calzado...


Estamos no Courel os cans son protagonistas.

Estamos en O Courel los perros son protagonistas.


Ataviados coas súas típicas camisas de franela a cadros e os seus panos de catro nós na cabeza, os pisadores da castaña dan comezo.

Ataviados con sus típicas camisas de franela a cuadros y sus pañuelos de cuatro nudos en la cabeza, el pisado de la castaña da comienzo.


A multitude apíñase ao redor para ver como é o proceso.

La multitud se agolpa alrededor para ver como es el proceso. 


Este ano tiveron como pregoeiro da festa a Xosé Antonio Touriñán coñecido humorista da TVG

Este año han tenido como pregonero de la fiesta a José Antonio Touriñán conocido humorista de la TVG

Nada máis chegar xa era un máis.

Nada más llegar ya era uno más.


O coiro cóbreno con viño.

El cuero lo cubren con vino.



Descascadas as castañas Touriñán fixo pasar bos e simpáticos momentos á multitudinaria asistencia.

Descascadas las castañas Touriñán hizo pasar buenos y simpático momentos a la multitudinaria asistencia.





As castañas están no seu punto para acompañar ao "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chourizo e touciño entrefebrado.

Las castañas están en su punto para acompañar al "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chorizo y panceta.

A festa continúa con boa música.

La fiesta continúa con buena música.


Agradecemento á Asociación Fonte do Milagro e a todas as persoas que fixeron posible un ano máis "A festa de pisa"

Agradecimiento a la Asociación Fonte do Milagro y a todas las personas que han hecho posible un año más "La fiesta de la pisa"


10 dic 2015

Ruta Ferreirós de abaixo - Ferreirós de arriba



A Ruta Ferreirós de abaixo - Ferreirós de arriba ten o seu inicio á beira da casa de comidas O Pontón, seguindo unha pista ascendente pola marxe esquerda do rego de Penaboa.

La Ruta Ferreirós de abajo - Ferreirós de arriba tiene su inicio al lado del bar O Pontón, siguiendo una pista ascendente por la margen izquierda del río Penaboa. 


A pista inicia o seu ascenso e pronto comezaremos a ver o río con outra perspectiva.

La pista inicia su ascenso y pronto comenzaremos a ver el río con otra perspectiva.


O traxecto discorre entre bosques de castiñeiros, loureiros, carballos etc

El trayecto discurre entre bosques de castaños, laureles, robles etc


A medida que imos ascendendo se miramos atrás teremos unhas bonitas vistas do Castro da Torre e as montañas que o rodean.

A medida que vamos ascendiendo si miramos atrás tendremos unas bonitas vistas del Castro da Torre y las montañas que lo rodean.


Estas poucas casas e dúas ou tres máis conforman o pobo de Ferreirós de abaixo.

Estas pocas casas y dos o tres más conforman el pueblo de Ferreirós de abajo.


Os castiñeiros sorprenden coas súas formas retortas.

Los castaños sorprenden con sus formas retorcidas.

A ruta vai transcorrendo entre montañas, bosques e prados...

La ruta va transcurriendo entre montañas, bosques y prados....


ata que divisamos a aldea de Ferreirós de Arriba rodeada dun fermoso souto de castiñeiros.

hasta que divisamos la aldea Ferreirós de Arriba rodeada de un hermoso soto de castaños.


Pasada a aldea atopámonos con esta pequena fervenza formada polo rego Penaboa,e a planta eléctrica que abastecía de luz aos veciños da aldea cando se achegaba a noite.

Pasado la aldea nos encontramos con esta pequeña cascada formada por el río Penaboa y la planta eléctrica que abastecía de luz a los vecinos de la aldea cuando se acercaba la noche.


Pódese regresar sobre os nosos pasos a pé ou facer a ruta circular a pé por estrada, esta última levaranos máis tempo.

Se puede regresar sobre nuestros pasos a pie o hacer la ruta circular a pie por carretera,esta última nos llevará más tiempo.