23 jun 2011

Sustento

22 jun 2011

Complemento nutricional

"Aínda que hai tanta ovella, non se fai eiquí queixo de habenza.
A carne de año ou a de cabrito tan soio se proban nas festas,
coa tarxa ou torta de pantrigo, o roscón de ovo i o arroz con leite."
Texto: Á lus do candil-Anxel Fole
Afortunadamente os tempos cambiaron, segue
habendo moitas ovellas e cabras, e non fai falla esperar ás festas
para degustar a carne de cordeiro o cabrito.

Afortunadamente los tiempos han cambiado, sigue
 habiendo muchas ovejas y cabras, y no es preciso aguardar
 a las fiestas para degustar la carne de cordero o cabrito.



20 jun 2011

Vida fóra do galiñeiro


No Courel atoparse estes pequenos animais en liberdade picoteando aquí e alá, é do máis normal. Proba diso son os manxares que proporcionan aos que alí viven e aos que por alí pasan e detéñense para saciar o apetito.

En Courel encontrarse estos pequeños animales en libertad picoteando aquí y allá es de lo más normal.
Prueba de ello son los manjares que proporcionan a los que allí viven y a los que por
allí pasan y se detienen para saciar el apetito.

15 jun 2011

Taro branco cuberto de frores


Na primavera durante o mes de maio algunhas zonas de montaña cóbrense 
con extensas matas de Genista florida, comunmente coñecida como xesta. Esta concretamente localizada no Taro Branco a 1228 metros de altura.

En primavera durante el mes de mayo algunas zonas de montaña se cubren
   con extensas matas de Genista florida, comunmente conocida como retama. Esta concretamente localizada en el Taro Branco a 1228 metros de altura.


  



Trifolium aureum


Trifolium aureum, planta da familia do trevo.
Localización: Taro branco


Un manto de opulenta vexetación


É primavera, e onde queira que vaias as frores están por todas partes.
Geranium sanguineun L
Localización: Alto do Couto

Es primavera, y donde quiera que vayas las flores están por todas partes.
Geranium sanguineun L
Localización: Alto del Couto

Ceo e Terra



O sol era cegador, nese momento dinme a volta e vin estas nubes. 
Prometéralle a " fris" compañeiro de fotografía facer unha foto no Courel 
e o prometido é débeda, espero que che guste. 
A localización deste lugar é chegando ao Alto do Couto, Teso dá Labradiña 1.241 mts


El sol era cegador, en ese momento me dí la vuelta y vi estas nubes.
Le había prometido a "fris" compañero de fotografía hacer una foto en Caurel
y lo prometido es deuda, espero que te guste.
La ubicación de este lugar es llegando al Alto del Couto, Teso da Labradiña 1.241mts

9 jun 2011

Pasadizo entre casas


En varias aldeas do Courel poden verse estes pasadizos entre algunhas das súas casas. 
Chámanse paneras e a súa función non era outra que a de preservar os cereais e produtos que precisasen unha boa conservación. Algunhas como esta teñen as súas paredes de madeira, outras de finas táboas as cales contiñan na súa interior palla, por fóra están recubertas de argamasa. 
Son os hórreos do Courel.

En varias aldeas de Caurel pueden verse estos pasadizos entre algunas de sus casas.
Se llaman paneras y su función no era otra que la de preservar los cereales y productos que precisasen una buena conservación. Algunas como esta tienen sus paredes de madera, otras de finas tablas las cuales contenían en su interior paja, por fuera están recubiertas de argamasa.
Son los hórreos del Courel.

3 jun 2011

Fervenza de Rexíu


Pasando a aldea de Valdomir en dirección a Vilamor hai unha fermosa fervenza cuxo nome é Fervenza de Rexíu. Esta fervenza é especialmente atractiva non só pola cor avermellada das paredes polas que discorre a auga ou as augas estancadas que resaltan aínda máis, se non porque se atopa ao fondo de un precioso húmido e umbrío souto de carballos e alisos. A cor avermellada que atrae enormemente a atención é froito da abundancia de mineral de ferro que hai na zona. Mesas e bancos de madeira incitan a quedar e gozar un intre.... ben o merece.

Pasando la aldea de Valdomir en dirección a Vilamor hay una hermosa cascada
cuyo nombre es Fervenza de Rexíu.
Esta cascada es especialmente atractiva no solo por el color rojizo de las paredes por las que discurre el agua o las aguas estancadas que resaltan todavía más, si no porque se encuentra al fondo de
 un precioso húmedo y umbrío bosque de robles y alisos.
El color rojizo que atrae enormemente la atención es fruto de la abundancia de mineral de hierro que hay en la zona. Mesas y bancos de madera incitan a quedarse y disfrutar un rato.... bien lo merece.