19 jul 2022

Arde o Courel e ardo con il


Courel do meu corazón, ardo por dentro de rabia, tristura e impotenza polo que che acontece a tí e ás xentes que en ti habitan.
Courel que tantas alegrías me levas dado, tantos bos momentos coas xentes que alí viven en armonía coa natureza e tan ben nos teñen acollido sempre a min e aos meus amig@s, inesquecibles as vivenzas.
A Xan de Vilar o teño moi presente.....a miña tristura é infinita, pois din que é o máis perxudicado.......a casa na que amablemente nos acolleu parece que xa non está, o museo que con tanto agarimo fixo tampouco, a ferrería do seu pai que con tanto empeño organizou..... somentes quedan intres que permanecerán na miña memoria.
Ao seu veciño tampouco o esquezo, tantas veces que falamos e tan ben nos sentimos coas súas conversas.
Vilar, aquel Vilar das miñas primeiras viaxes ao Courel, xa nada será o mesmo nin en Vilar nin nos arredores, que tristura máis grande, fáltanme as palabras para expresar os meus sentimentos nestes intres....
Estimadas xentes do Courel recibide unha aperta grande tod@s co meu máis sinceiro agarimo.