15 abr 2019

Montañas do Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco.


Montañas do Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco.
Os concellos que o conforman -Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil- recibiron onte a confirmación oficial tras meses loitando por conseguir un recoñecemento que pretende poñer en valor e rentabilizar os extraordinarios recursos xeolóxicos e mineiros desta comarca do sur de Lugo, na que destacados xeólogos sitúan a orixe de Galicia. 

A decisión foi tomada pola executiva da Unesco durante unha reunión celebrada en París. 
Trátase do primeiro xeoparque do noroeste de España. 
A proposta coa que os tres municipios da montaña lucense buscou a categoría de xeoparque mundial identifica case un centenar lugares de interese -97 exactamente- que contribúen a explicar contextos tectónicos de relevancia internacional. 
Entre estes destacan catro fenómenos: o orógeno Varisco Ibérico, as sucesións estratigráficas do Paleozoico inferior e medio; a rede fluvial, rañas e relevos apalachianos do macizo ibérico e os sistemas kársticos en carbonitas e evaporitas da Península Ibérica e Baleares. 

No primeiro caso atópanse o pliegue do Courel e os parasitos antiforma en Vilachá, fallas tardivariscas e metamorfismo con andalucita, entre outros. 
No segundo grupo destaca o anticlinario seo arnadelo e monoclinal de Seoane-Oencia, o sinclinal de Courel ou vestixios fósiles. 
As fervenzas, vales e encaixoados encádranse no terceiro grupo, mentres que as covas, simas, exokarst e xacementos paleontolóxicos forman parte do cuarto apartado. 
Entre os fenómenos do mundo xeolóxico de relevancia nacional sobresaen o glaciarismo, as concas cenozoicas con mineralizacións de ouro e as mineralizacións de ferro, chumbo- cinc, antimonio e ouro nativo. 
As terras que conforman o xeoparque son algo así como o centro orixinal de Galicia. 
O prestixioso xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, colaborador no proxecto de Montañas do Courel, nas súas leccións didácticas sobre tectónica galaica sempre recomenda visitar o pliegue do Courel por ser un exemplo do que emerxeu das augas no gran choque continental de fai 350 millóns de anos e que deu lugar ao nacemento de Galicia, cando o resto de España aínda estaba baixo o mar. 
O proxecto de Montañas do Courel naceu xa no 2009 cun proxecto Leader de cooperación interterritorial.




9 abr 2019

As árbores comezan a cambiar o seu vestido


Un día de primavera preto de Ferramulín de onde partín para facer unha 
pequena ruta seguindo o curso do río Visuña dirección Hórreos .
As árbores comezan a cambiar o seu vestido.

Un día de primavera cerca de Ferramulín de donde partí para hacer una
 pequeña ruta siguiendo el curso del río Visuña dirección Hórreos .
Los árboles comienzan a cambiar su vestido.

7 abr 2019

A arte de conducir baixo a choiva


A arte de conducir baixo a choiva é o título dun recomendado libro que me gustaría
ler en Vilamor un deses días nos que o tempo pasa amodiño.... sentarse nun banco ao sol,
mentras este compañeiro da foto e outros pasan unha e outra vez a carón dun.
Sinopse
En Mongolia, cando un can morre é enterrado no alto da montaña para que ninguén poida pisar a súa tumba. O dono do can rumoréalle ao oído que desexa que se reencarne, na súa próxima vida, nun home. Ata entón, a alma do can é libre de vagar pola terra e as súas paisaxes, durante o tempo que queira.....

El arte de conducir bajo la lluvia es el título de un recomendado libro que me gustaría leer en Vilamor, uno de esos días en los que el tiempo pasa despacio....sentarse en un banco al sol, mientras el compañero de la foto y otros pasan una y otra vez a tu lado.
Sinopsis
En Mongolia, cuando un perro muere es enterrado en lo alto de la montaña para que nadie pueda pisar su tumba. El dueño del perro le susurra al oído que desea que se reencarne, en su próxima vida, en un hombre. Hasta entonces, el alma del perro es libre de vagar por la tierra y sus paisajes, durante el tiempo que quiera.....