31 oct 2014

Un furado no souto


Vellos, parece que xa sen vida.....eternos pero aínda vivos... 
Son moitos os castiñeiros que teñen características similares a este 
no Courel e aínda a pesar de todo loitan por sobrevivir e dar os seus froitos 
ano tras ano. Este exemplar está domiciliado en Ferramulín.

Viejos, parece que ya sin vida.....eternos pero todavía vivos...
Son muchos los castaños que tienen características similares a este
en Courel y aún a pesar de todo luchan por sobrevivir y dar sus frutos
año tras año. Este ejemplar está domiciliado en Ferramulín.

30 oct 2014

Roseiras silvestres

Hai xa ben anos que fixen esta foto, as sementes seguramente que  
deron vida a outras moitas plantas de roseira silvestre.
Localización: Devesa da Rogueira.

Hace años de esta foto, las semillas ya habrán dado vida a otras 
muchas plantas de rosal silvestre.
Localización: Devesa da Rogueira.

27 oct 2014

Folgoso do Courel


O Courel habita en moitos aínda que non vivan nel, participando dalgún xeito da súa vida
e historia. O Courel vive no corazón de quen se acorda del con agarimo, se atope lonxe ou preto, eiquí ou alá....Aínda que chova, quente o sol ou faga vento, á luz do día ou baixo un ceo estrelado o salientable é poder estar alí neses momentos. Jesús Alfonso Parada Jato

O Courel habita en muchos aunque no vivan en él,participando de algún modo de su vida
e historia. O Courel vive en el corazón de quien se acuerda de él con cariño, se encuentre lejos o cerca, aquí o allá....Aunque llueva, caliente el sol o haga viento,a la luz del día o bajo un cielo estrellado lo salientable es poder estar allí en esos momentos.
Jesús Alfonso Parada Jato



23 oct 2014

Desxeo dos tellados


Amence, a noite foi xélida para as aldeas do Courel. 
O sol, débil nesta época do ano, loita co frío para desfacer
 o traballo da noite nunha continua batalla durante os meses de outono-inverno.

Amanece, la noche ha sido gélida para las aldeas de O Courel.
El sol, débil en esta época del año, lucha con el frío para deshacer el
trabajo de la noche en una continua batalla durante los meses de otoño-invierno.



20 oct 2014

Caducidad


Verde... amarelo....marrón...
pouco a pouco vanse degradando ata que finalmente
 deixan de existir.

 Verde...amarillo..marrón..
poco a poco se degradan hasta que finalmente 
dejan de existir.

17 oct 2014

Paraíso orixinal


O día presentouse moi frío proba diso déixase ver nos cumios, son as primeiras neves do outono. Ao adentrarnos nesta sorprendente paraxe natural, atoparémonos unha enorme variedade de plantas e especies arbóreas autóctonas como faias, bidueiros, teixos, érbedos, serbales, aveleiras, castiñeiros, carballos, acivros...Que no outono compiten coas súas diferentes cores alegrando a devesa. Iniciando a ruta chamada da Devesa da Rogueira podemos contemplar unhas sorprendentes vistas panorámicas das aldeas de Parada e Moreda, sendo desde esta última desde onde se fixo a foto.

El día se presentó muy frío prueba de ello se deja ver en la cumbre, son las primeras nieves del otoño. Al adentrarnos en este sorprendente paraje natural,nos encontraremos una enorme variedad de plantas y especies arbóreas autóctonas como hayas, abedules, tejos, madroños, serbales, avellanos, castaños, robles, acebos...Que en otoño compiten con sus diferentes colores alegrando la devesa.
Iniciando la ruta llamada de la Devesa da Rogueira podemos contemplar unas sorprendentes vistas panorámicas de las aldeas de Parada y Moreda, siendo desde esta última desde donde se hizo la foto.


16 oct 2014

Chámano outono


O río Lóuzara da nome ao precioso val que está aos pés da Serra dá Escrita. 
O regato da foto que se une a este podería ser o río Mazo.

El río Lóuzara da nombre al precioso valle que está a los pies da Serra da Escrita.
El riachuelo de la foto que se une a este podría ser el río Mazo.

15 oct 2014

Os primeiros pasos do outono


Xa entra o outono,
xa está eiquí un ano máis co seu novo vestido.
Seoane do Courel ao fondo.
Vista dende o Castro da Torre.

Ya entra el otoño,
 ya está aquí un año más con su nuevo vestido.
Seoane do Courel al fondo.
Vista desde el Castro da Torre.