23 abr 2016

Souto de Seceda


Rodeada polo seu souto de castiñeiros centenarios Seceda ábrenos as portas para mergullarnos nun mundo a parte onde a tranquilidade e a calma nos dan a benvida.

Rodeada por su bosque de castaños centenarios Seceda nos abre las puertas
 para sumergirnos en un mundo a parte donde la tranquilidad y la calma nos dan la bienvenida.











21 abr 2016

Arquitectura popular do Courel "Seceda"


Seceda declarada ben de interese cultural con categoría de lugar de interese Etnográfico pola Xunta de Galicia, o 3 de xullo de 1997 é unha das aldeas do Courel que mellor conserva a súa arquitectura tradicional. A maioría das súas casas e rúas foron sometidas a un plan de rehabilitación mantendo a súa estrutura orixinal. Construída sobre unha pendente ten rúas de " Chapacuña" método que consiste en colocar lousa verticalmente ata cubrir a rúa, con iso evitábase a erosión do terreo coa choiva e a trasfega dos carros. Hai pouco aínda quedaba algunha zona sen restaurar na que podía verse como era orixinalmente. Algunhas construcións teñen entre elas amplos pasadizos, os cales serven para dar acubillo e realizar algúns labores os días de choiva, outras aínda conservan nas súas paredes externas cubertas con madeira. Case todas as construcións teñen fermosos corredores aéreos de madeira tallada, desde moitos deles pódense gozar dunhas espléndidas vistas das montañas. Ven a coñecer Seceda non che defraudará.

Seceda declarada bien de interés cultural con categoría de lugar de interés Etnográfico por la Xunta de Galicia, el 3 de julio de 1997 es una de las aldeas de O Courel que mejor conserva su arquitectura tradicional. La mayoría de sus casas y calles han sido sometidas a un plan de rehabilitación manteniendo su estructura original.
Construida sobre una pendiente tiene calles de "Chapacuña" método que consiste en colocar pizarra verticalmente hasta cubrir la calle, con ello se evitaba la erosión del terreno con la lluvia y el trasiego de los carros. Hace poco todavía quedaba alguna zona sin restaurar en la que podía verse como era originalmente.
Algunas construcciones tienen entre ellas amplios pasadizos, los cuales sirven para dar cobijo y realizar algunas labores los días de lluvia, otras todavía conservan en sus paredes externas cubiertas con madera.
Casi todas las construcciones tienen hermosos corredores aéreos de madera tallada, desde muchos de ellos se pueden disfrutar de unas espléndidas vistas de las montañas.
Ven a conocer Seceda no te defraudará.




Suelo de chapacuña orixinal




















19 abr 2016

A pequena cantina



Na miña primeira viaxe ao Courel un frío e chuvioso día do mes de novembro detivémonos en Seceda para comer. Mentres buscabamos un lugar ao amparo da choiva, subimos polas empedradas rúas ata que chegamos ao alto da aldea, alí un alpendre deunos acubillo e un antigo carro fíxonos de mesa. 
Á beira unha pequena cantina, a casa da foto a cal descoñezo se aínda está en funcionamento. 
Cando vou a Seceda gústame pasar por aquí...e lembrar aos meus amigos Javi e Eva con quen fun por primeira vez ao Courel ....

En mi primer viaje al Courel un frío y lluvioso día del  mes de noviembre nos detuvimos en Seceda para comer. Mientras buscábamos un lugar al amparo de la lluvia,subimos por las empedradas callejuelas hasta que llegamos a lo alto de la aldea,allí un alpendre nos dio cobijo y un antiguo carro nos hizo de mesa. 
Al lado una pequeña cantina, la casa de la foto la cual desconozco si todavía está en funcionamiento.
Cuando voy a Seceda me gusta pasar por aquí...y recordar a mis amigos Javi y Eva con quienes fuí por primera vez al Courel ....   



15 abr 2016

Primavera, a princesa con máis encanto.


Scabiosa columbaria L, Dipsacaceae 
Herba perenne, os seus talos poden chegar a medir ata 120 cms de altura 
Localización: Seceda


13 abr 2016

Halimium


Halimium lasianthun ( Lam) Coñecida tamén como carpazo. 
Medra en matas leñosas de entre 20 e 50 cms de altura con flores en acios. 
É frecuente vela medrar á beira de matogueiras de breixo. 
Localización: ascenso ao Castro da Torre moi preto de Sobredo.

Halimium lasianthun (Lam)
Conocida también como carpazo.
Crece en matas leñosas de entre 20 y 50 cms de altura con flores en racimos.
Es frecuente verla crecer al lado de matorrales de brezo.
Localización: ascenso al Castro da Torre muy cerca de Sobredo.


11 abr 2016

Explosión de cor en Lousadela


Pasaron 111 anos dende que se publicou por primeira vez a flora descritiva e ilustrada de Galicia, un traballo de gran importancia da man de Baltasar Merino. 
Contribuíu a poñer de manifesto a excelente riqueza botánica da Serra do Courel que él mesmo percorreu. 
Situou especies naquela época que aínda hoxe poden atoparse nos mesmos lugares que el sinalou. 
A floración do breixo nesta zona sorprende ao viaxeiro, as ladeiras das montañas que noutra época do ano teñen unhas cores que van das cores douradas ao verde, cambian totalmente e transfórmanse en vivas cores como o rosa. 
É tempo de recolección, as abellas comezan a súa labor. Nalgunha destas fotos poden verse as antigas construcións de lousa e planta oval que os veciños construían para preservar as colmeas dos osos. 

Han pasado 111 años desde que se publicó por primera vez la flora descriptiva e ilustrada de Galicia, un trabajo de gran importancia de la mano de Baltasar Merino.
Contribuyó a poner de  manifiesto la excelente riqueza botánica de la Sierra de O Courel que él mismo recorrió.
Situó especies en aquella época que aún hoy pueden encontrarse en los mismos lugares que él señaló.
La floración del brezo en esta zona sorprende al viajero, las laderas de las montañas que en otra época del año tienen unos colores que van del castaño/ dorado al verde, cambian totalmente y se transforman en vivos colores como el rosa.
Es tiempo de recolección, las abejas comienzan su labor.
En alguna de estas fotos pueden verse las antiguas construcciones de pizarra y planta oval que los lugareños construían para preservar las colmenas de los osos.





Brezo
Localización:Lousadela