Mostrando entradas con la etiqueta Pedra seca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pedra seca. Mostrar todas las entradas

11 mar 2023

Arquitectura popular en Touzón


Arquitectura popular en Touzón, aldea veciña a Pendella ambas á beiras do Lor.
"Ceabamos na cociña. Faguíamos unha gran fogueirada con gavelas de toxos, rachós de carballo e cozas. 
No cano da cheminea, aulaba o vento coma un lobo. 
Coas ventaladas viñan grandes folerpas. Probe de quen andivese pola serra"
(fragmento do libro Á lús do candil de Ánxel Fole, unha boa elección para unha tarde de choiva)

9 sept 2017

Electra do Lor


A Ferrería de Seoane do Courel coñecida tamén como Ferrería Locay 
construíuse en 1808 para transformar o mineral de ferro traído do monte Formigueiros, 
sendo o vestixio máis destacable da industria galega do ferro do século XIX

La Ferrería de Seoane do Courel conocida también como Ferrería Locay
se construyó en 1808 para transformar el mineral de hierro traído del monte Formigueiros,
 siendo el vestigio más destacable de la industria gallega del hierro del siglo XIX



Na súa longa existencia sufríu transformacións segundo as necesidades foron xurdindo. 
Funcionou como muíño, serradoiro e central hidroeléctrica, ou fábrica da luz 
como a chaman algúns veciños. Abasteceu de electricidade a varias poboacións do Courel

En su larga existencia sufrió transformaciones según las necesidades fueron surgiendo.
Funcionó como molino, aserradero y central hidroeléctrica, o fábrica de la luz
 como la llaman algunos vecinos. Abasteció de electricidad a varias poblaciones del Courel.


A súa estrutura consérvase en perfecto estado, 
destacables son os seus altos muros de laxas.

Su estructura se conserva en perfecto estado, 
destacables son sus altos muros de losas.



Rodicio, movido pola auga cando esta cae sobre él desde o alto.

Rodicio, movido por el agua cuando esta cae sobre él desde lo alto. 


Pasando esta gran roda atopámonos co muíño, 
subindo polas escaleiras está o banzado.

Pasando esta gran rueda nos encontramos con el molino,
 subiendo por las escaleras está el banzado.


Para o funcionamento desta fábrica de luz, serradoiro ou muíño obtense a súa 
enerxía motriz dunha corrente de auga neste caso do río Lor, 
que desviada e conducida por canles chega ata o lugar onde é aproveitada.

Para el funcionamiento de esta fábrica de luz, aserradero o molino se obtiene su
 energía motriz de una corriente de agua en este caso del río Lor,
 que desviada y conducida por canales llega hasta el lugar donde es aprovechada.



Banzado, que no momento de facer a foto non tiña auga.

Banzado, que en el momento de hacer la foto no tenía agua.


Estas pancas ás cales se accedía desde dentro da ferrería, 
servían de comporta para o paso da auga.

Estas palancas a las cuales se accedía desde dentro de la ferrería,
 servían de compuerta para el paso del agua.


Deixou de funcionar como ferrería a finais dos anos vinte do século pasado, 
sendo rehabilitada pola Xunta de Galicia a finais dos anos 90

Dejó de funcionar como herrería a finales de los años veinte del siglo pasado,
 siendo rehabilitada por la Xunta de Galicia a finales de los años 90


En contadas ocasións ou na celebración do Filandón do Courel que se celebra nesta chaira 
diante do edificio, os seus donos a familia Locay, abre as súas portas para que
 o público poida ver o seu interior.

En contadas ocasiones o en la celebración del Filandón do Courel que se celebra en esta explanada delante del edificio, sus dueños la familia Locay, abre sus puertas para que 
el público pueda ver su interior.

15 feb 2017

Muíño de auga en Ferramulín


Os muíños do Courel son pequenas construcións de pedra, normalmente de planta cadrada e tellado de lousa. Construíanse á beira dos ríos para aproveitar o caudal de auga que adoitaba chegar a través dunha canle. A auga caía con forza sobre o rodicio e este facía virar a moa que trituraba o gran que caía dende a tolva. Este en concreto á beira do río Visuña ao seu paso por Ferramulín atópase en bastante mal estado, pero por fortuna para facerse unha idea aínda conserva o rodicio na parte baixa e a tolva e a moa na alta.

Los molinos de O Courel son pequeñas construcciones de piedra,normalmente de planta cuadrada y tejado de pizarra.  Se construían al lado de los ríos para aprovechar el caudal de agua que solía llegar a través de un canal. El agua caía con fuerza sobre el rodicio y este hacía girar la muela que trituraba el grano que caía desde la tolva.
Este en concreto al lado del río Visuña a su paso por Ferramulín se encuentra en bastante mal estado, pero por fortuna para hacerse una idea todavía conserva el rodicio en la parte baja y la tolva y la muela en la alta. 





15 nov 2016

A Ferrería Vella


Chámanlle Ferrería Vella a esta aldea pertencente á parroquia de Seoane, da que dín que antigamente existía unha ferrería máis hoxe xa non quedan vestixios. O río Lor pasa á beira dos seus prados e terras de cultivo ofrecendo ao visitante unha agradable zona de descanso á vez que unha fermosa paisaxe.

Le llaman Ferrería Vella a esta aldea perteneciente a la parroquia de Seoane, de la que dicen que antiguamente existía una herrería más hoy ya no quedan vestigios.El río Lor pasa a la vera de sus prados y tierras de cultivo ofreciendo al visitante una agradable zona de descanso a la vez que un hermoso paisaje.


Son bastantes as vivendas deshabitadas, mesmo algunhas cun considerable estado de abandono.

Son bastantes las viviendas deshabitadas, incluso algunas con un considerable estado de abandono.





Pode verse o modo de construción das paredes dalgunha delas a base de barrotes de madeira
e recebo de cal.

Puede verse el modo de construcción de las paredes de alguna de ellas  a base de barrotes de madera y recebo de cal.




Os típicos corredores aínda que abandonados seguen tendo o seu encanto.

Los típicos corredores aunque abandonados siguen teniendo su encanto.


10 oct 2016

O Caleiro da Torre de Vilamor


A "Asociación Fonte do Milagro" é unha asociación creada no Courel no ano 1999 por un grupo de persoas cuxo único obxectivo non é outro que o de recuperar tradicións e oficios ancestrais nestas terras así como dar a coñecer o patrimonio. Por iso no outono de 2015 decidiron recuperar a tradición da elaboración do cal e poñer en funcionamento un dos varios fornos de cal existentes no Courel. A recreación tivo lugar no "Caleiro da Torre" situado no precioso souto de Vilamor o cal levaba inactivo uns sesenta anos.

La "Asociación Fonte do Milagro" es una asociación creada en O Courel en el año 1999 por un grupo de personas cuyo único objetivo no es otro que el de recuperar tradiciones y oficios ancestrales en estas tierras así como  dar a conocer el patrimonio.
Por ello en el otoño de 2015 decidieron recuperar la tradición de la elaboración de la cal y poner en funcionamiento uno de los varios hornos de cal existentes en O Courel.
La recreación se ha llevado en  "O Caleiro da Torre" situado en el precioso soto de Vilamor el cual llevaba inactivo unos sesenta años.


Os fornos de cal (caleiros) son unhas construcións cilíndricas de pedra os cales teñen unha abertura pola parte superior que é por onde se vai enchendo con pedra e madeira e outra pola parte inferior que é por onde se prende lume

Los hornos de cal son unas construcciones cilíndricas de piedra los cuales tienen una abertura por la parte superior que es por donde se va llenando con piedra y madera y otra por la parte inferior que es por donde se prende fuego.


O oco do forno vaise enchendo alternativamente cunha capa de pedra calcárea e outra de madeira chamada polos aldeáns "Coza"ata cubrilo totalmente, mentres van deixando uns pequenos respiraderos para que ao prender o lume poida circular o aire e combustione ben.

El hueco del horno se va llenando alternativamente con una capa de piedra calcárea y otra de madera llamada por los lugareños "Coza"hasta cubrirlo totalmente, mientras van dejando unos pequeños respiraderos para que al prender la lumbre pueda circular el aire y combustione bien.




A madeira usada para a combustión é a raíz de breixo polo seu alto poder calorífico a cal me dixeron que pode chegar a ter uns trinta anos.

 La madera usada para la combustión es la raíz de brezo por su alto poder calorífico la cual me han dicho que puede llegar a tener unos treinta años.






Momento clave "prender o lume" poida que o primeiro intento non sexa exitoso.

 Momento clave "prender el fuego" puede que el primer intento no sea exitoso.


O señor Luis de Vilamor gran coñecedor do tema demostrounos a súa experiencia.

 El señor Luis de Vilamor gran conocedor del tema nos demostró su experiencia.




Despois de prender o lume o forno comeza a combustión.

 Después de prender el fuego el horno comienza la combustión.






Cando a parte superior comeza a expulsar fume é sinal de que o proceso de combustión comezou.

 Cuando la parte superior comienza a expulsar humo es señal de que el proceso de combustión ha comenzado.


A leña irase consumindo á vez que as rocas se volven incandescentes. 
O proceso dura case un día, antigamente duraba unhas sesenta horas para o que se facían quendas. O arrefriado pode levar uns quince días, pasado este tempo pódese extraer o produto resultante que noutros tempos era usado como argamasa, clarear a roupa, pintar paredes, na agricultura, elaboración de papel ou vidro..

La leña se irá consumiendo a la vez que las rocas se vuelven incandescentes.
El proceso dura casi un día, antiguamente duraba unas sesenta horas para lo cual se hacían turnos. El enfriamiento puede llevar unos quince días, pasado este tiempo se puede extraer el producto resultante que en otros tiempos era usado como argamasa, clarear la ropa, pintar paredes, en la agricultura, elaboración de papel o vidrio..


Un enorme grazas a Evaristo e ás persoas que colaboraron para que esta actividade que vén de tan antigo perdure no tempo "GRAZAS"
Un enorme gracias a Evaristo y a las personas que han colaborado para que esta actividad que viene de tan antiguo perdure en el tiempo "GRACIAS"

25 may 2016

O Touzón


O Touzón, aldea pertencente á parroquia de Folgoso aínda conserva 
algúns exemplos da arquitectura tradicional da Serra do Courel.

O Touzón aldea perteneciente a la parroquia de Folgoso todavía conserva
algunos ejemplos de la arquitectura tradicional de la Sierra de O Courel

 

21 abr 2016

Arquitectura popular do Courel "Seceda"


Seceda declarada ben de interese cultural con categoría de lugar de interese Etnográfico pola Xunta de Galicia, o 3 de xullo de 1997 é unha das aldeas do Courel que mellor conserva a súa arquitectura tradicional. A maioría das súas casas e rúas foron sometidas a un plan de rehabilitación mantendo a súa estrutura orixinal. Construída sobre unha pendente ten rúas de " Chapacuña" método que consiste en colocar lousa verticalmente ata cubrir a rúa, con iso evitábase a erosión do terreo coa choiva e a trasfega dos carros. Hai pouco aínda quedaba algunha zona sen restaurar na que podía verse como era orixinalmente. Algunhas construcións teñen entre elas amplos pasadizos, os cales serven para dar acubillo e realizar algúns labores os días de choiva, outras aínda conservan nas súas paredes externas cubertas con madeira. Case todas as construcións teñen fermosos corredores aéreos de madeira tallada, desde moitos deles pódense gozar dunhas espléndidas vistas das montañas. Ven a coñecer Seceda non che defraudará.

Seceda declarada bien de interés cultural con categoría de lugar de interés Etnográfico por la Xunta de Galicia, el 3 de julio de 1997 es una de las aldeas de O Courel que mejor conserva su arquitectura tradicional. La mayoría de sus casas y calles han sido sometidas a un plan de rehabilitación manteniendo su estructura original.
Construida sobre una pendiente tiene calles de "Chapacuña" método que consiste en colocar pizarra verticalmente hasta cubrir la calle, con ello se evitaba la erosión del terreno con la lluvia y el trasiego de los carros. Hace poco todavía quedaba alguna zona sin restaurar en la que podía verse como era originalmente.
Algunas construcciones tienen entre ellas amplios pasadizos, los cuales sirven para dar cobijo y realizar algunas labores los días de lluvia, otras todavía conservan en sus paredes externas cubiertas con madera.
Casi todas las construcciones tienen hermosos corredores aéreos de madera tallada, desde muchos de ellos se pueden disfrutar de unas espléndidas vistas de las montañas.
Ven a conocer Seceda no te defraudará.




Suelo de chapacuña orixinal