6 feb. 2010

Sobre este blogue

O 12 de novembro de 2005 invitada por dous grandes amigos viaxo por primeira vez á Serra do Courel, localizada no sureste da provincia de Lugo limítrofe coas provincias de León e Ourense, a maior reserva natural de Galicia incluída na REDE NATURA 2000 

Era un xélido día no que unha incesante choiva decidiu acompañarnos todo o tempo que durou a nosa viaxe. Seceda foi o noso destino e un alpendre o acubillo para o noso xantar. 
Aínda a pesar das inclemencias do tempo, esa viaxe marcou un antes e un despois........ namoreime para sempre desas marabillosas terras que hoxe son o meu recuncho preferido. 

A proximidade das súas xentes, as súas coloridas paisaxes, a súa rica gastronomía e as súas entretidas festas, os seus extensos soutos de castiñeiros, os ríos, a abundante flora, a tranquilidade, o aire que se respira.... fixeron que as miñas viaxes alí se multiplicaran cada ano, sobre todo na primavera e outono. 

A miña compañeira de fatigas sempre vai comigo e aínda que ás veces as condicións lumínicas non sexan as óptimas para fotografar o que un leva en mente, fixen moitas fotos que me serven para lembrar o meu paso polo Courel, momentos máxicos que me gustaría perdurasen no tempo, para lembrar e non esquecer. 

Un día pensei en ter un espazo propio no que organizar as fotos que me traía do Courel, un lugar no que á vez de catalogarse puidesen ser compartidas con quen tivese as mesmas inquedanzas que mín, por iso decidín abrir este blogue no que tento amosar como é a vida alí. 
Quedan moitas fotos, moita ilusión e moitas viaxes a ese marabilloso lugar. 

Os meus agradecementos a quen fixo posible a primeira e cada unha das miñas viaxes ao Courel. 

Ao meu fillo con agarimo.




El 12 de noviembre de 2005 invitada por dos grandes amigos viajo por primera vez a  la Sierra de O Courel, localizada en el sureste de la provincia de Lugo limítrofe con las provincias de León y Ourense, la mayor reserva natural de Galicia incluida en la RED NATURA 2000 

Era un gélido día en el que una incesante lluvia decidió acompañarnos todo el tiempo que duró nuestro viaje. Seceda fue nuestro destino y un alpendre el cobijo para nuestro almuerzo. 
Aún a pesar de las inclemencias del tiempo, ese viaje marcó un antes y un después........ me enamoré para siempre de esas maravillosas tierras que hoy son mi rincón preferido.

La cercanía de sus gentes, sus coloridos paisajes, su rica gastronomía y sus entretenidas fiestas, sus extensos bosques de castaños, los ríos, la abundante flora, la tranquilidad, el aire que se respira.... han hecho que mis viajes allí se hayan multiplicado cada año, sobre todo en primavera y otoño.

Mi compañera de fatigas siempre va conmigo y aunque a veces las condiciones lumínicas no sean las óptimas para fotografiar lo que uno lleva en mente, he hecho muchas fotos que me sirven para recordar mi paso por el Courel, momentos mágicos que me gustaría perdurasen en el tiempo, para recordar y no olvidar.

Un día pensé en tener un espacio para mi en el que organizar las fotos que me traía del Courel, un lugar en el que a la vez de catalogarse pudiesen ser compartidas con quienes tuviesen las mismas inquietudes que yo, por ello decidí abrir este blog en el que intento mostrar como es la vida allí. 
Quedan muchas fotos, mucha ilusión y muchos viajes a ese maravilloso lugar.

Mis agradecimientos a quienes han hecho posible el primero y cada uno de mis viajes al Courel.

A mi hijo con cariño.






0 comentarios:

Publicar un comentario