Mostrando entradas con la etiqueta Artesanía da madeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artesanía da madeira. Mostrar todas las entradas

15 feb 2026

O tempo pasa, e as xentes deste mundo vano deixando


Corría o ano 2010 cando estiven por primeira vez en Visuña,
era primavera e ía un fermoso día de sol.
Aquel lugar pareceume tranquilo e máxico para vivir, tanto que Visuña é unha
das miñas aldeas do Courel favoritas.
Atópase nun val e na ladeira dun souto de castiñeiros rodeado por montañas,
 ten ríos, prados, muíños, as casas algunha con unha arquitectura preciosa, (algunhas xa caeron) agrupadas en barrios e varias construidas a partires da rocha.
Ese primeiro día vin a Pepe cando pasei a carón da súa casa
 pero soamente nos saudamos.
Na miña primeira viaxe non souben que facía paxes con madeira, pero si
na segunda, e amosoume onde os facía e tiven ocasión de mercar un par de pezas
que conservo con agarimo. Ese día trouxen alguha foto conmigo que hoxe con
todo o meu respeto e agarimo deixo aquí para que non quede no esquecemento.
Grazas pola túa labor, e polas conversas Pepe de Visuña, descansa en paz.


Corría el año 2010 cuando estuve por primera vez en Visuña,
era primavera y hacía un hermoso día de sol.
Aquel lugar me pareció tranquilo y mágico para vivir, tanto que Visuña es una
de mis aldeas favoritas del Courel.
Se encuentra en un valle y en la ladera de un bosque de castaños rodeado por montañas,
tiene ríos, prados, molinos, las casas alguna con una arquitectura preciosa, (alguna ya se ha caído)
agrupadas en barrios y varias construidas a partir de la roca.
Ese primer día vi a Pepe cuando pasé al lado de su casa
pero solamente nos saludamos.
En mi primer viaje no supe que hacía cestos con madera, pero si en la segunda,
y me mostró donde los hacía y tuve la ocasión de comprar un par de piezas
que conservo con cariño. Ese día traje alguna foto conmigo que hoy con todo mi
respeto y cariño dejo aquí par que no quede en el olvido.
Gracias por tu labor, y por las charlas Pepe de Visuña, descansa en paz.


 

30 oct 2021

Inauguración da Maderoteca Máxica e Poética de Urbano Arza Sánchez

 


Chegou para todos o día desexado, o noso querido Urbano celebrou o seu 91 cumpleanos arroupado pola súa familia, veciños e amigos, xentes que lle queremos moi ben ata alí nos achegamos para compartir con él ese momento especial, todos xuntos inauguramos a preciosa Maderoteca máxica e poética.
 Grazas estimado Urbano por dedicar toda a túa vida aos demais, por este magnífico legado que con tanta maestría confeccionaches para os que por esta Maderoteca pasen.
Un enorme GRACIAS!!

Llegó para todos el día deseado, nuestro querido Urbano celebró su 91 cumpleaños arropado
por su familia, vecinos y amigos, gente que le queremos muy bien, hasta allí nos acercamos para
compartir con él ese momento especial, todos juntos inauguramos la preciosa Maderoteca mágica y
poética.
Gracias estimado Urbano por dedicar toda tu vida a los demás, por este magnífico legado que con
tanta maestría confeccionaste para los que por esta Maderoteca pasen.
Un enorme GRACIAS!!




A fiestra das luas

La ventana de las lunas


Detalles do parque da cultura, contiguo á Maderoteca



Interior da planta baixa onde conserva as súas ferramentas, primeiro banco de traballo...

Interior de la planta baja donde conserva sus herramientas, primer banco de trabajo....




E para miña sorpresa atopeime esta foto dunha fiestra dentro doutra, era a miña foto ao primeiro 
traballo na madeira de Urbano, fixena o primeiro día que o coñecín, pareceume moi representativa para presentar a este artesano e poeta. 
Sen pretendelo e dalgún xeito sinto que formo parte de este maravilloso mundo, eiquí na Maderoteca de Urbano Arza . GRAZAS


Y para mi sorpresa me encontré esta foto de una ventana dentro de otra, era mi foto al primer
trabajo en madera de Urbano, la hice el primer día que lo conocí, me pareció muy representativa para 
presentar a este artesano y poeta.
Sin pretenderlo y de algún modo siento que formo parte de este maravilloso mundo, aquí en la Maderoteca de Urbano Arza. GRACIAS


Baixando as escaleiras atopámonos con unha estancia que nos facerá mirar ao teito estrelado, é a sala da bóveda celeste a cal acolle algúns dos poemas de Urbano pendourados das paredes, todos eles entre a fiestra das lúas e outras esculturas en madeira así como recordos de cando rexentaba unha tenda a carón deste museo.


Bajando las escaleras nos encontramos con una estancia que nos hará mirar al techo estrellado, es la sala de la bóveda celeste la cual acoge algunos de los poemas de Urbano colgados de las paredes, todos ellos entre la ventana de las lunas y otras esculturas en madera así como recuerdos de cuando regentaba una tienda al lado de este museo.










Rematada a visita á planta de abaixo hai que subir a ver a planta alta que alberga as esculturas
 e recordos personales de Urbano. 

Terminada la visita a la planta de abajo hay que subir a ver la planta alta que alberga las esculturas
y recuerdos personales de Urbano.





Amigos e familia leeron os seus poemas con gran agarimo e emoción,
 outros dedicaronlle fermosas palabras, conversas,
escoitouse música..

Amigos y familia leyeron sus poemas con gran cariño y emoción,
 otros le dedicaron hermosas palabras, tertulias,
se escuchó música...







Celebramos con un bo  xantar, e Urbano soplou as velas do seu 91 cumpleanos.

Celebramos con una buena comida, y Urbano sopló las velas de su 91 cumpleaños.






O recordo da súa querida esposa Lola tamén estaba presente.

El recuerdo de su querida esposa Lola también estaba presente.



FOLGOSO DO COUREL

Nacín nas entrañas
desta terra courelana.

Símbolo, a montaña.

Aquí pasei os días azuis
da miña infancia.

Folgoso, onde botei a áncora.

Pasei a miña xuventude sombría,
de pastor, de agricultor
nesta terra folgosana.

Ninguén me erguerá de eiquí.

Estarei mirando sempre
o mesmo ceo,
as mesmas augas,
as mesmas montañas,
o mesmo sol e o mesmo vento,
que non solta a miña áncora.

Urbano Arza Sánchez

29 oct 2020

Hoxe é un día moi especial para Urbano Arza Sánchez


29 de outubro de 2020 é unha data moi especial, o noso estimado Urbano cumpre 90 anos. Hoxe deberíase estar a celebrar unha festa na súa honra coa súa familia, veciños, amigos e achegados pero as circunstancias nas que nos atopamos non permiten as reunións así que cada un de nós deberá imaxinarse esta inauguración /celebración na súa memoria. 

A súa ilusión era ver rematada a súa obra, a súa casa museo "A maderoteca máxica e poética" e "O parque da cultura" . Urbano Arza  Sánchez artesán da madeira traballou incansablemente para ofrecernos os seus tesouros, esperamos que hoxe culminase o seu desexo e que pronto podamos gozar de novo da casa museo así como da parte baixa da mesma, pois nela ademais de albergar unha peza fundamental, o seu primeiro banco de traballo està tamén o seu traballo máis recente e do que sente moi orgulloso, é o excelente traballo do teito en madeira de nogueira o cal esconde unha bóveda celeste. 

Todo o conxunto é unha obra de arte digna de visitar, espero volver moitas veces Urbano e que cada vez me sorprendas con algo novo como é habitual. 

Moitísimas felicidades neste día!


29 de octubre de 2020 es una fecha muy especial, nuestro estimado Urbano cumple 90 años.


Hoy se debería estar celebrando una fiesta en su honor con su familia, vecinos, amigos y allegados pero las circunstancias en las que nos encontramos no permiten las reuniones así que cada uno de nosotros deberá imaginarse esta inauguración /celebración en su memoria.

Su ilusión era ver terminada su obra, su casa museo "La maderoteca mágica y poética" y "El parque de la cultura" .

Urbano Arza artesano de la madera ha trabajado incansablemente para ofrecernos sus tesoros, esperamos que hoy haya culminado su deseo y que pronto podamos disfrutar de nuevo de la casa museo así como de la parte baja de la misma, pues en ella además de albergar una pieza fundamental, su primer banco de trabajo está también su trabajo más reciente y del que se siente muy orgulloso, es el excelente trabajo del techo en madera de nogal el cual esconde una bóveda celeste.

Todo el conjunto es una obra de arte digna de visitar, espero volver muchas veces Urbano y que cada vez me sorprendas con algo nuevo como es habitual.

Muchísimas felicidades en este día!




                                                                 
                                                               Urbano xunto a fiestra das lunas
                                                        Urbano junto a la ventana de las lunas



 

8 dic 2017

"Entre paso e tempo nas terras do Courel"


"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía ou vento, é o segundo libro de Urbano Arza Sánchez. Mañá 9 de decembro presentarao publicamente na tradicional festa de pisa da castaña que se celebra como todos os anos por estas datas en Froxán. 
Parabéns Urbano.

"Entre paso e tempo nas terras do Courel" Onde asubía o vento,es el segundo libro de Urbano ArzaSánchez. Mañana 9 de diciembre lo presentará publicamente en la tradicional fiesta de la pisa
de la castaña que se celebra como todos los años por estas fechas en Froxán.
Enhorabuena Urbano.


NON OS MIRES QUE XA NON ESTÁN
Xa todo o teño visto, o que mirei un día.
Vin aos cordeiros facendo as cordas cos pelos dos marraos e o liño.
Vin aos cerralleiros arranxando potas, caldeiros e paraugas.
Vin aos quincalleiros vendendo quincalla.
Vin aos trapeiros recollendo trapos e gomas.
Vin aos afiadores afiando tixeiras e coitelos.
Vin aos albardeiros facendo molidas e albardas.
Vin as feiras de compra e venta do gando.
Vin nacer os mozos.
Vin morrer centos de xente.
Vin a liberdade xunguida.
Vin o escravo cantando.
Vin camiños con mortos mirando ó ceo preguntando.
Vin falsos paraisos de escarnio e inxustiza.
Os meus ollos os viron, non os mires.
Vin as terras do pan e dos segadores cantando.
Vin medrar ós lobos xunto ós pastores.
Todo vin pasar, co vento pasaron.
Vin as airas do pan co  mallo mallando, eu o vivín.
Vin ós nenos sin calzois co pantalón por detrás rachado, eu vivín.
Vin chegar o 2000 co medo que me puxeron os curas na confesión, os malos ó ceo e os bos ó inferno.
Vin a guerra entre irmáns.
Vin o conxunto de pastores e labranza.
Todo un símbolo de convivencia e harmonía.
Todo fuxíu co vento.
Vin os muíños moer e os fornos cocer.
Vivín ese tempo de ouro sen color nen olor.
Vin ós carpinteiros facendo carros e arados.
Vin ós ferreiros na fragua facendo as ferramentas de labranza.
No chan, onde agora hai castiñeiros, facían a feira.
Eran intercambios de animais e cacharros de barro e comestibles, non existían as moedas.
Todo un conxunto de convivencia e harmonía.
Urbano Arza Sánchez