29 sept 2017

Da man do Selmo


O río Selmo ao seu paso por Vieiros é merecedor dunha visita. En tempo de abundantes choivas a impresionante fervenza que queda ás nosas costas é digna de ser contemplada. 
O leito deste río forma parte dunha ruta circular de sendeirismo.

El río Selmo a su paso por Vieiros es merecedor de una visita. En tiempo de abundantes
 lluvias la impresionante cascada que queda a nuestras espaldas es digna de ser contemplada.
El cauce de este río forma parte de una ruta circular de senderismo.

27 sept 2017

A Pendella


A Pendella é unha pequena aldea de poucos habitantes veciña
 a Valdomir e Touzón pertencente á parroquia de Folgoso do Courel. 
Ten vistas ao río Lor dende os seus bonitos corredores de madeira 
e unha pequena capela na honra a San Roque.

 A Pendella es una pequeña aldea de pocos habitantes vecina
 a Valdomir y Touzón perteneciente a la parroquia de Folgoso do Courel. 
Tiene vistas al río Lor desde sus bonitos corredores de madera
 y una pequeña capilla en honor a San Roque.









25 sept 2017

Bando vermello


Primeiro signo de que estamos en Parada é o cartel metálico que figura nunha das paredes do edificio da antiga escola. Sorpréndenme os buratos que ten...quizais son imaxinacións miñas que non levan a conclusión algunha.

 Primer signo de que estamos en Parada es el cartel metálico que figura en una de las paredes
 del edificio de la antigua escuela. Me sorprenden los agujeros que tiene...quizás son imaginaciones mías que no llevan a conclusión alguna.


Moitas foron as veces que estiven aquí, xa a primeira, esta casa quedou na miña memoria, porqué? Xa vira noutra ocasión unha casa pintada de cor vermella no Courel, teño dúbidas que poidan ter relación algunha.
 Muchas han sido las veces que he estado aquí, ya la primera, esta casa se quedó en mi memoria, porqué? Ya había visto en otra ocasión una casa pintada de color rojo en Courel, tengo dudas que puedan tener relación alguna.


Recentemente visitando a Fundación Uxío Novoneyra o guía descifrou o enigma desta casa, atónita ante as súas palabras as pezas do quebracabezas empezaron a encaixar.

 Recientemente visitando la Fundación Uxío Novoneyra el guía descifró el enigma de esta casa,
atónita ante sus palabras las piezas del puzzle empezaron a encajar.


Durante os duros e amargos tempos da guerra civil española nesta casa habitaba un bo home chamado Manuel Cela Macía ao que un día viñeron buscar para dar un tráxico paseo. Todos sabemos o que ocorría cando levaban á xente para dar o paseo. Con motivo de tal atrocidade desde entón a súa familia e descendentes pintaron a porta e os alicerces de cor vermella. Ao alicerce principal da casa (árbore) segáronlle a vida igual que á persoa.

 Durante los duros y amargos tiempos de la guerra civil española en esta casa habitaba un buen hombre llamado Manuel Cela Macía al que un día vinieron a buscar para dar un trágico paseo. Todos sabemos lo que ocurría cuando se llevaban a la gente a dar el paseo. Con motivo de tal atrocidad desde entonces su familia y descendientes han pintado la puerta y los pilares de color rojo. 
Al pilar principal de la casa (árbol) le segaron la vida igual que a la persona.


Cando fixen esta foto non tiña nin idea de que detrás da cor vermella había unha historia,
 ata a porta parece que derrame sangue.

  Cuando hice esta foto no tenía ni idea de que detrás del color rojo había una historia,
 hasta la puerta parece que derrame sangre.


Esta casa seguirá impactándome cada vez que pase ao seu lado, 
encolleráseme o corazón.

 Esta casa seguirá impactándome cada vez que pase a su lado,
  se me encogerá el corazón.


O poeta Uxío Novoneyra adicoulle o poema 
"Romance de Manoel de Ribadaira"
Neste enlace do blog da Buraca das grellas,
 relatan a historia ademais de amosar o Romance de Manoel de Ribadaira
https://buracadasgrellas.es/historia/uncategorized/manuel-cela-macia-paseado-desde-parada-a-teixeira-o-16-de-outubre-do-1936/




22 sept 2017

Aula da natureza da Devesa da Rogueira


A devesa da Rogueira é a principal reserva biolóxica da serra do Courel. 
Situada na vertente noroeste do monte Formigueiros conta con duascentas 
hectáreas nas que conviven oitocentas especies de árbores e plantas.

 La devesa da Rogueira es la principal reserva biológica de la sierra de O Courel.
Situada en la vertiente noroeste del monte Formigueiros cuenta con doscientas 
hectáreas en las que conviven ochocientas especies de árboles y plantas.


Hai varios accesos á Devesa da Rogueira, pero o de maior interese
 paisaxístico é o que parte da aula de natureza en Moreda. 
A lonxitude da ruta é de catro quilómetros e presenta unha dificultade alta, 
sendo necesarias unhas cinco horas ida e volta para facer o percorrido.

Hay varios accesos a la devesa da Rogueira, pero el de mayor interés
paisajístico es el que parte del aula de naturaleza en Moreda. 
La longitud de la ruta es de cuatro kilómetros y presenta una dificultad alta,
 siendo necesarias unas cinco horas ida y vuelta para hacer el recorrido.


21 sept 2017

Souto de Lousada no outono

Souto de Lousada no outono, ao fondo Mostad

19 sept 2017

A forxa de Xan do Ferreiro


Estiven a primeira vez neste lugar fai xa uns cuantos anos, hai pouco que Xan de Vilar decidiu comenzar a poñer en orde todos os útiles e ferramentas que fixeron él e o seu pai no lugar destinado como "A forxa". A estancia vai tomando forma, a ver se pronto podemos ver o fol colocado e todo disposto para ver unha demostración de como se traballaba o ferro no Courel. 
Grazas Xan polo túa valiosa labor a cal serviu para conservar todo este patrimonio e grazas tamén pola hospitalidade que brindas sempre. Apertas!!

Estuve la primera vez en este lugar hace ya unos cuantos años, hace poco que Juan de Vilar ha decidido empezar a poner en orden todos los útiles y herramientas que hicieron él y su padre en el lugar destinado como "La fragua". La estancia va tomando forma, a ver si pronto podemos ver el fuelle colocado y todo dispuesto para ver una demostración de como se trabajaba el hierro en el Courel. Gracias Juan por tu valiosa labor la cual ha servido para conservar todo este patrimonio
y gracias también por la hospitalidad que brindas siempre.
Un abrazo!!









18 sept 2017

Baixo os corredores de Meiraos


De madeira, de lousa....todos cumplen a súa función.

 De madera, de pizarra... todos cumplen su función





17 sept 2017

Xa non quedan campos de pan


Esta porción de espazo pavimentada con grandes laxas de lousa é unha aira na nosa Galicia, son as airas onde se trillaban os cereais que noutros tempos se cultivaban nas montañas do Courel.

Esta porción de espacio pavimentada con grandes losas de pizarra es una era en nuestra Galicia,
 donde se trillaban las mieses que en otros tiempos se cultivaban en las montañas del Courel.

Coméntame un veciño de Ferreirós de arriba emigrado retornado e xubilado, que antes de marcharse él sendo adolescente as ladeiras das montañas que hoxe están cubertas de matogueiras eran "campos de pan" así se lles chamaba por aquí aos campos de semente de cereal.

Me comenta un vecino de Ferreirós de arriba emigrado retornado y jubilado,que antes de marcharse él siendo adolescente las laderas de las montañas que hoy están cubiertas de matorrales eran "campos de pan" así se les llamaba por aquí a los campos de siembra de cereal.


Sementábase sobretodo centeo, hoxe como moito que eu saiba
 cultívanse cereais nas praderías de Noceda e Vilela

Se sembraba sobretodo centeno, hoy como mucho que yo sepa
 se cosechan cereales en las praderas de Noceda y Vilela


Pero as airas seguen aí aínda que non se sigan usando para a trillar como antigamente.
A primeira da foto atópase en Parada, a segunda en Mercurín, a terceira en Froxán, a cuarta en Ferreirós de arriba, a quinta en Visuña e a sexta en Miraz de abaixo.


Pero las airas siguen ahí aunque no se sigan usando para la trilla como antiguamente.
La primera de la foto se encuentra en Parada, la segunda en Mercurín, la tercera en Froxán,
 la cuarta en Ferreirós de arriba, la quinta en Visuña y la sexta en Miraz de abajo.




16 sept 2017

A mañá comeza tranquila


Vista de Meiraos dende Mercurín (antenas) 
Á esquerda e a un km de distancia da aldea a súa igrexa. 
Na parte superior esquerda o enorme Taro Branco.

Vista de Meiraos desde Mercurín (antenas)
A la izquierda y a un km de distancia de la aldea su iglesia.
En la parte superior izquierda el enorme taro branco.


Meiraos foi antigamente una das principais poboacións 
da serra do Courel, atopándose relativamente preto 
do núcleo poboacional de Seoane, tan só a dous kms e medio.

 Meiraos fue antiguamente una de las principales poblaciones
 de la sierra de O Courel, encontrándose relativamente cerca del
 núcleo poblacional de  Seoane, tan solo a dos kms y medio.


Camiñar polas súas estreitas e empinadas rúas lévanos á parte alta 
desde onde se divisan unhas marabillosas vistas das montañas.

 Callejear por sus estrechas y empinadas callejuelas nos lleva a la parte alta
     desde donde se divisan unas maravillosas vistas de las montañas.


Baixo un manto de neve as vistas que arroupan Parada 
non nos deixan indiferentes.

Bajo un manto de nieve las vistas que arropan Parada
 no nos dejan indiferentes.


A Torre do Sancho chámaselle a esta antiga construción cun arco de medio punto. 
No seu día debeu ser unha porta hoxe tapiada.

 A torre do Sancho se la llama a esta antigua construcción con un arco
 de medio punto. En su día debió ser una puerta hoy tapiada.


A arquitectura popular consérvase en bastante bo estado.

 La arquitectura popular se conserva en bastante buen estado.


Tellados a dúas augas.

Tejados a dos aguas.


Palleira

 Almacén de paja.


Cando unha vez oín dicir que os camiños do Courel estaban
 feitos de castañas......e era certo.

 Cuando una vez oí decir que los caminos del Courel estaban
 hechos de castañas......y era cierto.