31 dic 2016

O Apalpador



Xa chegou o frío e con él o Nadal, con eles achégase un personaxe de lenda, un vello carboeiro chamado O Apalpador, o Papá Noel dos nenos do Courel. Segundo conta a lenda baixaba das montañas cada Nadal, na noite do 31 de decembro e mentres os nenos estaban durmidos palpáballes a barriga para constatar que estivesen ben alimentados, o agasallo que lles traía eran castañas. Unha lenda humilde que aínda se mantén viva.

Ya llegó el frío y con él la Navidad, con ellos se acerca un personaje de leyenda, un viejo carbonero llamado O Apalpador, el Papá Noel de los niños del Courel. Según cuenta la leyenda bajaba de las montañas cada navidad, en la noche del 31 de diciembre y mientras los niños estaban dormidos les palpaba la barriga para constatar que estuviesen bien alimentados, 
el regalo que les traía eran castañas. Una leyenda humilde que todavía se mantiene viva.


28 dic 2016

A Fervenza no Val do Lóuzara


Nun lugar chamado As Fervenzas no Val do Lóuzara atópase esta fervenza chamada A Fervenza. Partindo desde O Incio atópase a 1,5 kms de Parada de Lóuzara. 
A man esquerda camiñaremos uns metros ata chegar á fervenza. No inverno ou época de choivas a caída de auga é evidente, non así no verán.

En un lugar llamado As Fervenzas en el valle de Lóuzara se encuentra esta cascada llamada A Fervenza. Partiendo desde O Incio se encuentra a 1,5 kms de Parada de Lóuzara.
A mano izquierda caminaremos unos metros hasta llegar a la cascada. En invierno o época de lluvias la caída de agua es evidente, no así en verano.





27 dic 2016

O meu burro


Cantas veces oiriamos falar da torpeza dos pobres burros, 
cantas veces lles terían axudado ao home con pesadas cargas? 
Hoxe en día quedan moi poucos, quizais cando deixen de existir 
sexa tarde para darnos conta da súa valía.

Cuantas veces habremos oído hablar de la torpeza de los pobres burros,
cuantas veces le habrán ayudado al hombre con pesadas cargas?
 Hoy en día quedan muy pocos, quizás cuando dejen de existir
sea tarde para darnos cuenta de su valía.


21 dic 2016

Outono en Lousada



Bo Nadal


17 dic 2016

Érbedos


Esta rechamante árbore de folla perenne é un érbedo, moi abondosos nas ladeiras do río Lor en zonas soleadas de Vilamor e Froxán, non sendo fácil velo noutros lugares do Courel. 
As flores agrúpanse en ramalletes cor branca/ beig e os froitos son vermellos coa superficie rugosa. O seu sabor é doce e utilízase para a elaboración de licores.

Este llamativo árbol de hoja perenne es el madroño, muy abundante en las laderas del río Lor en zonas soleadas de Vilamor y Froxán, no siendo fácil verlo en otros lugares de O Courel.
Las flores se agrupan en ramilletes color blanco/beig y los frutos son rojos con la superficie rugosa.
Su sabor es dulce y se utiliza para la elaboración de licores.




13 dic 2016

XVIII Festa da Pisa da castaña en Froxán


Ano tras ano a Festa da Pisa séguese celebrando en Froxán. Cada edición con máis éxito reunindo a centos de persoas vindas de diversos puntos, moitos repiten, outros por primeira vez pola curiosidade de ver en que consiste A Pisa. Como manda a tradición a media mañá acenden o lume na planta baixa do sequeiro para que os visitantes se fagan unha idea en que consiste o proceso. Son tantos os anos facendo uso do sequeiro que a porta rezuma tizne de tanto queimar leña.

Año tras año la Fiesta de la Pisa se sigue celebrando en Froxán.
Cada edición con más éxito reuniendo a cientos de personas venidas de diversos puntos,
muchos repiten, otros por primera vez por la curiosidad de ver en que consiste La Pisa.
Como manda la tradición a media mañana encienden el fuego en la planta baja del sequeiro para que los visitantes se hagan una idea en que consiste el proceso.
Son tantos los años haciendo uso del sequeiro que la puerta rezuma tizne de tanto quemar leña.


A parte baixa do sequeiro.


Parte alta do sequeiro onde as castañas están estendidas recibindo a calor. Para estender as castañas mentres se secan úsase o rodo de madeira, na foto de abaixo.

Parte alta del sequeiro donde las castañas están extendidas recibiendo el calor.Para extender (remover) las castañas mientras se secan se usa el rodo de madera, en la foto de abajo.



Pisado da castaña seca.



Abandoxado da castaña seca por un gran experto Xan de Vilar.





Parabéns á Asociación Fonte do Milagro por todo o seu esforzo e o seu empeño en que un ano máis a Festa da Pisa se celebre con gran éxito. Se queres ver con máis detalle o proceso da Pisa da castaña podes clicar nestas ligazóns

Enhorabuena a la Asociación Fonte do Milagro por todo su esfuerzo y su empeño en que un año más la Fiesta de la Pisa se celebre con gran éxito.





8 dic 2016

A branca neve preséntase


A segunda nevada deste outono cubriu na súa totalidade os cumes da Serra do Courel deixando paso a belas estampas agradables á vista pero complicadas de plasmar en fotos pola dificultade que entraña moverse por lugares inestables e pouco seguros. 
Vistas do Alto do Couto, Devesa da Rogueira e Monte Formigueiros, descendendo dirección Visuña. Fotos feitas tres días despois de que comezasen a caer as neves.

La segunda nevada de este otoño ha cubierto en su totalidad las cumbres
de la Sierra de O Courel dejando paso a bellas estampas agradables a la vista pero complicadas de plasmar en fotos por la dificultad que entraña moverse por lugares inestables y poco seguros.
Vistas del Alto del Couto, Devesa da Rogueira y Monte Formigueiros, descendiendo dirección Visuña. Fotos hechas tres días después de que comenzasen a caer las nieves.













7 dic 2016

Outono tardío baixo a choiva


Outono tardío baixo a choiva nas inmediacións de Meiraos. 
Este souto adoita estar sempre tan bonito que pasar por alí e non deterse 
non entra dentro das miñas posibilidades. As fotos esta vez baixo o paraugas.

Otoño tardío bajo la lluvia en las inmediaciones de Meiraos.
Este bosque suele estar siempre tan bonito que pasar por allí y no detenerse
 no entra dentro de mis posibilidades.Las fotos esta vez bajo el paraguas.









2 dic 2016

Carballos outonando na Devesa da Rogueira