31 jul 2017
Entre paso e tempo nas terras do Courel, onde asubía o vento
"Entre paso e tempo nas terras do Courel, onde asubía o vento"
é o título do novo libro do poeta e artista Caurelá Urbano Arza Sánchez.
A data escollida para presentalo será o vindeiro día 6 de agosto na XX edición
do Filandón de músicas do Courel.
A aira da ferrería Locay acollerá un ano máis a festa grande das músicas nacidas nestas terras, o mellor xeito de revivir a cultura para que perdure ano tras ano.
Parabéns unha vez máis estimado Urbano, disfruta deste fermoso acontecemento que levas agardando tanto tempo. Cando volte espero ver "Entre paso e tempo nas terras do Courel, onde asubía o vento" nesa estantería coas túas iniciais.
Apertas!!
SIMBOLO DAS TRES LETRAS
Ó nacer
A "U" sobre rodas
A "A" florecerá
A "S" coidarate e acariciarate
Ao final
A "S" auséntase
A "A" atorméntase
A "U" fuxe dos seus soños nos tempos e apártase do desprecio e a marxinación.
Urbano Arza Sánchez
18 jul 2017
17 jul 2017
16 jul 2017
Espiño albar
Etiquetas:
Flora
,
Flora das orlas leñosas
,
Froitos vermellos
,
Liques
,
Plantas medicinais
,
Vilamor

12 jul 2017
4 jul 2017
Legado de Francisco de Paula López "Paco o forestal"
Coñecer á persoa que tallaba aqueles carteis de madeira emprazados en tantos lugares do Courel atraíame, quería coñecer a súa labor máis de preto e se mo permitía facerlle unha pequena reportaxe fotográfica a él e ao seu taller no que tanta artesanía da madeira realizou desinteresadamente para os veciños da serra.
O día elixido por mín para visitalo non foi o bo, non se atopaba na casa. Xa non poderei coñecerlle, hai pouco máis de quince días faleceu repentinamente con tan só 64 anos.
O Courel perdeu a un ser moi querido por todos, deixou un gran baleiro pero unha pegada indeleble na memoria dos courelanos e nas casas da maioría dos veciños e lugares destacados como a escola de Seoane, o Caleiro da Torre, o tanque de auga de Cabanelas, o castro de Vilar e un gran etc repartidos por toda a serra.
O Courel perdeu a un ser moi querido por todos, deixou un gran baleiro pero unha pegada indeleble na memoria dos courelanos e nas casas da maioría dos veciños e lugares destacados como a escola de Seoane, o Caleiro da Torre, o tanque de auga de Cabanelas, o castro de Vilar e un gran etc repartidos por toda a serra.
A miña pequena homenaxe con parte dalgúns dos seus traballos os cales atraeron a miña atención hai xa anos e que perdurarán na memoria de todos. Grazas!!
En mi última visita a Folgoso fui a conocer a "Paco o forestal", llegado desde el sur de España en 1985 para ocupar su plaza de guardia forestal.
Conocer a la persona que tallaba aquellos carteles de madera emplazados en tantos lugares del Courel me atraía, quería conocer su labor más de cerca y si me lo permitía hacerle un pequeño reportaje fotográfico a él y a su taller en el que tanta artesanía de la madera realizó desinteresadamente para los vecinos de la sierra.
El día elegido por mi para visitarlo no fue el bueno, no se encontraba en casa.Ya no podré conocerle, hace poco más de quince días falleció repentinamente con tan solo 64 años.
O Courel ha perdido a un ser muy querido por todos, ha dejado un gran vacío pero una huella imborrable en la memoria de los courelanos y en las casas de la mayoría de los vecinos y lugares destacados como la escuela de Seoane, el Caleiro da Torre, el tanque de agua de Cabanelas, el castro de Vilar y un gran etc repartidos por toda la sierra.
Mi pequeño homenaje con parte de algunos de sus trabajos los cuales atrajeron
mi atención hace ya años y que perdurarán en la memoria de todos. Gracias!!
Etiquetas:
Artesanía da madeira
,
As súas xentes
,
Ferreirós de Abaixo
,
Folgoso do Courel
,
Froxán
,
Seoane do Courel
,
Vilamor
,
Vilar

Suscribirse a:
Entradas (Atom)