15 nov 2023

Souto de castiñeiros en Ferramulin


 

11 mar 2023

Arquitectura popular en Touzón


Arquitectura popular en Touzón, aldea veciña a Pendella ambas á beiras do Lor.
"Ceabamos na cociña. Faguíamos unha gran fogueirada con gavelas de toxos, rachós de carballo e cozas. 
No cano da cheminea, aulaba o vento coma un lobo. 
Coas ventaladas viñan grandes folerpas. Probe de quen andivese pola serra"
(fragmento do libro Á lús do candil de Ánxel Fole, unha boa elección para unha tarde de choiva)

7 oct 2022

Saíndo a flote


Todavía sobreviven nos meus soños fermosas estampas do Courel, na miña memoria quedan marabillosos recordos do que unha vez foi e xa non é.

As cinzas deixarán lugar a novas vidas, vidas verdes que cubrirán en parte a desgraza pero non a nosa tristura.

Despois de dous meses saquei forzas para achegarme, o meu corazón encolleuse, e as bágoas resbalaron polas miñas meixelas da rabia que sentín unha vez máis.

Fun, observei, e fotografei un pouco a catástrofe, pero de momento non creo que sexa capaz de amosar tanta desolación, e despois non o sei, así que vai ser mellor tirar de arquivo e desfrutar do que todos recordamos.

Que nunca máis volva suceder.


Todavía sobreviven en mis sueños hermosas estampas del Courel, en mi memoria quedan maravillosos recuerdos de lo que una vez fue y ya no es.

Las cenizas dejarán paso a nuevas vidas, vidas verdes que cubrirán en parte la desgracia pero no nuestra tristeza.

Despues de dos meses saqué fuerzas para acercarme, mi corazón se encogió, y mis lágrimas resbalaron por mis mejillas de la rabia que sentí una vez más.

Fui, observé y fotografié la catástrofe, pero de momento no creo que sea capaz de mostrar tanta desolación, y después no lo sé, así que va a ser mejor tirar de archivo y disfrutar de lo que todos recordamos.

Que nunca más vuelva a suceder.

19 jul 2022

Arde o Courel e ardo con il


Courel do meu corazón, ardo por dentro de rabia, tristura e impotenza polo que che acontece a tí e ás xentes que en ti habitan.
Courel que tantas alegrías me levas dado, tantos bos momentos coas xentes que alí viven en armonía coa natureza e tan ben nos teñen acollido sempre a min e aos meus amig@s, inesquecibles as vivenzas.
A Xan de Vilar o teño moi presente.....a miña tristura é infinita, pois din que é o máis perxudicado.......a casa na que amablemente nos acolleu parece que xa non está, o museo que con tanto agarimo fixo tampouco, a ferrería do seu pai que con tanto empeño organizou..... somentes quedan intres que permanecerán na miña memoria.
Ao seu veciño tampouco o esquezo, tantas veces que falamos e tan ben nos sentimos coas súas conversas.
Vilar, aquel Vilar das miñas primeiras viaxes ao Courel, xa nada será o mesmo nin en Vilar nin nos arredores, que tristura máis grande, fáltanme as palabras para expresar os meus sentimentos nestes intres....
Estimadas xentes do Courel recibide unha aperta grande tod@s co meu máis sinceiro agarimo.

 

28 feb 2022

Ruta do túnel - acueduto romano de Romeor

 


Chegados a Romeor comezamos a ruta do túnel -acueduto de Romeor deixando o coche
 á beira da carretera pois na aldea non hai moito espazo para aparcar.
Iniciamos a pé o percorrido, e nuns poucos minutos estaremos na aldea.
Nada máis chegar son ben visibles unha sinal marcando a dirección do túnel
 e unha descripción do mesmo.

Llegados a Romeor comenzamos la ruta del túnel - acueducto de Romeor dejando el coche al borde de la carretera pues en la aldea no hay mucho espacio para aparcar.
Iniciamos a pie el recorrido, y en unos pocos minutos estaremos en la aldea.
Nada más llegar son bien visibles una señal marcando la dirección del túnel
 y una descripción del mismo.




Deixamos atrás a aldea para comenzar a ruta, nalgunhas zoas o percorrido non é doado,
hai tramos nos que hai pedras soltas e moi resbaladizas, carreiros con agua e ás veces estreitos. 
Subiremos unha pequena costa de pedra para de súpeto ver praderías e unha paisaxe moi fermosa.

Dejamos atrás la aldea para comenzar la ruta, en algunas zonas el recorrido no es fácil, hay tramos en los que hay piedras sueltas y muy resbaladizas, senderos con agua y a veces estrechos.
Subiremos una pequeña cuesta de piedra para de repente ver praderías y un paisaje muy hermoso.



Ao pouco saímos da zona de sol para adentrarnos de súpeto nunha zona de sombra. Atravesaremos un carreiro con moita lousa resbaladiza pola xeada e a húmidade, faise complicado camiñar.

Al poco rato salimos de la zona de sol para adentrarnos en una zona totalmente sombría. Atravesaremos un sendero con muchos restos de pizarra resbaladiza por la helada y la humedad, se hace complicado caminar.


Saímos de novo á luz e camiñando por un estreito sendeiro imos collendo altura.
Atravesamos o que son os restos dunha antiga louseira, o desnivel eiquí é considerable.

Salimos de nuevo a la luz y caminando por un estrecho sendero vamos cogiendo altura.
Atravesamos lo que son los restos de una antigua pizarrera, el desnivel aquí es considerable.





Un pouco máis e a boca do túnel xa se deixa ver entre a vexetación
Un poco más y la boca del túnel ya se deja ver entre la vegetación 


Interior do túnel




Parede to interior do túnel






Para regresar facerémolo sobre os nosos pasos polo mesmo sitio por onde viñemos,
 disfrutando dunhas fermosas vistas da aldea de Romeor e da aldea de Castro Romeor.

Para regresar lo haremos sobre nuestros pasos, por el mismo sitio por donde hemos venido,
 disfrutando de unas hermosas vistas de la aldea de Romeor y la aldea de Castro Romeor.


O TÚNEL DE ROMEOR
O túnel de Romeor, tamén chamado Cova do Penedo ou Galería da Antiga é un túnel - acueduto construído no S - I d. c situado no monte das Valiñas en Romeor. O túnel ten uns 60 mts de lonxitude, 1,5 mts de ancho e unha altura de 1,80 mts e forma parte dunha canle que abasteceu auga ás explotacións mineiras romanas de Torubio, O Broncedo e Os Buracois. 
As explotacións auríferas do Courel foron moi importantes para o Imperio Romano, chegando a producir 13.500 kgs anuais. Os traballos realizábanse servíndose de poboación da zona, escravos, prisioneiros de guerra... Os enxeñeiros romanos localizaban unha superficie na que a concentración de ouro permitise a súa explotación, nese momento era cando empezaban os traballos para poñer en funcionamento a mina.

                                                       A IMPORTANCIA DA AUGA 
Esencial nese traballo era a forza que podían extraer da auga, para iso buscaban ríos ou regachos con caudal necesario e que coincidise por cota coa zona do monte que querían beneficiar. Unha vez localizada a zona adecuada para captar a auga, construían unha presa da que saía unha canle. Esa canle, de ancho e lonxitude variable segundo o caso, mantiña unha pendente máxima de 0,5% ata chegar a uns depósitos que estaban encima da mina. Alí acumulábanse miles de metros cúbicos de auga para chegado o momento enviar un gran volume de líquido por unhas galerías que previamente tiñan escavado na porción do monte a derruir. Estas galerías non tiñan saída, polo que ao recibir de golpe o volume da auga, esta funcionaba como un gran pistón comprimido, o que provocaba unha explosión. En ocasións estas canles de transporte de auga tiñan que dar un rodeo moi longo para cubrir unha distancia que, en liña recta, sería moito máis curta, neses casos escavaban un túnel como o de Romeor.

(Texto extraído dos paneis informativos da ruta)


                                                         EL TÚNEL DE ROMEOR

El túnel de Romeor, también llamado Cova do Penedo o Galería da Antiga es un túnel - acueducto construido en S - I d.c situado en el monte de As Valiñas en Romeor. El túnel tiene unos 60 mts de longitud, 1,5mts de ancho y una altura de 1,80mts y forma parte de un canal que suministró agua a las explotaciones mineras romanas de Torubio, O Broncedo e Os Buracois.
Las explotaciones auríferas de O Courel fueron muy importantes para el Imperio Romano, llegando a producir 13.500 kgs anuales. Los trabajos se realizaban sirviéndose de población de la zona, esclavos, prisioneros de guerra...
Los ingenieros romanos localizaban una superficie en la que la concentración de oro permitiese su explotación, en ese momento era cuando empezaban los trabajos para poner en funcionamiento la mina.

                                                    LA IMPORTANCIA DEL AGUA

Esencial en ese trabajo era la fuerza que podían extraer del agua, para eso buscaban ríos o regatos con caudal necesario y que coincidiera por cota con la zona del monte que querían beneficiar. Una vez localizada la zona adecuada para captar el agua, construían una presa de la que salía un canal. Ese canal, de ancho y longitud variable según el caso, mantenía una pendiente máxima de 0,5% hasta llegar a unos depósitos que estaban encima de la mina. Allí se acumulaban miles de metros cúbicos de agua para llegado el momento enviar un gran volumen de líquido por unas galerías que previamente tenían excavado en la porción del monte a derruir. Estas galerías no tenían salida, por lo que al recibir de golpe el volumen del agua, esta funcionaba como un gran pistón comprimido, lo que provocaba una explosión.
En ocasiones estos canales de transporte de agua tenían que dar un rodeo muy largo para cubrir una distancia que, en línea recta, sería mucho más corta, en esos casos excavaban un túnel como el de Romeor.

(Texto extraído de los paneles informativos de la ruta)

19 ene 2022

Natureza


 NATUREZA

Natureza,
nos meus soños,
tamén no meu pensar.

Natureza, vida.
Natureza, soñar.
Mente, pensar.
Maus, facer.
Corazón, sentir.
Natureza, vida, vidas.

Nos cumes, paz.
Nas árbores, silencio
sen movemento.
Doado non é,
ver cos teus ollos,
tocar co teu corpo
o que á vista está.

 Poema de Urbano Arza Sánchez,
 do seu libro "O Paso no tempo"

14 ene 2022

Montañas do Courel dende o Alto do Boi


 

5 ene 2022

Amence en Vilamor


 Amence en Vilamor mentres no fondo do val en Baldomir,
 aínda hai que esperar para que o sol chegue.

Amanece en Vilamor mientras en el fondo del valle en Baldomir,
todavía hay que esperar para que el sol llegue.

29 dic 2021

Retorno ao Castro de Vilar

 


Vilar é unha das aldeas do Courel que máis visito, teño un vínculo
moi especial con ela e as súas xentes, sempre
tiven boa acolliga e nela pasei momentos especiais.
E como non, unha vez de estar alí sempre me achego ata a zona do castro,
 é un paseo curto e fermoso. Subo ata o cumio
e diviso todo meu arredor, dende o Alto do Boi baixando ata o souto de Vilar,
 á igrexa de Vilamor, sen esquecer o meandro
que forma o río Lor arredor do castro e o carreiro da ruta que leva ata Froxán.


Vilar es una de las aldeas del Courel que más visito, tengo un vínculo
 muy especial con ella y sus gentes, siempre he tenido buena acogida y en ella 
he pasado momentos especiales.
Y como no, una vez de estar allí siempre me acerco hasta la zona del castro,
es un paseo corto y hermoso. Subo hasta la cima y diviso todo a mi alrededor,
desde el Alto do Boi bajando hasta el bosque de Vilar, a la iglesia de Vilamor, sin 
olvidar el meandro que forma el río Lor alrededor del castro y el sendero de la ruta
que lleva hasta Froxán.




23 dic 2021

Bo Nadal


 

20 dic 2021

Acueduto Ponte Arco da Veiga

 


O acueduto Ponte Arco da Veiga pertence a Seceda.
Dista 1km de Lousadela e del atopáronse documentos que datan do ano 1669 
   Está formado por dous arcos semicirculares asimétricos e foi construído en pizarra e esquisto. 
A súa lonxitude e de 20 mts, con unha anchura de 1,50 mts e unha altura duns 8 mts. 
Utilizábase para trasvasar auga para regadío duns prados e tamén facilitaba o paso ás persoas e o gando.
O seu estado de conservación é moi bo.
 Ten acceso por un carreiro sinalizado á beira da carretera que vai de Lousadela dirección Eiriz, ou ben collendo o carreiro que parte da ferreiría de Lousadela dirección Folgoso, todo pola beira do río.

El acueducto Puente arco da Veiga pertenece a Seceda.
Dista 1km de Lousadela y de él se encontraron documentos que datan del año 1669
Está formado por dos arcos semicirculares asimétricos y fue construído en pizarra y esquisto.
Su longitud es de 20 mts, con una anchura de 1,50mts y una altura de unos 8 mts.
Se utilizaba para trasvasar agua para e regadío de unos prados y también facilitaba el paso a las personas y el ganado. Su estado de conservación es muy bueno.
Tiene acceso por un sendero señalizado al lado de la carretera que va de Lousadela dirección Eiriz, o
bien tomando el sendero que parte de la ferrrería de Lousadela dirección Folgoso, todo por la orilla del río.






Parte superior do acueduto.
Parte superior del acueducto.



21 nov 2021

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas


O GARDA NO SOUTO 
O SOUTO E O GARDA

O Souto, o garda e os xeitos de comer as castañas.
Folgoso está rodeado de souto. As distintas partes do souto chamábanse adras. Había seis adras:
Folgueiriñas, A Barxela de Abaixo, A Barxela de Arriba, A Carroza, Entoucadoiro e A Barrosa. Hoxe seguen a conservarse todas menos a de Folgueiriñas.

No souto hai varias castes de castañas, que se diferencian polo tamaño, pola cor, polo sabor e por ser temporá ou serodia.
- a presa, a máis grande e oscura, a madeira do seu castiñeiro é a mellor. É a primeira que cai.
- a vilachá
- a vermella
- a branquiña
- a rapada
- a verdia
- a verdeal

Cando comenzaban a cair as castañas o Concello nombraba un garda. O garda vixiaba os soutos e organizaba a colleita das castañas. O garda cobraba en castañas.

Como vixía percorría todo o souto para que a xente non collera as castañas que non eran súas.
Cando pillaba a algunha persoa apañando nas castañas que non eran as súas, non lle deixaba levalas e , despois, xuntaba ao concello para informalo.

Tódalas mañás, ó romper o día, tocaba o corno para que as persoas saíran a apañar as castañas nos camiños e nos carrozos. Estes eran o dous sitios por onde comezaba a colleita. O motivo era evitar que se perderan ó ser pisadas ou comidas polas persoas e polo animais.

No souto só se empezaba a colleita cando o garda daba a orde. Comezábase naquela adra que el valoraba que tiña máis castañas e continuábase nas restantes. Unha vez que se terminaba de apañar nunha adra, fixaba o día para comezar a apañar na adra lindeira. Durante o castañal, que duraba sobre dous meses, dábanse varias voltas nas adras.

Ó final do castañal, o souto quedaba ceibe para o rebusco. Estaba permitido esquillar en todo o souto e nos sitios que non eran dun. Tamén se permitía ceibar os porcos. Con este procedimento non se deixaba perder nin unha soa castaña. O que non apañaban as persoas aproveitábano os porcos. 
Os porcos que se soltaban nos souto eran os da cría, os que se ían matar para o próximo ano.

As castañas podían consumirse de varios xeitos: crúas, asadas e secas. Antes de estar maduras, tamén se consumían, é o que se chama brugacio. Son as castañas do ourizos verdes. Son moi tenras e aínda teñen a pel branca con pecas marróns ó lado do rabo. Despois de pelalas, cocíanse e comíanse con leite. Un manxar! As mellores castañas para o brugacio son a vilachá, a branquiña e a vermella.

As castañas asadas tomábanse pola mañá e pola noite. Pola mañá cunha copa de augardente. Pola noite cun vaso de viño ou con caldo. Outro manxar: a mestura do caldo coas castañas asadas. 
Había dous aparellos para asar as castañas: o cacho e o tambor. Outro xeito de asalas era no remol do lume. Así asábanas os pastores. Estes tiñan un sistema para que ninguén se pasase comento de máis. No centro do remol, tiñan un tizón con lume na punta e o que comía máis da conta tiña que tocar co dedo no tizón.

Para secar as castañas había a caniceira e o sequeiro. A caniceira é o espazo que está encima da cociña baixa, da lareira. O piso da caniceira está feito de ripias, que son pezas de madeira de castaño de 6 a 7 centímetros de ancho achafranadas na parte inferior. Colócanse separadas un centímetro. Deste xeito podía pasar o fume e o calor e as castañas non caían. Os sequeiros son construcións dedicadas á seca das castañas, poden estar no souto ou no pobo. Ten un baixo máis unha planta. No baixo facíase o lume e na planta colocábanse as castañas. A separación entre o baixo e a planta é unha tarima das mesmas caracteristicas da caniceira.

Unha vez secadas as castañas, písanse e abandóxanse.
Para pisalas, unha parella golpea o saco de castañas sobre un cepo, para que se desprenda a casca da cas taña. Co abandoxo, queda a castaña limpa. Despois vén o escollido: sepárase o picón, as rotas, e as malas das boas. estas últimas resérvanse par as persoas.

As castañas secas comíanse de tres maneiras: á calduda, con leite e como acompañamento da carne e do chourizo.

Á calduda eran as castañas secas cocidas con auga, podíaselle poñer manteiga ou carne de porco. Comíase a todas as horas; como almorzo tomábanse as castañas con caldo da cocción ou con leite.


Fragmento do libro "Entre paso e tempo nas
 terras do Courel onde asubía o vento"
de Urbano Arza Sánchez.

17 nov 2021

Souto de Seceda no outono











SOUTO

Piares envellecidos,
piares renacidos,
regados con doce savia.
Vida, con moitas vidas.
Cores medrando,
estoupando,
mudando,
esmorecendo.
Cores do pasar dos días.
Recendos de primavera,
de vrao,
de outono,
de inverno.
Cheiro a xabreiro.
Vida no castiñeiro,
vida no chan.
Cores, vidas, recendos...
sempre de volta,
sempre de seu.

Urbano Arza Sánchez

2 nov 2021

Día dos defuntos


Aínda que xa non estean con nós, o seu recordo permanecerá sempre.

Aunque ya no estén con nosotros, su recuerdo permanecerá simpre.