25 nov 2014

Devanceiros





Ainda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra
queda ainda quen comprende
canto pode aprender dela
Que non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río, brúa o vento
todo fala ao teu redor
I é preciso que entendas
o que intues no interior
somos parte desta terra
porque terra somos nós
Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confins da terra
Somos como as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas neboas
dos confíns da terra
Somos coma o lume
que da luz nas tebras
i esperta as concencias
dos confins da terra
"Luar na Lubre"













Con todo o meu agarimo e respeto a Antonio de Montero
 quen amablemente permitiu que lle fixese estas fotos. 
Con ilusión compártoas e con ilusión espero 
o día que nos volvamos a ver na aldea de Vilamor. 
Grazas Antonio ata sempre.

Con todo mi cariño y respeto a Antonio de Montero
quien amablemente permitió que le hiciese estas fotos.
Con ilusión las comparto y con ilusión espero
al día en que nos volvamos a ver en la aldea de Vilamor.
Grazas Antonio ata sempre.


0 comentarios:

Publicar un comentario