15 feb 2026
O tempo pasa, e as xentes deste mundo vano deixando
Corría o ano 2010 cando estiven por primeira vez en Visuña,
era primavera e ía un fermoso día de sol.
Aquel lugar pareceume tranquilo e máxico para vivir, tanto que Visuña é unha
das miñas aldeas do Courel favoritas.
Atópase nun val e na ladeira dun souto de castiñeiros rodeado por montañas,
ten ríos, prados, muíños, as casas algunha con unha arquitectura preciosa, (algunhas xa caeron) agrupadas en barrios e varias construidas a partires da rocha.
Ese primeiro día vin a Pepe cando pasei a carón da súa casa
pero soamente nos saudamos.
Na miña primeira viaxe non souben que facía paxes con madeira, pero si
na segunda, e amosoume onde os facía e tiven ocasión de mercar un par de pezas
que conservo con agarimo. Ese día trouxen alguha foto conmigo que hoxe con
todo o meu respeto e agarimo deixo aquí para que non quede no esquecemento.
Grazas pola túa labor, e polas conversas Pepe de Visuña, descansa en paz.
Corría el año 2010 cuando estuve por primera vez en Visuña,
era primavera y hacía un hermoso día de sol.
Aquel lugar me pareció tranquilo y mágico para vivir, tanto que Visuña es una
de mis aldeas favoritas del Courel.
Se encuentra en un valle y en la ladera de un bosque de castaños rodeado por montañas,
tiene ríos, prados, molinos, las casas alguna con una arquitectura preciosa, (alguna ya se ha caído)
agrupadas en barrios y varias construidas a partir de la roca.
Ese primer día vi a Pepe cuando pasé al lado de su casa
pero solamente nos saludamos.
En mi primer viaje no supe que hacía cestos con madera, pero si en la segunda,
y me mostró donde los hacía y tuve la ocasión de comprar un par de piezas
que conservo con cariño. Ese día traje alguna foto conmigo que hoy con todo mi
respeto y cariño dejo aquí par que no quede en el olvido.
Gracias por tu labor, y por las charlas Pepe de Visuña, descansa en paz.
Publicado por
Gelis López
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


0 comentarios:
Publicar un comentario