28 oct 2013

Entre musgos


No transcurso da ruta do río Pequeno, dende Seoane do Courel cara a Paderne.

En el transcurso de la ruta del río Pequeno desde Seoane do Courel hacia Paderne.

25 oct 2013

O outono é unha segunda primavera na que cada folla é unha flor


Hoxe en día a gastronomía ao redor da castaña é cada vez máis extensa, máis en tempos dos nosos devanceiros limitábase a unhas cantas receitas como castañas cocidas, asadas, zonchos, caldo de castañas, cocido con castañas e pouco máis. 
Para que todos estes deliciosos pratos e outros puidesen/poidan prepararse, antes debían/han de recollerse os saborosos froitos, moitas veces en soutos con difícil acceso debido ás fortes pendentes, baixo a choiva pois chegan co outono e logo transportalos soutos arriba en pesados sacos ata chegar a algún secadeiro próximo ou a casa, alí segundo a súa utilidade procederíase á súa selección en función do seu posterior destino. 
As mellores e máis grandes veranse en supermercados e as de inferior calidade quedarán para consumo propio. Bosque de Miraz de abaixo no outono.

Hoy en día la gastronomía alrededor de la castaña es cada vez más extensa, más en tiempos de nuestros ancestros se limitaba a unas cuantas recetas como castañas cocidas, asadas, zonchos, caldo de castañas, cocido con castañas y poco más.
Para que todos estos deliciosos platos y otros pudieran/puedan prepararse, antes debían/han de recogerse los sabrosos frutos, muchas veces en bosques con difícil acceso debido a las fuertes pendientes, bajo la lluvia pues llegan con el otoño y luego transportarlos bosque arriba en pesados sacos hasta llegar a algún secadero cercano o a casa, allí según su utilidad se procedería a su selección en función de su posterior destino.
Las mejores y más grandes se verán en supermercados y las de inferior calidad se quedarán para consumo propio.
Bosque de Miraz de abajo en otoño.


24 oct 2013

Os cerrumes


Sempre chamou a miña atención a separación das terras, esas delimitacións * Cerrumes, feitas con pedras apiladas unhas sobre outras formando pequenos muros. A súa función non é outra que separar as propiedades facilitando as tarefas dos labregos e pastores evitando así que o gando escape da leira causando danos. "Os Cerrumes" nome que traducido ao castelán viría ser algo así como muralla, ten moitas variantes no  Courel.

Siempre me ha llamado la atención la separación de las tierras, esas delimitaciones *Cerrumes, hechas con piedras apiladas unas sobre otras formando pequeños muros.
Su función no es otra que separar las propiedades facilitando las tareas de los labriegos y pastores evitando así que el ganado se escape de la finca causando daños.
"Os Cerrumes" nombre que traducido al castellano vendría a ser algo así como
 muralla tiene muchas variantes en O Courel.



23 oct 2013

Ás portas do gran souto


Devesa de Paderne no outono dende o Taro Branco

Devesa de Paderne en otoño desde el Taro Branco.

10 sept 2013

Roupa tendida


30 ago 2013

A Seara


Vista dende o adro da igrexa da Seara.

Vista desde el atrio de la iglesia de A Seara.

7 jun 2013

A rapaza e as flores


Localización: Seceda


6 may 2013

No tempo da sega


19 abr 2013

Chegando á meta


Localización:Seceda

29 mar 2013

Malva tournefortiana L


27 mar 2013

Dianthus hyssopifolius L


26 mar 2013

Verbena officinalis L


Localización: Seoane


10 mar 2013

Historias de cans


" Non collas as castañas de Anita" No Courel hai moito de tantas cousas...... 
unha delas son os cans que nos dan a benvida nada máis chegar, chéirannos mírannos e volven por onde viñeron. Cáusame sorpresa porque non son como os cans aos que estamos afeitos, alí non se ladra porque si. Este guapetón de arriba atopeimo en "Parada" nun dos soutos máis fermosos do Courel, tróuxeno comigo porque iso axudarame a lembrar e non esquecer que por moitos castiñeiros que haxa en toda a contorna que son moitosss e por moitas as castañas que haxa no chan estes teñen dono. Así que cando vexades un castiñeiro cunha letra pintada de cor vermella, azul, amarelo.... quere dicir que son de alguén e que ese alguén recollerá os froitos para posteriormente vendelos.

"No cojas las castañas de Anita"
En Courel hay mucho de tantas cosas......
una de ellas son los perros que nos dan la bienvenida nada más llegar, nos huelen nos miran y vuelven por donde han venido.
Me causa sorpresa porque no son como los perros a los que estamos acostumbrados, allí no se ladra porque si.
Este guapetón de arriba me lo topé en "Parada" en uno de los sotos más bellos de Courel, lo he traído conmigo porque ello me ayudará a recordar y no olvidar que por muchos castaños que haya en todo el contorno que son muchossss y por muchas las castañas que haya en el suelo estos tienen dueño.
Así que cuando veais un castaño con una letra pintada de color rojo, azul, amarillo.... quiere decir que son de alguien y que ese alguien recogerá los frutos para posteriormente venderlos.


" Famento en Lousadela" 
Gardaba unha casa, a única de Lousadela, si a única casa nunha aldea, queimada e deshabitada. Que faría un can só alí? 
Cando pasei ao seu lado non lle fixen moito caso, a miña intención era fotografar a ponte da Veiga, pero ao volver a súa mirada chamoume a atención, parecía triste e achegueime, tanto que cando decidín regresar viña comigo. Non sei os días que pasarían dende que este animal comese por última vez porque todo o que me quedaba de comida que non era pouco comeullo e máis que tivese. 
Son larpeiros os cans??

"Hambriento en Lousadela"
Guardaba una casa, la única de Lousadela, si la única casa en una aldea, quemada y deshabitada.
Qué haría un perro solo allí?
Cuando pasé a su lado no le hice mucho caso, mi intención era fotografíar el puente de A Veiga, pero al volver su mirada me llamó la atención, parecía triste y me acerqué, tanto que cuando decidí regresar se venía conmigo. No sé los días que habrían pasado desde que este animal comiera por última vez porque todo lo que me quedaba de comida que no era poco se lo comió y más que tuviera.
Son golosos los perros??


" Pequeniño pero matón" 
Atopábame camiñando polas rúas da aldea de " Eiriz" en busca de algo interesante que fotografar cando se fixo sentir. Ao fondo dunha estreitísima rúa que non chegaba a medir un metro de ancho un cachorro diminuto dicíame aquí estou non me ves? ven a saudarme...

"Pequeñito pero matón"
Me encontraba caminando entre las callejuelas por la aldea de "Eiriz" en busca de algo interesante que fotografiar cuando se hizo sentir. Al fondo de un estrechísimo callejón que no llegaba a medir un metro de ancho un perrito diminuto me decía aquí estoy no me ves? ven a saludarme...


"O can dun veciño de Cortes" 
Amencía unha fría mañá en "Cortes" onde vive o único habitante desta aldea. Este é o seu can, xuntos saíron a recibirnos, botamos unha boa parrafada, algo que as xentes do lugar parece agradecen pois son moitas as horas de soidade ao longo do frío inverno, e xa de regreso ao interior do fogar, a ruta continuaba.

"El perro de un vecino de Cortes"
Amanecía una fria mañana en "Cortes" donde vive el único habítante de esta aldea.
Este es su perro, juntos salieron a recibirnos, echamos una buena  parrafada, algo que las gentes del lugar parece agradecen pues son muchas las horas de soledad a lo largo del frío invierno, y ya de regreso al interior del hogar, la ruta continuaba.

28 dic 2012

"O home en tránsito"


"O home en tránsito" ... leva este nome a escultura de metal que colga sobre o río Louzara. 
Colocouse aquí como unha homenaxe ao poeta Fiz Vergara nado nestas terras. 

"El hombre en tránsito" .... recibe este nombre la escultura de metal que cuelga sobre el río Louzara. Ha sido colocada aquí como homenaje al poeta Fiz Vergara nacido en estas tierras.

27 dic 2012

De ruta por Visuña


Alá onde vaias verás fervenzas baixar polas ladeiras das montañas....

Allá donde vayas verás cascadas bajar por las laderas de las montañas....

21 dic 2012

Bo nadal e venturoso 2013


Vista da devesa de Paderne dende Meiraos

18 dic 2012

Castro Portela dende o miradoiro da " Pena do teso grande"

A aldea de Castro Portela pertencente á parroquia
 de Vilarmor esténdese sobre o que antigamente foi un castro.
 Aos seus pés discorre o río Lor.
 La aldea de Castro Portela perteneciente a la parroquia
 de Vilarmor se extiende sobre lo que antiguamente fue un castro.
A sus pies discurre el río Lor.

6 dic 2012

Luces e sombras ao amencer



29 nov 2012

As formas do frío



Alá polo ano 2007 a mediados do mes de novembro
 no  Courel, aparecía todo aquilo que estaba a nivel de chan do
 mesmo modo que estas follas. 

Allá por el año 2007 a mediados del mes de noviembre
en  O Courel, aparecía todo aquello que estaba a ras de suelo del
mismo modo que estas hojas.

Sta María de Meiraos



Sta María de Meiraos dende o Taro Branco vese minúscula entre a multitude de castiñeiros. 
Recollida entre montañas, non se atopa na aldea do mesmo nome se non apartada.
Está situada nun promontorio á beira da estrada que leva de Seoane a Paderne. 
É a igrexa máis grande da Serra do Courel e ten dous brasóns heráldicos.

Sta María de Meiraos desde el Taro Branco se ve minúscula entre la multitud de castaños. 
Recogida entre montañas, no se encuentra en la aldea del mismo nombre si no apartada.
Está situada en un promontorio al lado de la carretera que lleva de Seoane a Paderne.
Es la iglesia más grande de la Sierra de O Courel y tiene dos blasones heráldicos.









23 nov 2012

A lareira de Xan de Vilar




22 nov 2012

Probando as uvas pasas


Esta foto non a fixen eu, pero non por iso é menos importante. 
Quero facerlle un oco eiqui porque é o recordo dunha estupenda fin de semana. 
Xan de Vilar abriu as portas da súa casa e convidounos a estar na súa lareira. 
Probamos as uvas pasas afumadas, e poidemos retroceder no tempo, mágoa non poder quedarnos máis. Grazas a Carlos Carballeira pola foto e a Xan pola agradable acollida.


Esta foto no la he hecho yo, pero no por ello es menos importante.
Quiero hacerle un huequecito porque es el recuerdo de un estupendo fin de semana.
Juan de Vilar abrió las puertas de su casa y nos invitó a estar en su lareira.
Probamos las uvas pasas ahumadas, y pudimos retroceder en el tiempo,
 lástima no haber podido quedarnos más.
Gracias a Carlos Carballeira por la foto y a Juan por la agradable
acogida.


15 nov 2012

Ao amparo doutros



Neste vello tronco naceron estes pequenos cogomelos...

En este viejo tronco nacieron estas pequeñas setas...


14 nov 2012

O outono da os seus froitos no Courel


Coa chegada do outono
 chegan tamén os preciados froitos dos milleiros de castiñeiros
 que hai repartidos polo Courel.

Con la llegada del otoño
llegan también los preciados frutos de los miles de castaños
que hay repartidos por el Caurel.

Devesa da Rogueira dende Moreda



9 nov 2012

Sombras na neve


E coa chegada do frío caen as primeiras neves..
Dedícocha a ti, a única persoa con quen a compartín hai algún tempo,
e porque sei que che gustou.

Y con la llegada del frío caen las primeras nieves..
 Te la dedico a ti, la única persona con quien la he compartido hace algún tiempo,
 y porque sé que le ha gustado.


1 oct 2012

Deixando a bruma atrás



Sabemos que o outono é unha estación especial no Courel, 
pero non sempre está no seu punto cando chegamos. 
Horas de camiño dende a casa ata alí, ás 18:30 comenza a escurecer
 e moitas veces atópase un con choiva e con que as cores douradas que
 esperabamos nin sequera asomaron. 
Se te atopas con estes factores non te desanimes, quizais o ano próximo
 sexa máis favorable. 
A aldea do fondo chámase Trabazas.

Sabemos que el otoño es una estación especial en el Caurel,
 pero no siempre está en su punto cuando llegamos.
Horas de camino desde casa hasta allí,
a las 18:30 se baja el telón de luz y
muchas veces se encuentra uno con lluvia y con que
los colores dorados que esperabamos no se han ni siquiera asomado.
Si te encuentras con estos factores no te desanimes, quizás
el año próximo sea más favorable.
La aldea del fondo se llama Trabazas.



30 sept 2012

Fervenza de Vieiros


A auga da fervenza de Vieiros baixaba con tanta forza
 que se dispersaba en minúsculas gotiñas 
mollando o equipo e a todo aquel que se achegase 
para fotografala ou simplemente vela.

El agua de la cascada de Vieiros bajaba con tanta fuerza
que se dispersaba en minúsculas gotitas
mojando el equipo y a todo aquel que se acercase
 para fotografiarla o simplemente verla.



27 sept 2012

De camiño á fervenza de Vieiros


Preto da aldea de Vieiros discorre o río Selmo
 por un das paisaxes máis impresionantes da Serra do Courel. 
Dise que nun tramo dun quilómetro sálvase un desnivel duns
 150 metros e poden verse varias fervenzas. 
A máis vistosa esta  cuns 20 metros de altura.

Cerca de la aldea de Vieiros discurre el río Selmo
por uno de los paisajes más impresionantes de la Sierra de O Courel.
Se dice que en un tramo de un kilómetro se salva un desnivel de unos
150 metros y pueden verse varias cascadas.
 La más vistosa esta con unos 20 metros de altura.

Porta con adorno floral en Vilar


Vaias onde vaias hai portas que che sorprenden.... 
Hainas vermellas, azuis, cun buraco na parte baixa para que 
entren os gatos, con cruces, pintadas con murais... 
e outras como esta teñen un ramallete de flores secas detalle de Xan de Vilar.

Vayas donde vayas hay puertas que te sorprenden....
Las hay rojas, azules, con un agujero en la parte baja para que
entren los gatos, con cruces, pintadas con murales...
y otras como esta tienen un ramillete de flores secas detalle de Juan de Vilar.

18 sept 2012

Ao acubillo do castiñeiro


É triste chegar a unha paraxe chea de castiñeiros centenarios
 e toparse cun espantallo abandonado como este, 
é que non había un lugar adecuado onde depositalo??

Es triste llegar a un paraje lleno de castaños centenarios
y toparse con un adefesio abandonado como este, 
es que no había un lugar adecuado donde depositarlo??

5 sept 2012

Xanela en Paderne


Paderne ten un balcón natural que dá a unha das montañas máis bonitas da serra do Courel, 
motivo suficiente para facer unha parada alí, queda e compróbao.

Paderne tiene un balcón natural que da a una de las montañas más bonitas de la sierra de O Courel,
motivo suficiente para hacer una parada allí, quédate y compruébalo.





22 ago 2012

Benvidos a Seceda


A parroquia de Seceda é unha das localidades do Courel que mellor conserva a súa arquitectura, 
iso é debido ao minucioso proceso de restauración á que foi sometida. 
De aquí tamén parten numerosas rutas de interese, as cales transcorren
 por camiños tradicionais levando ao camiñante a paraxes de importancia paisaxistica e etnográfica. Rutas dende Seceda: 
- Ruta do camiño Tras da Cova
 - Ruta dos muíños 
- Ruta da Pena das Anduriñas 
- Ruta do Castro da Torre 
- Ruta do Pontón do Inferno


La parroquia de Seceda es una de las localidades de O Courel que mejor conserva su arquitectura,
 ello es debido al minucioso proceso de restauración a la que ha sido sometida.
De aquí también parten numerosas rutas de interés, las cuales transcurren
 por caminos tradicionales llevando al caminante a parajes de importancia paisajistica y etnográfica.
Rutas desde Seceda:
- Ruta del camino Tras da Cova
- Ruta de los molinos
- Ruta de A Pena das Anduriñas
- Ruta del Castro da Torre
- Ruta de O Pontón do Inferno

26 jun 2012

Ás de nácar


A primavera no Courel sorprende coas súas inflorescencias alá por onde se pase. 
É imposible non deter o coche na mesma estrada para facer fotos, pois os bordes das mesmas recíbennos con frores de todas as cores así como as súas preciosas bolboretas que revolotean sen parar. Localización: Taro Branco.

La primavera en O Courel sorprende con sus inflorescencias allá por donde se pase.
Es imposible no detener el cocheen la misma carretera para hacer fotos, pues los bordes
 de las mismas nos reciben con flores de todos los colores así como sus preciosas
 mariposas que revolotean sin parar.
Localización: Taro Branco.