13 dic 2015

XVII Festa da Pisa da Castaña en Froxán


Amence un frío e soleado día en Froxán para disfrutar dunha arte e unha tradición que vén de antigo, da riqueza dun lugar ..."A festa da Pisa" Cada ano no mes de decembro a "Asociación Fonte do Milagro" organiza con moito esmero esta festa para lembrar como se elabora a castaña seca.

Amanece un frío y soleado día en Froxán para disfrutar de un arte y
 una tradición que viene de antiguo, de la riqueza de un lugar ..."La fiesta de la pisa"
Cada año en el mes de diciembre la "Asociación Fonte do Milagro" organiza con mucho esmero
esta fiesta para recordar como se elabora la castaña seca.


O sequeiro acéndese na súa planta baixa o día da festa para que os visitantes poidan comprobar como se realiza o proceso de secado da castaña.

El sequeiro se enciende en su planta baja el día de la fiesta para que los visitantes puedan comprobar como se realiza el proceso de secado de la castaña.


Diante do mesmo "O Cepo" un tronco de madeira forrado de pel agarda a que os "Pisadores" golpeen contra él as castañas.

Delante del mismo "El Cepo" un tronco de madera forrado de piel aguarda a que los "Pisadores" golpeen contra él las castañas.

 

As canastras, fermosas pezas de artesanía tamén están preparadas para recibir o produto resultante de bater as castañas contra o Cepo.

Los canastos hermosas piezas de artesanía también están preparados para recibir  el producto resultante de batir las castañas contra el Cepo.


O piso superior do sequeiro está cheo de castañas xa secas, ás que se lles sacou xa a humidade. O proceso de secado dura uns 20 días expoñéndoas á calor do lume. A conta atrás comezou.

El piso superior del sequeiro está lleno de castañas ya secas, a las que se les ha sacado ya la humedad.
El proceso de secado dura unos 20 días exponiéndolas al calor del fuego.La cuenta atrás ha comenzado. 


Mentres tanto moitos artesáns colocan os seus postos con produtos para ser ofrecidos ao visitante. Castañas en conserva, torta de castaña, zumes de froitos silvestres, mel, marmeladas, produtos cárnicos, noces, licores .....

Mientras tanto muchos artesanos colocan sus puestos con productos para ser ofrecidos al visitante.
Castañas en conserva tarta de castaña, zumos de frutos silvestres, miel, mermeladas, productos cárnicos, nueces, licores .....



Artesáns da madeira, coiro, cestería, calzado....

Artesanos de la madera, cuero, cestería, calzado...


Estamos no Courel os cans son protagonistas.

Estamos en O Courel los perros son protagonistas.


Ataviados coas súas típicas camisas de franela a cadros e os seus panos de catro nós na cabeza, os pisadores da castaña dan comezo.

Ataviados con sus típicas camisas de franela a cuadros y sus pañuelos de cuatro nudos en la cabeza, el pisado de la castaña da comienzo.


A multitude apíñase ao redor para ver como é o proceso.

La multitud se agolpa alrededor para ver como es el proceso. 


Este ano tiveron como pregoeiro da festa a Xosé Antonio Touriñán coñecido humorista da TVG

Este año han tenido como pregonero de la fiesta a José Antonio Touriñán conocido humorista de la TVG

Nada máis chegar xa era un máis.

Nada más llegar ya era uno más.


O coiro cóbreno con viño.

El cuero lo cubren con vino.



Descascadas as castañas Touriñán fixo pasar bos e simpáticos momentos á multitudinaria asistencia.

Descascadas las castañas Touriñán hizo pasar buenos y simpático momentos a la multitudinaria asistencia.





As castañas están no seu punto para acompañar ao "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chourizo e touciño entrefebrado.

Las castañas están en su punto para acompañar al "Xantar do Pisador", menú típico a base de castañas chorizo y panceta.

A festa continúa con boa música.

La fiesta continúa con buena música.


Agradecemento á Asociación Fonte do Milagro e a todas as persoas que fixeron posible un ano máis "A festa de pisa"

Agradecimiento a la Asociación Fonte do Milagro y a todas las personas que han hecho posible un año más "La fiesta de la pisa"


10 dic 2015

Ruta Ferreirós de abaixo - Ferreirós de arriba



A Ruta Ferreirós de abaixo - Ferreirós de arriba ten o seu inicio á beira da casa de comidas O Pontón, seguindo unha pista ascendente pola marxe esquerda do rego de Penaboa.

La Ruta Ferreirós de abajo - Ferreirós de arriba tiene su inicio al lado del bar O Pontón, siguiendo una pista ascendente por la margen izquierda del río Penaboa. 


A pista inicia o seu ascenso e pronto comezaremos a ver o río con outra perspectiva.

La pista inicia su ascenso y pronto comenzaremos a ver el río con otra perspectiva.


O traxecto discorre entre bosques de castiñeiros, loureiros, carballos etc

El trayecto discurre entre bosques de castaños, laureles, robles etc


A medida que imos ascendendo se miramos atrás teremos unhas bonitas vistas do Castro da Torre e as montañas que o rodean.

A medida que vamos ascendiendo si miramos atrás tendremos unas bonitas vistas del Castro da Torre y las montañas que lo rodean.


Estas poucas casas e dúas ou tres máis conforman o pobo de Ferreirós de abaixo.

Estas pocas casas y dos o tres más conforman el pueblo de Ferreirós de abajo.


Os castiñeiros sorprenden coas súas formas retortas.

Los castaños sorprenden con sus formas retorcidas.

A ruta vai transcorrendo entre montañas, bosques e prados...

La ruta va transcurriendo entre montañas, bosques y prados....


ata que divisamos a aldea de Ferreirós de Arriba rodeada dun fermoso souto de castiñeiros.

hasta que divisamos la aldea Ferreirós de Arriba rodeada de un hermoso soto de castaños.


Pasada a aldea atopámonos con esta pequena fervenza formada polo rego Penaboa,e a planta eléctrica que abastecía de luz aos veciños da aldea cando se achegaba a noite.

Pasado la aldea nos encontramos con esta pequeña cascada formada por el río Penaboa y la planta eléctrica que abastecía de luz a los vecinos de la aldea cuando se acercaba la noche.


Pódese regresar sobre os nosos pasos a pé ou facer a ruta circular a pé por estrada, esta última levaranos máis tempo.

Se puede regresar sobre nuestros pasos a pie o hacer la ruta circular a pie por carretera,esta última nos llevará más tiempo.


8 dic 2015

De Salcedo a Vilamor pasando por O Carballal


De Salcedo a Vilamor pasando por O Carballal, unha nova, descoñecida e moi pouco transitada estrada lévanos a O Courel. Atrás deixamos espesos soutos de piñeiros para uns quilómetros máis adiante comezar a ver as montañas, monte baixo e algúns bidueiros que no outono se volven rechamantes pola súa cor amarela. Despois de avanzar uns quilómetros chegamos á aldea de O  Carballal situada nunha soleada ladeira. Como todas as aldeas no Courel a pouca distancia das casas divísase un fermoso souto de castiñeiros.

De Salcedo a Vilamor pasando por O Carballal, una nueva, desconocida y muy poco transitada carretera nos lleva a O Courel.
Atrás dejamos espesos bosques de pinos para unos kilómetros más adelante comenzar
a ver las montañas, monte bajo y algunos abedules que en otoño se vuelven
llamativos por su color amarillo. Después de avanzar unos kilómetros llegamos a la aldea de O Carballal situada en una soleada ladera. Como todas las aldeas en O Courel a poca distancia de las casas se divisa un hermoso bosque de castaños.









30 nov 2015

Devesa de Paderne


Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... 
Terra brava de lobos e aguias; terra outa de fragas e devesas.
Ánxel Fole




26 nov 2015

Faial de Fonteformosa


Próximo á aldea de Fonteformosa atópase un dos soutos de faias máis destacables de Galicia, o de Fonteformosa. A este tipo de soutos gústalles as zonas húmidas e con orientación ao norte. Entre mesturados poden verse algúns serbales, acivros, carballos... Próximas a este souto están as devesas de Riocereixa e O faro.

Cercano a la aldea de Fonteformosa se encuentra uno de los bosques de hayas más destacables de Galicia, el de Fonteformosa. A este tipo de bosques le gusta las zonas húmedas y con orientación al norte.Entre mezclados pueden verse algunos serbales, acebos, robles...Cercanas a este bosque están las devesas de Riocereixa y O faro.

18 nov 2015

Souto de Vilar
























11 nov 2015

Mina romana da Toca


 

8 nov 2015

Castro de Vilar

 


Atravesando a pé a aldea de Vilar, chegamos ata o souto de castiñeiros,
 seguindo o sendeiro sen desviarnos, pasaremos ao carón da ermida de San Roque.
 Deixando esta atrás e camiñando uns pasos máis estaremos no Castro de Vilar.
Un percorrido curto e fermoso.
Á vista e perfectamente conservados tramos de murallas defensivas

Atravesando a pie la adea de Vilar, llegamos hasta el bosque de castaños,
siguiendo el sendero sin desviarnos, pasaremos al lado de la ermita de San Roque.
Dejando esta atrás y caminando unos pasos más estaremos en el Castro de Vilar.
Un recorrido corto y hermoso.
A la vista y perfectamente conservados tramos de murallas defensivas.

2 nov 2015

Alvariza no Val do Lóuzara


Construídas para preservar as colmeas dos osos, estas construcións ovais e ás veces redondeadas vense salpicadas polas ladeiras das montañas do Courel.

Construidas para preservar las colmenas de los osos, estas construcciones ovales y a veces redondeadas se ven salpicadas por las laderas de las montañas de O Courel.