29 de marzo de 2011

El corazón de un pueblo


Fálase polo Caurel un galego que non se pode confundir co galego das comarcas veciñas, por ter moitas verbas e xeitos propios. Por unha parte, é moi enxebre, espallado de lediciosos arcaísmos; por outra, barbarizado de abondo. O acento é nasal e xordo, moi doce e grave.

Os nenos chámanse ninos, os mandiles cinguideiros, unha corda un liame. Outras falas son comús ás linderas comarcas do Incio e de Quiroga... Esfragarse é derrubarse, caírse por un derrubadoiro. Derramar val tanto como apedrar, botar a perder. A cepa ou poda chámase demouca. Escoitade a un petrucio: Por eiquí hai moitas fragas grandismas... O Pepe esfragouse cando estaba demoucando un carballo... Fórono atopar ó fondo do río... 

Tamén se emprega coma, e non como. Encol disto diremos que se acha eiquí, coma na terra do Incio e na de Quiroga, unha i en moitas verbas, que non sei se chamarlle eufónica, e que non hai noutras comarcas. 

Dise forcia, aldeia, creio, ondia, partia dos cochos... en canto ós verbos, as primeiras persoas dalgús pretéritos e futuros rematan en in. Asín, fuin, cantein, agardarein; e non fun, cantei, agardarei. E formas chás en vez de esdrúxulas coma fosemos, por fósemos. Tamén se di puña e non poñía. Ouservei que moitos din qui é ou qui era, por non decir que é, que era.

Cáseque sempre óucese decir us, mais non unhos, outro i autro, sexa e seña, cimo e cumial, cantare ou cantar, fitar ou ollar, voltar ou volver, lembrar ou recordar, etc.

Texto extraído del libro A lus do candil de Ánxel Fole

0 comentarios:

Publicar un comentario