Os nenos chámanse ninos, os mandiles cinguideiros, unha corda un liame. Outras falas son comús ás linderas comarcas do Incio e de Quiroga... Esfragarse é derrubarse, caírse por un derrubadoiro. Derramar val tanto como apedrar, botar a perder. A cepa ou poda chámase demouca. Escoitade a un petrucio: Por eiquí hai moitas fragas grandismas... O Pepe esfragouse cando estaba demoucando un carballo... Fórono atopar ó fondo do río...
Tamén se emprega coma, e non como. Encol disto diremos que se acha eiquí, coma na terra do Incio e na de Quiroga, unha i en moitas verbas, que non sei se chamarlle eufónica, e que non hai noutras comarcas.
Cáseque sempre óucese decir us, mais non unhos, outro i autro, sexa e seña, cimo e cumial, cantare ou cantar, fitar ou ollar, voltar ou volver, lembrar ou recordar, etc.
0 comentarios:
Publicar un comentario