7 dic 2014

Festa da "Pisa" en Froxán 2014



Hoxe 7 de decembro de 2014 festa grande en Froxán. 
Celebración da XVI edición da Festa de Pisa.

Hoy 7 de diciembre de 2014 fiesta grande en Froxán.
Celebración de la XVI edición de la Fiesta de la Pisa.


Nesta festa demóstrase aos moitos visitantes o labor de secado e " abandoxado" da castaña antes de ser almacenada para toda a tempada. Antigamente este proceso era algo cotián e natural, hoxe en día lémbrase mediante unha festa para non perder a tradición pois son as máquinas as que sustituiron a man do home no proceso da elaboración da castaña seca.

En esta fiesta se demuestra a los muchos visitantes la labor de secado y " abandoxado" de la castaña antes de ser almacenada para toda la temporada.Antiguamente este proceso era algo cotidiano y natural, hoy en día se recuerda mediante una fiesta para no perderla tradición pues son las máquinas las que han substituido la mano del hombre en el proceso de elaboración de la castaña seca.


Pero a historia comeza nos bosques, soutos como os chamamos aquí. A recollida dos froitos segue facéndose da mesma maneira que en tempos ancestrais, unha laboriosa tarefa a man, moitas veces salvando fortes pendentes.

Pero la historia comienza en los bosques, soutos como los llamamos aquí.La recogida de los frutos sigue haciéndose de la misma manera que en tiempos ancestrales, una laboriosa tarea a mano, muchas veces salvando fuertes pendientes.
 .

Despois de recollidas lévanse aos "Sequeiros" unhas construcións similares ás casas da contorna. Alí é onde se secan as castañas. Na parte baixa dos mesmos acéndese lume, ten que ser constante ata finalizar o proceso de secado.

Después de recogidas se llevan a los "Sequeiros" unas construcciones similares a las casas del entorno. Allí es donde se secan las castañas. En la parte baja de los mismos se enciende fuego que ha de ser constante hasta finalizar el proceso de secado.


Na parte superior colócanse estendidas as castañas para que se sequen coa calor producida polo lume. Para removelas úsase o rodo de madeira (na foto) O chan do piso que aloxa as castañas está feito de táboas lisas na parte que están en contacto coas castañas e por abaixo ten forma de cuña para que pase o aire quente e o fume.

 En la parte superior se colocan extendidas las castañas para que se sequen con el calor producido por el fuego. Para removerlas se usa el rodo de madera (en la foto) El suelo del piso que aloja las castañas está hecho de tablas lisas en la parte que están en contacto con las castañas  y por abajo tiene forma de cuña para que pase el aire caliente y el humo.


Secas as castañas comézase o proceso para eliminar as cascas. Para iso dentro dunha especie de saco colócanse as mesmas e suxeitando polos extremos entre dúas persoas golpease con forza sobre un tronco forrado de pel.

Secas las castañas se comienza el proceso para eliminar las cáscaras.Para ello dentro de una especie de saco se colocan las mismas y sujetando por los extremos entre dos personas se golpea con fuerza sobre un tronco forrado de piel.




Finalizada a tarefa da Pisa deposítanse nun paxe...

Finalizada la tarea de la pisa se depositan estas en un cesto....


eiaquí comeza outra labor, a do " abandoxado", que consiste en eliminar a materia prima da casca, chamada esta última " Puxa". Para iso sacódese unha cantidade desta mestura ata conseguir separar o material que nos interesa dos desfeitos.

y aquí comienza otra labor, la del "abandoxado", que consiste en eliminar la materia prima de la cáscara, llamada esta última "Puxa".Para ello se sacude una cantidad de esta mezcla hasta conseguir separar el material que nos interesa de los deshechos. 


Para esta labor utilizan un aparello chamado "Bandoxo"

Para ello utilizan una herramienta llamada "Bandoxo".


Xan de Vilar perfecto coñecedor amosa como se utiliza.

Juan de Vilar perfecto conocedor demuestra como es utilizado.


É todo un arte sacudir o contido sen tirar o que realmente é importante.

Todo un arte sacudir el contenido sin tirar lo que realmente es importante.





Finalizado o abandoxado as castañas deposítanse en sacos e almacenanse para ser utilizadas durante todo o ano.

Finalizado el abandoxado las castañas se depositan en sacos y se almacenan para ser utilizadas durante todo el año.


Como toda festa que se prece en Galicia non pode faltar a comida e que mellor para non ter frío que "un xantar de pisador" castañas cocidas acompañadas de produtos derivados do porco ou xabaril tan propio desas terras, ademais dunha rica sobremesa a base de castañas.

Como toda fiesta que se precie en Galicia no puede faltar la comida y que mejor para no tener frío que "un xantar de pisador" castañas cocidas acompañadas de productos derivados del cerdo o jabalí tan propio de esas tierras, además de un rico postre a base de castañas.


Grazas á "Asociación Fonte do Milagro" por recrear esta antiga tradición.

Gracias a la "Asociación Fonte do Milagro" por recrear esta antigua tradición.

1 comentarios:

Que bien explicado y documentado gráficamente Gelis! Después de ver esta entrada del blog, tengo la sensación de haber estado en la fiesta! :-)
 

Publicar un comentario