10 may. 2018

Lagoa glaciar da Lucenza


A lagoa glaciar da Lucenza de máis de 16.000 anos de antigüidade, 
atópase nunha das paraxes máis belas da Serra do Courel.

La laguna glaciar de la Lucenza de más de 16.000 años de antigüedad,
 se encuentra en uno de los parajes más bellos de la Sierra de O Courel. 

Para chegar ata ela, unha das rutas con máis encanto é a que se inicia 
na aldea da Seara. A aldea e a lagoa distan uns 2.800 mts, 
situándose esta última a uns 1.400 mts de altitude. A ruta salva unha forte
 pendente que compre mencionar aínda que os últimos 200 mts camíñase sobre chairo.

Para llegar hasta ella, una de las rutas con más encanto es la que se inicia
 en la aldea de A Seara. La aldea y la laguna distan unos 2.800 mts,
 situándose esta última a unos 1.400 mts de altitud. La ruta salva una fuerte pendiente
 que compre mencionar aunque los últimos 200 mts se camina sobre llano.


Ao paso disfrútase de fermosos prados, a fervenza do Fócaro, 
o arroio de Porto Mourelos atravesado por unha ponte de madeira, 
sen esquecer ás nosas costas unha das fervenzas con máis altura da serra, 
a fervenza de Navaregas.

Al paso se disfruta de hermosos prados, la cascada de O Fócaro,
 o el arroyo de Porto Mourelos atravesado por un puente de madera,
 sin olvidar a nuestras espaldas una de las cascadas con más altura de la sierra,
 la cascada de Navaregas.


O diámetro da Lucenza é duns 70 mts e non sempre se 
atopa co mesmo aspecto, mentres que nos meses máis 
calorosos do ano pode chegar a secarse, a época de choivas aumenta 
o volume de auga considerablemente, chegando a conxelarse en tempo de nevadas.

El  diámetro de la Lucenza es de unos 70 mts y no siempre se
 encuentra con el mismo aspecto, mientras que en los meses más
 calurosos del año puede llegar a secarse, la época de lluvias aumenta
 el volumen de agua considerablemente, llegando a congelarse
 en tiempo de nevadas.


A inicios da primavera, a vexetación da súa contorna é cor verde 
pasando ao rosado conforme avanzan os meses, no outono abundan os ocres.

A inicios de la primavera, la vegetación de su entorno es color verde
 pasando al rosado conforme avanzan los meses, en otoño abundan los ocres.


Recomendable a visita en calquera estación

 Recomendable visita en cualquier estación.


0 comentarios:

Publicar un comentario