13 jun 2012

Arquitectura de Froxán


Froxán é unha fermosa aldea parroquia de Vilamor. 
Á nosa chegada recíbenos a Fonte do Milagre a cal data do ano 1935 
ao seu lado un amplo lavadoiro, na parte traseira un abrevadeiro para os animais.

Froxán es una hermosa aldea parroquia de Vilamor.
A nuestra llegada nos recibe a Fonte do Milagro la cual data del año 1935
a su lado un amplio lavadero, en la parte trasera un abrevadero para los animales.



Típico e famoso " Sequeiro" usado en numerosas edicións 
da famosa Festa de Pisa cada mes de decembro.

Típico y famoso "Sequeiro" usado en numerosas ediciones
 de la famosa Fiesta de la Pisa cada mes de diciembre.




Escaleiras de acceso ás vivendas.

Escaleras de acceso a las viviendas.


Pasadizo que servía para pasar da vivenda á panera. 
No Courel non existen os tradicionais hórreos galegos 
se non este engadido á vivenda chamado panera. 
As súas paredes non eran de pedra como as casas se non de madeira, palla e barro
 iso permitía unha mellor ventilación para os cereais e produtos a conservar.

Pasadizo que servía para pasar de la vivienda a la panera.
En Caurel no existen los tradicionales hórreos gallegos
 si no este añadido a la vivienda llamado panera.
Sus paredes no eran de piedra como las casas si no de madera, paja y barro
 ello permitía una mejor ventilación para los cereales y productos a conservar.


O deterioro dalgunhas casas é evidente, aínda así 
a súa estrutura segue a ter un encanto especial.

El deterioro de algunas casas es evidente, aún así 
su estructura sigue teniendo su encanto especial.


Enormes corredores orientados ao sol aínda se usan hoxe en día para secar roupa, 
noutros tempos para o secado do millo dado que en no Courel non había tradición de almacenar o gran nos típicos hórreos galegos.

Enormes corredores orientados al sol aun se usan hoy en día para secar ropa,
 en otros tiempos para el secado del maíz dado que en O Courel no había tradición 
de almacenar el grano en los típicos hórreos gallegos.


Outras vivendas correron mellor sorte sendo rehabilitadas.

Otras viviendas han corrido mejor suerte siendo rehabilitadas.


Xanela con vistas á montaña.

Ventana con vistas a la montaña.


Dende un alto unha vista do pobo de Froxán, un lugar cun encanto especial.

Desde un alto una vista del pueblo de Froxán, un lugar con un encanto especial.


Cabalo branco


.....era un día tan frío que a auga que pingaba dunha
 mangueira e á súa vez caída por unhas pólas
 fixera uns carámbanos que chamaban a atención... 
o mellor estaba por vir, 
unha xélida brisa comezou a sacudir as pólas dos
 castiñeiros durante bastante tempo, 
caeron as follas secas coma se fosen pingas de 
choiva e ao cesar, unha preciosa egua branca apareceu no 
 medio do souto sen que ninguén a vise chegar, 
parecía que estivésemos nun conto, 
non se pode explicar con palabras, había que estar alí... 
Hai xa uns anos no precioso souto de Vilar........


.....era un día tan frío que el agua que goteaba de
 una manguera y a su vez caída por unas ramas
había hecho unos carámbanos que llamaban la atención...
lo mejor estaba por venir,
una gélida brisa comenzó a sacudir las ramas de los
castaños durante bastante tiempo,
cayeron las hojas secas como si fuesen gotas de
lluvia y al cesar, una preciosa yegua blanca apareció en
medio del bosque sin que nadie la hubiese visto llegar,
parecía que estuviésemos en un cuento,
no se puede explicar con palabras, había que estar allí...
Hace ya unos cuantos años en el precioso soto de Vilar........

5 jun 2012

A canteira de lousa que se come o souto de Sta Eufemia


De todos é sabido que O Courel é a zona de maior biodiversidade de Galicia. 
A actividade humana dende tempos ancestrais  así como a climatoloxía, orografía, xeoloxía... 
fixeron que esta zona se conserve como moitos a coñecemos, 
pero dende hai uns anos canteiras como a que se pode ver na foto 
están devastando os fermosos soutos que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
"5 de Xuño día mundial do medio ambiente" 
Vista dende Vilamor

Todos saben que O Courel es la zona de mayor biodiversidad de Galicia.
La actividad humana desde tiempos ancestrales así como la climatología, orografía, geología...
 han hecho que esta zona se haya conservado como muchos la conocemos,
 pero desde hace unos años canteras como la que se puede ver en la foto
 están devastando los hermosos bosques que rodean aldeas como A Campa, Santa Eufemia... 
 "5 de Junio día mundial de medio ambiente"
Vista desde Vilamor




17 may 2012

Dende O Courel con amor


Pareceume moi orixinal a forma de corazón da fechadura.

Me pareció original la forma de corazón
de la cerradura.

10 may 2012

Pinceladas de cor


Localización: Seceda

4 may 2012

Chove en Seceda


Alá polo 2005 nunha rúa de Seceda.
Chovía tanto coma hoxe.

Allá por el 2005 en una calle de Seceda.
El tiempo estaba tan lluvioso como hoy.

30 abr 2012

Mesmo lugar en tres estacións diferentes




É o souto de Parada en tres estacións diferentes. 
A primeira en xuño, a segunda en novembro e a terceira en decembro, 
aínda que non se aprecia, na última as follas estaban cubertas de xeo.

Es el bosque de Parada en tres estaciones diferentes.
La primera en junio, la segunda en noviembre y la tercera en diciembre,
aunque no se aprecia, en la última las hojas estaban cubiertas de hielo.

Secándose ao sol


Vín esa chea de leña e á vez as botas,
 supuxen que ambas cousas estarían secándose ao sol.

Vi ese montón de leña cortada y a la vez las botas
supuse que ambas cosas estarían secándose al sol.

26 abr 2012

Cuestión de supervivencia


Este insignificante animaliño buscaba o seu almorzo
 nesta pequeniña fror.

Esta insignificante cosita buscaba su desayuno en
esta minúscula flor.
Localización:Pacios

26 mar 2012

Iphiclides podalirius


Xa entrou a primavera e con ela despuntan as primeiras frores e 
revolotean as bolboretas. A esta especie creo que se lle chama 
 iphiclides podalirius e foi todo o máis que puiden achegarme a ela. 
Ao mediodía é dificil que estean quietas. 
Localización: Alto do Couto.

Ya ha entrado la primavera ycon ella despuntan las primeras flores y
revolotean las mariposas. A esta especie creo que se le llama
chupaleches - iphiclides podalirius y fué todo
lo más que pude acercarme a ella.
Cuando es mediodía es dificil que estén quietas.
Localización: Alto del Couto.

1 mar 2012

Unha xanela con poucas vistas


Unhas detrás doutras van quedando deshabitadas, 
falo das casas que como esta vanse cubrindo de hedras ou maleza
 ata que acaban por desaparecer ou caer.
 É triste que nun lugar tan fermoso ocorra iso pero a vida é así.

Unas detrás de otras van quedando deshabitadas,
hablo de las casas que como esta se van cubriendo de hiedras o maleza
hasta que acaban por desaparecer o caerse.
Es triste que en un lugar tan bello ocurra eso pero es la vida así.

18 ene 2012

Tras os pasos do río Selmo



Uns metros máis arriba atópase a fervenza de Vieiros.
 Uns días antes chovera a conciencia, a fervenza baixaba
 repleta de auga, tanto que era imposible achegarse.

Unos metros más arriba se encuentra la cascada de Vieiros.
Unos días antes había llovido a conciencia, la cascada bajaba
repleta de agua, tanto que era imposible acercarse.


15 ene 2012

Seceda dende a igrexa


Todas as parroquias do Courel teñen a súa igrexa, e as aldeas
 por pequenas que sexan a súa capela. 
Esta é a porta de entrada á igrexa de San Silvestre de Seceda
 unha das parroquias máis importantes do Courel.

Todas las parroquias del Caurel tienen su iglesia, y las aldeas
por pequeñas que sean su capilla.
 Esta es la puerta de entrada a la iglesia de San Silvestre de Seceda
 una de las parroquias más importantes del Caurel.

29 dic 2011

Mosaico de follas


Sobre as augas ferruginosas da fervenza de Rexiu
 caeron estas follas de carballo....

Sobre las aguas ferruginosas de la cascada de Rexiu
cayeron estas hojas de roble....

20 dic 2011

Xanela ao pé do monte Formigueiros


Fai centos de anos carros de bois baixaban das montañas cargados de mineral de ferro, hoxe esas minas de ferro foron sustituídas polas canteiras de lousa, mentres monstros xigantes comen e comen as ladeiras dos centenarios soutos de castiñeiros. 
Hai moitos anos parece ser que Visuña estivo bastante relacionada coa minería, sendo un dos máis importantes xacementos o do monte Formigueiros.

Hace cientos de años carros de bueyes bajaban de las montañas cargados de mineral de hierro,
hoy esas minas de hierro han sido sustituídas por las canteras de pizarra,
 mientras monstruos gigantes comen y comen las laderas de los centenarios bosques de castaños.
Hace muchos años parece ser que Visuña estuvo bastante relacionada con la minería, 
siendo uno de los más importantes yacimientos el del monte Formigueiros.

19 dic 2011

Rabaño en Visuña



Cando imos polas estradas do Courel, ás veces atópase un con rabaños coma este, non está de máis extremar as precaucións de velocidade. Estamos en Visuña preciosa aldea ao pé do monte Formigueiros con casas construídas sobre rochas.

Cuando vamos por las carreteras de O  Courel, 
a veces se topa uno con rebaños como este, no está de más extremar
 las precauciones de velocidad.
Estamos en Visuña preciosa aldea al pie del monte Formigueiros
 con casas construidas sobre rocas.


14 dic 2011

Sobredo con vestido de outono


Vista de Sobredo dende o Castro da Torre
Vista de Sobredo desde el Castro de la Torre

7 dic 2011

Cerdeira no outono

Eiriz, no medio do souto otoñal


5 dic 2011

Ruta dende Froxán a Vilar


Dende Froxán parte unha ruta que nos conduce ata Vilar. Haberá que baixar ata o río Lor, cruzar unha ponte de madeira de recente construción e logo comezar o ascenso polo souto de abetos ata chegar ao Castro de vilar. Dende o inicio da ruta atoparémonos especies como sobreiras, 
madroños, breixos, castiñeiros, abetos, carballos, cerdeiras.....

Desde Froxán parte una ruta que nos conduce hasta Vilar.
 Habrá que bajar hasta el río Lor, cruzar un puente de madera de reciente construcción
y luego comenzar el ascenso por el bosque de abetos hasta llegar al Castro de vilar.
Desde el inicio de la ruta nos encontraremos especies como alcornoques,
madroños, brezos, castaños, abetos, robles, cerezos.....

30 nov 2011

No val das mouras












Panorámica de Seceda


Forxa en Vilar


Esta era a forxa onde traballaba Xan o ferreiro, pai de Xan de Vilar na foto.

 Esta era la fragua donde trabajaba Juan el herrero, padre de Juan de Vilar en la foto.


Xan moi amablemente amosounos unha enorme cantidade de útiles, ferramentas e
 accesorios feitos polo seu pai xa falecido e por él mesmo.

 Juan amablemente nos mostró una enorme cantidad de útiles, herramientas y
 accesorios hechos por su padre ya fallecido y por él mismo.


Lugar onde se fai o lume pra quentar o ferro antes de darlle forma. 

 Lugar donde se hace el fuego para calentar el hierro
 antes de darle forma.



29 nov 2011

Dende o Castro da Torre...... o corazón do Courel



O castro da Torre debe o seu nome á súa estrutura semicircular en forma de torre, 
e xunto ao de Vilar destaca entre os máis de quince asentamentos de este
 tipo localizados na serra do Courel. 
Dende este asombroso lugar poden contemplarse unhas preciosas vistas dos arredores. 
Para chegar ata aquí deberase tomar a estrada que vai dende Seoane cara a Folgoso
 tomando o desvío á dereita cara a Seceda.

El castro da Torre debe su nombre a su estructura semicircular en forma de torre, 
y junto al de Vilar destaca entre los más de quince asentamientos de este 
tipo localizados en la sierra de O Courel. 
Desde este asombroso lugar pueden contemplarse unas preciosas vistas de los alrededores. 
Para llegar hasta aquí se deberá tomar la carretera que va 
desde Seoane hacia Folgoso tomando el desvío a la derecha hacia Seceda.



.



27 nov 2011

Campos de cor


Decenas de camiños e carreiros cinguen as ladeiras destes montes,
 percorridos dende a noite dos tempos polas xentes do lugar, arriba e abaixo, abaixo e arriba.

Decenas de caminos y senderos ciñen las laderas de estos montes,
recorridos desde la noche de los tiempos por los lugareños,
   arriba y abajo, abajo y arriba.

17 nov 2011

Unha maña de outono en Parada


Unha mañá de outono en Parada mentres me achegaba á fonte chamou a miña atención o colorido das árbores, detrás delas deixábase ver a casa natal do poeta Uxío Novoneyra.

Una mañana de otoño en Parada mientras me acercaba a la fuente llamó mi atención el colorido de los árboles, detrás de ellos se dejaba ver la casa natal del poeta Uxío Novoneyra.

16 nov 2011

Nun lugar recóndito do " Val das Mouras"


Sopraba o vento de outono nun lugar cheo de misterio... 
a súa cor morada 
destacaba entre a follaxe e os deshidratados musgos... 
trasgos, fadas, pequenas criaturas 
e quizais o Apalpador bailaban ao son dese vento 
nese lugar case máxico.

Soplaba el viento de otoño en un lugar lleno de misterio...
su color morado
destacaba entre la hojarasca y los deshidratados musgos...
 duendes, hadas, pequeñas criaturas
y quizás el Apalpador bailaban al son de ese viento 
 en ese lugar casi mágico.

3 nov 2011

Río Lor ao seu paso por Seoane


Uns kilómetros máis enriba estaba todo cuberto de neve.

Unos kilómetros más arriba estaba todo cubierto de nieve.

1 nov 2011

De regreso a casa


O gando regresa a casa en Vilar.

El ganado regresa a casa en Vilar