1 may 2016

Non é un día calquera



Non é un día calquera, para este xabaril foi o último, dará unhas cantas racións que ben aderezadas e ben cociñadas farán as delicias dos comensais.
Por certo moi recomendable facer un alto en Vilamor para comer na Casa do Campoleirín, xusto á beira da estrada. Marta e a súa nai preparan unhas deliciosas comidas caseiras con produtos da zona. Carlos o marido de Marta encárgase de atender aos comensais. 
O trato é moi familiar, a comida moi saborosa. Nada máis entrar a mesa recíbete cuns deliciosos entremeses propios da zona, empanada de acelgas con chourizo e touciño entrefebrado, a ensalada mixta non falta nunca, xabaril con castañas/ troitas/ovos con chourizo e patacas/tenreira guisada/ pito asado, pan caseiro, sobremesas varias e licores todo iso de elaboración propia. Recomendable 100%

No es un día cualquiera, para este jabalí ha sido el último, dará unas cuantas raciones que bien aliñadas y bien cocinadas harán las delicias de los comensales. 
Por cierto muy recomendable hacer un alto en Vilamor para comer en la Casa del Campoleirín, justo al lado de la carretera. Marta y su madre preparan unas deliciosas comidas caseras con productos de la zona. Carlos el marido de Marta se encarga de atender a los comensales. El trato es muy familiar, la comida muy sabrosa.
Nada más entrar la mesa te recibe con unos deliciosos entremeses propios de la zona, empanada de acelgas con chorizo y panceta, la ensalada mixta no falta nunca,  jabalí con castañas/ truchas/huevos con chorizo y patatas/ternera guisada/ pollo asado, pan casero,  postres varios y licores todo ello de elaboración propia. Recomendable 100%


23 abr 2016

Souto de Seceda


Rodeada polo seu souto de castiñeiros centenarios Seceda ábrenos as portas para mergullarnos nun mundo a parte onde a tranquilidade e a calma nos dan a benvida.

Rodeada por su bosque de castaños centenarios Seceda nos abre las puertas
 para sumergirnos en un mundo a parte donde la tranquilidad y la calma nos dan la bienvenida.











21 abr 2016

Arquitectura popular do Courel "Seceda"


Seceda declarada ben de interese cultural con categoría de lugar de interese Etnográfico pola Xunta de Galicia, o 3 de xullo de 1997 é unha das aldeas do Courel que mellor conserva a súa arquitectura tradicional. A maioría das súas casas e rúas foron sometidas a un plan de rehabilitación mantendo a súa estrutura orixinal. Construída sobre unha pendente ten rúas de " Chapacuña" método que consiste en colocar lousa verticalmente ata cubrir a rúa, con iso evitábase a erosión do terreo coa choiva e a trasfega dos carros. Hai pouco aínda quedaba algunha zona sen restaurar na que podía verse como era orixinalmente. Algunhas construcións teñen entre elas amplos pasadizos, os cales serven para dar acubillo e realizar algúns labores os días de choiva, outras aínda conservan nas súas paredes externas cubertas con madeira. Case todas as construcións teñen fermosos corredores aéreos de madeira tallada, desde moitos deles pódense gozar dunhas espléndidas vistas das montañas. Ven a coñecer Seceda non che defraudará.

Seceda declarada bien de interés cultural con categoría de lugar de interés Etnográfico por la Xunta de Galicia, el 3 de julio de 1997 es una de las aldeas de O Courel que mejor conserva su arquitectura tradicional. La mayoría de sus casas y calles han sido sometidas a un plan de rehabilitación manteniendo su estructura original.
Construida sobre una pendiente tiene calles de "Chapacuña" método que consiste en colocar pizarra verticalmente hasta cubrir la calle, con ello se evitaba la erosión del terreno con la lluvia y el trasiego de los carros. Hace poco todavía quedaba alguna zona sin restaurar en la que podía verse como era originalmente.
Algunas construcciones tienen entre ellas amplios pasadizos, los cuales sirven para dar cobijo y realizar algunas labores los días de lluvia, otras todavía conservan en sus paredes externas cubiertas con madera.
Casi todas las construcciones tienen hermosos corredores aéreos de madera tallada, desde muchos de ellos se pueden disfrutar de unas espléndidas vistas de las montañas.
Ven a conocer Seceda no te defraudará.




Suelo de chapacuña orixinal




















19 abr 2016

A pequena cantina



Na miña primeira viaxe ao Courel un frío e chuvioso día do mes de novembro detivémonos en Seceda para comer. Mentres buscabamos un lugar ao amparo da choiva, subimos polas empedradas rúas ata que chegamos ao alto da aldea, alí un alpendre deunos acubillo e un antigo carro fíxonos de mesa. 
Á beira unha pequena cantina, a casa da foto a cal descoñezo se aínda está en funcionamento. 
Cando vou a Seceda gústame pasar por aquí...e lembrar aos meus amigos Javi e Eva con quen fun por primeira vez ao Courel ....

En mi primer viaje al Courel un frío y lluvioso día del  mes de noviembre nos detuvimos en Seceda para comer. Mientras buscábamos un lugar al amparo de la lluvia,subimos por las empedradas callejuelas hasta que llegamos a lo alto de la aldea,allí un alpendre nos dio cobijo y un antiguo carro nos hizo de mesa. 
Al lado una pequeña cantina, la casa de la foto la cual desconozco si todavía está en funcionamiento.
Cuando voy a Seceda me gusta pasar por aquí...y recordar a mis amigos Javi y Eva con quienes fuí por primera vez al Courel ....   



15 abr 2016

Primavera, a princesa con máis encanto.


Scabiosa columbaria L, Dipsacaceae 
Herba perenne, os seus talos poden chegar a medir ata 120 cms de altura 
Localización: Seceda


13 abr 2016

Halimium


Halimium lasianthun ( Lam) Coñecida tamén como carpazo. 
Medra en matas leñosas de entre 20 e 50 cms de altura con flores en acios. 
É frecuente vela medrar á beira de matogueiras de breixo. 
Localización: ascenso ao Castro da Torre moi preto de Sobredo.

Halimium lasianthun (Lam)
Conocida también como carpazo.
Crece en matas leñosas de entre 20 y 50 cms de altura con flores en racimos.
Es frecuente verla crecer al lado de matorrales de brezo.
Localización: ascenso al Castro da Torre muy cerca de Sobredo.


11 abr 2016

Explosión de cor en Lousadela


Pasaron 111 anos dende que se publicou por primeira vez a flora descritiva e ilustrada de Galicia, un traballo de gran importancia da man de Baltasar Merino. 
Contribuíu a poñer de manifesto a excelente riqueza botánica da Serra do Courel que él mesmo percorreu. 
Situou especies naquela época que aínda hoxe poden atoparse nos mesmos lugares que el sinalou. 
A floración do breixo nesta zona sorprende ao viaxeiro, as ladeiras das montañas que noutra época do ano teñen unhas cores que van das cores douradas ao verde, cambian totalmente e transfórmanse en vivas cores como o rosa. 
É tempo de recolección, as abellas comezan a súa labor. Nalgunha destas fotos poden verse as antigas construcións de lousa e planta oval que os veciños construían para preservar as colmeas dos osos. 

Han pasado 111 años desde que se publicó por primera vez la flora descriptiva e ilustrada de Galicia, un trabajo de gran importancia de la mano de Baltasar Merino.
Contribuyó a poner de  manifiesto la excelente riqueza botánica de la Sierra de O Courel que él mismo recorrió.
Situó especies en aquella época que aún hoy pueden encontrarse en los mismos lugares que él señaló.
La floración del brezo en esta zona sorprende al viajero, las laderas de las montañas que en otra época del año tienen unos colores que van del castaño/ dorado al verde, cambian totalmente y se transforman en vivos colores como el rosa.
Es tiempo de recolección, las abejas comienzan su labor.
En alguna de estas fotos pueden verse las antiguas construcciones de pizarra y planta oval que los lugareños construían para preservar las colmenas de los osos.





Brezo
Localización:Lousadela

31 mar 2016

Aloxamentos de turismo rural

As casas do comerciante ( Localización - Vilamor)
Teléfono: 982 15.51.00
http://casasdocomerciante.com/

--------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Ferreiro (Localización - Seoane do Courel)
Teléfono: 982 43.30.65

----------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Calellón (Localización - Seceda)
Teléfonos: 982 18.54.09 - 982.18.51.97

--------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa da Aira (Localización - Froxán)
Teléfonos: 982 19.96.73 - 696.405.222
www.casadaaira.com/

---------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Teixeira (Localización - Seceda)
Teléfono: 661.254.622
http://www.casateixeira.es/

---------------------------------------------------------------------------------------------------
Albergue de Folgoso do Courel (Localización - Folgoso do Courel)
Telefono: 658.045.921
http://www.albergueturisticofolgosodecaurel.com/

----------------------------------------------------------------------------------------------------
Aldea do Mazo (Localización - Meiraos)
Teléfono: 608. 277.430
http://www.aldeadomazo.com/

-----------------------------------------------------------------------------------------------------
As Triegas y Casa RodrIgo (Localización - Paderne)
Teléfonos: 982.18.51.10 - 606. 605 .141 - 616. 645 .727
http://www.astriegas.com/ga/

----------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Caselo( Localización - Paderne)
Teléfonos: 982.16.57.68 - 636.051.274
http://www.casacaselo.com

---------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Chaos (Localización - Paderne)
Teléfonos: 982.09.07.01- 622.639.499
http://www.casachaos.com/

------------------------------------------------------------------------------------------------------
Acampamento O Caurel (Localización -Esperante)
Teléfono: 982.43.31.01
http://www.acampamentocaurel.com/

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa da Devesa da Rogueira (Localización- Moreda)
Teléfono: 982.15.56.23

-------------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Valín (Localización -Seoane)
Teléfono: 982.15.53.88

------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Carbiña (Localización - Parada)
Teléfono: 696.184.056
https://www.turismoruralcourel.com/

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Casa Roca (Localización - Paderne)
Teléfono:646.309.122
https://casarocapaderne.wordpress.com/

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Cabaniña (Localización - Folgoso do Courel)
Teléfono: 639.534.957

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------                

30 mar 2016

Bibliografía

Algúns dos datos que figuran nos textos deste blogue foron extraídos da seguinte bibliografía:
Las plantas de la Sierra de O Courel de Javier Guitián y José L. Martínez Villar (2014)

A lus do candil de Anxel Fole (1952) 

Usos, costumes e cousas do Courel de Jesús Alfonso Parada Jato ( 2007)

O paso no Tempo de Urbano Arza (2015)

Entre paso e tempo nas terras do Courel -Onde asubía o vento (2017)

El progreso edición digital

La Voz de Galicia edición digital


31 ene 2016

A pedra de afiar


Moas en Vilar 
Dalgún xeito, si ou si, aquelas ferramentas que se usaban para cortar nalgún momento había que afialas, para iso recorríase a unha pedra de cantería con forma circular como as mostradas.


                                                          Piedras de afilar en Vilar
De algún modo, si o si, aquellas herramientas que se usaban para cortar en algún momento había que afilarlas, para ello se recurría a una piedra de cantería con forma circular como las mostradas.


Moa en Vilar 
As pedras de afiar tiñan un eixo de ferro e unha especie de agarradeira  na cal se colocaba un pé e facíase virar á vez que coas mans se suxeitaba o útil para afiar.

Piedra de afilar en Vilar
Las piedras de afilar tenían un eje de hierro y una especie de asidero en la cual se colocaba un pie y se hacía girar al tiempo que con las manos se sujetaba el útil a afilar.


Moa en Seceda 
As pedras tiñan diferentes armazóns, a de arriba por exemplo tiña un sistema ao que lle engadiron un pedal que accionado igualmente co pé conferíalle maior comodidade á hora de ser usado.

       Piedra de afilar en Seceda
Las piedras tenían diferentes armazones, la de arriba por ejemplo tenía un sistema al que le han añadido un pedal  que accionado igualmente con el pie le confería mayor comodidad a la hora de ser usado.


Moa en Vilar

Moa en vilar 
Ás veces estas armazóns de madeira levaban un pequeno depósito de auga
 a cal ía caendo sobre a pedra á vez que esta viraba.

Piedra de afilar en vilar
A veces estas armazones de madera llevaban un pequeño depósito de agua
 la cual iba cayendo sobre la piedra al tiempo que esta giraba.


Moa en Eiriz
Algunhas delas están completamente abandoadas.

 Piedra de afilar en Eiriz
Algunas están totalmente abandonadas.


Moa en Visuña 
Outras pola contra están moi ben conservadas ao abrigo da choiva nun balcón de Visuña.

Piedra de afilar en Visuña
Otras por el contrario están muy bien conservadas al abrigo de la lluvia en un balcón de Visuña.


Moa en Vilar 
Xan de Vilar conserva en bo estado varias destas pedras e en diferentes tamaños.

Piedra de afilar en Vilar
Juan de Vilar conserva en buen estado varias de estas piedras y en diferentes tamaños.