31 may 2011

Colegas de tapeo


Localización: Froxán

28 may 2011

Chegou o momento


Chegou o momento,
 a vida rexorde do esquecemento,
 a súa cor e cheiro a frescura asolagan os nosos sentidos.
 Localización: Pacios

Llegó el momento,
la vida resurge del olvido,
su color y olor a frescura inundan nuestros sentidos.
Localización: Pacios

21 may 2011

Agullas de cristal


O goteo dunha mangueira e o intenso frío crearon estas formas na aldea de Vilar.

10 may 2011

Vista panorámica no Courel


 10 de Maio 2011
 Hoxe é un día dobremente especial, 
este pequeno recuncho viu a luz,
 e quixen que nacese o mesmo día que se inaugura a primeira exposición
 fotográfica colectiva da sección de fotografía do Grupo Bazán da que formo parte. 
Nela tamén se mostran fotografías do Courel.

 10 de Mayo 2011
Hoy es un día doblemente especial,
este pequeño rincón ha visto la luz,
y he querído que naciese el mismo día que se inaugura la primera exposición
fotográfica colectiva de la sección de fotografía del Grupo Bazán de la que formo parte.
En ella también se muestran fotografías del Courel.


24 abr 2011

Os adormecidos

Muiños de auga na aldea de Ferramulín

No medio dos soutos xurden aldeas


Ao fondo entre as árbores pode verse Ferreirós de arriba.

Silencio


Unha rúa en Seceda,
Novembro 2005

Veludo verde oliva


Veludo verde oliva no Pico do Coto

Terciopelo verde oliva en el Pico do Coto

22 abr 2011

Baixo o ceo gris


Castro de Vilar
Ao fondo a aldea de Vilamor



Aos poucos a tradición vaise diluíndo

Unha longa xornada


14 abr 2011

Digitalis purpurea L


Digitalis purpurea L

Adorno floral


Xan Sánchez Rodríguez coñecido como Xan do Ferreiro, e único habitante da aldea de Vilar fai ramilletes con frores silvestres como este que logo poden verse decorando as portas das casas.

Juan Sánchez Rodríguez conocido como Xan do Ferreiro, y único habitante de la aldea de Vilar hace ramilletes con flores silvestres como este que luego pueden verse decorando las puertas de las casas.

13 abr 2011

Fervenza de Vieiros


Fervenza de Vieiros un día de verán

12 abr 2011

Un agasallo para os sentidos


Un pequeno faial de camiño a Ferreirós de Arriba

Un pequeño hayedo de camino a Ferreirós de Arriba

3 abr 2011

Artesanía téxtil con la de ovella

Atopa o teu propio ángulo

Espertar entre a néboa


Preto a Ferreirós de arriba.


2 abr 2011

No tempo das bolboretas

Localización: Paderne.

Igrexa de San Vicente de Vilamor


A igrexa de Vilamor deixa verse no alto mentres
 vellos cerrumes dividen a paisaxe.

La iglesia de Vilamor deja verse en lo alto mientras
 viejos cierres dividen el paisaje.

30 mar 2011

Todo o que se ve


Xanela no lavadoiro de Parada

Ventanuco en el lavadero de Parada

Pozo das mulas


Ao contraxeito discorren as augas
mentres observan á dama de longa melena sorrir.
Toda a vida sorrindo neste tranquilo lugar, esperando......

A contracorriente discurren las aguas
mientras observan a la dama de larga melena sonreir.
Toda la vida sonriendo en este tranquilo lugar, esperando.....



Nun día de outono pasan moitas cousas

Santalla - Novembro 2007
Aos meus amigos Chelo, Bea, Paula e Dani

O plegamento de Campodola



Un plegamento xeolóxico é unha ondulación dos estratos superiores da cortiza terrestre. 
Nun longo período de anos (millóns) as forzas tectónicas poden comprimir as capas de mineral coma se fosen materiais brandos adoptando formas como a que se aprecia na fotografía.

Un plegamiento geológico es una ondulación de los estratos superiores de la corteza terrestre.
En un largo período de años (millones) las fuerzas tectónicas pueden comprimir las capas de mineral como si fuesen materiales blandos adoptando formas como la que se aprecia en la fotografía.




29 mar 2011

O poder da imaxinación

Nalgún lugar do Courel


Nos herbais desta foto pode apreciarse ben unha variedade de cerrumes
 chamados " Sebes", son pólas de salgueiro ou saúco cravadas no terreo coa finalidade de que seguisen con vida e xerasen novas pólas. 
Adoitaban poñerse en herbais con pendente para suxeitar a terra. 
Ao ser estas de doado enraizamento e estar molladas continuamente formaban
 despois dun tempo uns fermosos e estéticos muros vexetais.

En los prados de esta foto puede apreciarse bien una variedad de cerrumes
 llamados "Sebes", son ramas de  sauce o saúco clavadas en el terreno
 con la finalidad de que siguiesen con vida y generasen nuevas ramas.
Solían ponerse en prados con pendiente para sujetar la tierra. 
Al ser estas de fácil enraizamiento y estar irrigadas continuamente formaban
 pasado el tiempo unos hermosos y estéticos muros vegetales.

O corazón dun pobo


Fálase polo Caurel un galego que non se pode confundir co galego das comarcas veciñas, por ter moitas verbas e xeitos propios. Por unha parte, é moi enxebre, espallado de lediciosos arcaísmos; por outra, barbarizado de abondo. O acento é nasal e xordo, moi doce e grave.

Os nenos chámanse ninos, os mandiles cinguideiros, unha corda un liame. Outras falas son comús ás linderas comarcas do Incio e de Quiroga... Esfragarse é derrubarse, caírse por un derrubadoiro. Derramar val tanto como apedrar, botar a perder. A cepa ou poda chámase demouca. Escoitade a un petrucio: Por eiquí hai moitas fragas grandismas... O Pepe esfragouse cando estaba demoucando un carballo... Fórono atopar ó fondo do río...

Tamén se emprega coma, e non como. Encol disto diremos que se acha eiquí, coma na terra do Incio e na de Quiroga, unha i en moitas verbas, que non sei se chamarlle eufónica, e que non hai noutras comarcas. 

Dise forcia, aldeia, creio, ondia, partia dos cochos... en canto ós verbos, as primeiras persoas dalgús pretéritos e futuros rematan en in. Asín, fuin, cantein, agardarein; e non fun, cantei, agardarei. E formas chás en vez de esdrúxulas coma fosemos, por fósemos. Tamén se di puña e non poñía. Ouservei que moitos din qui é ou qui era, por non decir que é, que era.

Cáseque sempre óucese decir us, mais non unhos, outro i autro, sexa e seña, cimo e cumial, cantare ou cantar, fitar ou ollar, voltar ou volver, lembrar ou recordar, etc.


Texto extraído do libro A lus do candil de Ánxel Fole

27 mar 2011

Pasaron moitos anos

1 mar 2011

Ponte sobre o río Lóuzara


Outrora construíanse pontes ( pontellas como se as coñece no Courel) 
como esta para cruzar os ríos, hoxe paralela a este recordo construíron unha de formigón. 
Uns anos máis tarde de facer esta foto a ponte derrubouse co cal este é "un recordo" do que foi.

Antaño se construían puentes (pontellas como se las conoce en Caurel)
como este para cruzar los ríos. 
Hoy paralelo a este recuerdo han construido uno de hormigón.
Unos años más tarde de hacer esta foto
el puente se derrumbó con lo cual este 
es "un recuerdo" de lo que fue.

22 feb 2011

Pequeno gran mundo


Ao día xa non lle quedaba moito,
pero nuns intres as montañas ilumináronse.

Al día ya no le quedaba mucho,
pero en un instante las montañas se iluminaron.

A historia trazada en pedra


21 feb 2011

Lavadoiro en Parada


Este lavadoiro ao que se acudía para lavar a roupa tempo atrás, é quizais menos visitado nos nosos días. Outrora reunía a todas as mulleres do pobo, e entre auga e xabón o que era un traballo cotián convertíase seguramente nunha cita social. 
Ás portas dun dos soutos máis fermosos do Caurel "Parada"

Este lavadero al que se acudía para hacer la colada tiempo atrás, es quizás menos visitado en nuestros días. Antaño reunía a todas las mujeres del pueblo, y entre agua y jabón lo que era un trabajo cotidiano se convertía seguramente en una cita social.
A las puertas de uno de los sotos más hermosos del Caurel "Parada"

Corredor en Vilamor

 

Moitas son as horas de sol que se puideron gozar neste fermoso corredor de Vilamor. 
Dende él pódese ver poñer o sol, e imaxinar o tren que outrora saía dende Monforte para levar a veciños a lugares como Barcelona ou Madrid en busca de traballo, en busca dun futuro mellor. 
Hoxe veciños regresan das cidades aínda que só sexa en vacacións en busca de tranquilidade e fuxindo da calor do verán. Outros volven para establecerse e inaugurar establecementos dedicados ao turismo rural.

Muchas son las horas de sol que se habrán podido disfrutar en este hermoso corredor de Vilamor. Desde él puede verse poner el sol, e imaginar el tren que antaño salía desde Monforte para llevar a vecinos a lugares como Barcelona o Madrid en busca de trabajo, en busca de un futuro mejor.
Hoy vecinos regresan de las ciudades aunque solo sea en vacaciones en busca de tranquilidad y huyendo del calor del verano. Otros regresan para establecerse e inaugurar establecimientos dedicados al turismo rural.

17 feb 2011

Un lugar con alma



Seceda, unha das aldeas mellor conservadas do Courel.

Nevada en Pacios

7 feb 2011

A castaña como elemento vital


A castaña era un dos alimentos principais dos nosos devanceiros. 
Os extensos bosques producían o prezado froito que recollido no outono e tras ser 
preparado servía de alimento ás familias durante todo o ano.

La castaña era uno de los alimentos principales de nuestros ancestros.
Los extensos bosques producían el preciado fruto que recogido en otoño y tras ser
 preparado servía de alimento a las familias durante todo el año.

26 ene 2011

Como nun conto de fadas


Como nun conto de fadas un cabalo branco apareceu, 
e con él unha suave brisa que rumoreaba á vez que as follas cubrían o camiño ao seu paso. 
Novembro 2007

Como en un cuento de hadas un caballo blanco apareció,
y con el una suave brisa que susurraba al tiempo que las hojas cubrían el camino a su paso.
Noviembre 2007

8 ene 2011

Camiños do Courel


En outono a luz é especial no souto da Rubial en Parada

7 ene 2011

Sequeiro en "Froxán"


" Sequeiro" construción usada para secar as castañas. 
Ten un piso inferior no que se acende lume e unha parte superior na que
 se colocan as castañas estendidas para que se sequen afumándoas. 
O chan do piso superior está feito de táboas lisas por enrriba e en forma de cuña por abaixo para favorecer o paso do aire quente do fume.

"Sequeiro" construcción usada para secar las castañas.
Tiene un piso inferior en el que se enciende fuego y una parte superior en la
que se colocan las castañas extendidas para que se sequen ahumándolas.
El suelo del piso superior está hecho de tablas lisas por arriba y en forma de cuña por abajo para favorecer el paso del aire caliente del humo.

23 dic 2010

Vista dende o Alto do Couto



A aldea no centro da foto é "Parada" a terra de Uxio Novo Neira, e á dereita "Moreda" desde onde parte unha das rutas máis coñecidas do Courel, "A ruta da devesa da Rogueira"

La aldea en el centro de la foto es "Parada" la tierra de Uxio Novo Neira, y a la derecha "Moreda" desde donde parte una de las rutas más conocidas del Courel, "La ruta de la devesa de la Rogueira"

22 dic 2010

De pastoreo


E alí estaba mentres o seu rabaño descansaba á sombra dos castiñeiros.

Y allí estaba mientras su rebaño descansaba a la sombra de los castaños.

19 dic 2010

Nubes


Pasando por Folgoso de camiño a Vilar apareceron estas nubes fantasmagóricas.

Pasando por Folgoso de camino a Vilar aparecieron estas nubes fantasmagóricas.

Dianthus hyssopifolius L.



                                                            Dianthus hyssopifolius L.
Comunmente chamada clavelina ou caravel silvestre.
 É frecuente observala en prados, roquedos e herbais. 
Localización: Devesa da Rogueira.

Dianthus hyssopifolius L.
Comunmente llamada clavelina o clavel silvestre.
Es frecuente observarla en prados, roquedos y herbazales.
Localización: Devesa da Rogueira


A pé por Visuña


A parroquia de Visuña é un precioso recuncho no que hai de todo un pouco,
 soutos de castiñeiros que xa non teñen abrigo porque é outono, ríos que asolagan prados, muíños abandonados, rabaños de cabras, vacas, ovellas, peculiares casas construídas a partir da roca na ladeira dunha pequena montaña...... e para facer a apócema perfecta, as súas xentes que establecen conversación contigo nada máis chegar

La parroquia de Visuña es un precioso rincón en el que hay de todo un poco,
bosques de castaños que ya no tienen abrigo porque es otoño, ríos que anegan prados, molinos abandonados, rebaños de cabras, vacas, ovejas, peculiares casas construidas a partir de la roca en la ladera de una pequeña montaña...... y para hacer la pócima perfecta, sus gentes que entablan conversación contigo nada más llegar.

8 dic 2010

Fervenza en fronte Campodola


As abondosas choivas forman sorprendentes fervenzas, 
esta localizábase en fronte ao pregamento de Campodola

Las abundantes lluvias crean llamativas cascadas, esta estaba situada
en frente el plegamiento de Campodola.

7 dic 2010

Outono en Seceda



6 dic 2010

Devesa da Rogueira



Non fan falta as palabras cando alí te atopas,
máis cando volves falas aos catro ventos da beleza daquel lugar.
Lugar para recordar, para non esquecer.

Sobran las palabras cuando allí te encuentras,
sin embargo cuando regresas divulgas a los cuatro vientos la belleza de aquel lugar.
Lugar para recordar, para no olvidar.

4 dic 2010

Lareira típica do Courel


Na miña primeira viaxe ao Courel tiven a sorte de ver como era unha lareira típica da Serra.
Ademáis da lareira, na sala había unha "Cacheira" un tambor circular con furados, onde se 
asan as castañas e tamén unha "Artesa" na que se gardan produtos a conservar.

En mi primer viaje al Courel  tuve la suerte de ver como era una chimenea típica de la Sierra.
 Además de la chimenea, en la estancia había una "Cacheira" un tambor circular con agujeros, donde se asan las castañas y una "Artesa" en la que se guardan productos a conservar.

30 nov 2010

Final da ruta

Regresando da ruta da Devesa da Rogueira,
 chegando ao punto de partida no Alto do Couto.

De regreso de la ruta de la Devesa de la Rogueira
llegando al punto de partida en el Alto del Couto.