31 oct 2016

De parola con Xosefa de Montero


Tiña oido falar de Xosefa de Montero polo seu irmán Manolo, quen me falou sempre tan ben da súa irmán, pero nunca tivera a ocasión de coñecela, aínda que ese día chegou e dende entón sempre que vou ao Courel vouna ver, falamos e poñemonos ao día. 
Se voto tempadas sen ir soa o teléfono, chámame para falar e preguntarme cando vou volver.
Sentadas no banco do quinteiro contábame historias de anos atrás cando era nova, subía ao alto da montaña e disque vía o tren de Monforte que ía cara a Madrid, pensaba algún día ese tren levarame a mín tamén, e así foi.
Xosefa como moitos que vivían no Courel emigraron na procura dunha mellora nas súas vidas.
Estivo varias décadas vivindo alí, na actualidade regresou á sua aldea natal.
Vémonos pronto estimada Xosefa, unha aperta das grandes de verdade.

Había oído hablar de Josefa de Montero por su hermano Manolo, quien me habló siempre tan bien de su hermana, pero nunca había tenido la ocasión de conocerla, aunque ese día llegó y desde entonces siempre que voy al Courel la voy a ver, hablamos y nos ponemos al día.
Si pasan temporadas que no voy suena el teléfono, me llama para hablar y preguntarme cuando voy a volver.
Sentadas en el banco de la plaza del pueblo me contaba historias de años atrás cuando era joven, subía al alto de la montaña y dice que veía el tren de Monforte que iba hacia Madrid, pensaba ella, algún día ese tren me llevará a mi también, y así fue.
Josefa como muchos que vivían en Courel emigraron en busca de una mejora en sus vidas, estuvo varias décadas viviendo allí, en la actualidad regresó a su aldea natal.
Nos vemos pronto estimada Josefa, un abrazo de los grandes de verdad.

0 comentarios:

Publicar un comentario