6 de octubre de 2016

Cousos do lobo!


 Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguen foi nin ha d'ir
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada màis sola e màis medosa
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca....
Cousos do lobo!

Uxío Novoneira













0 comentarios:

Publicar un comentario