3 oct 2017

Seoane dende as alturas


Lin recentemente que segundo unhas escrituras atopadas o topónimo Courel data do século XI. 
Entre os séculos XVI e XVIII aparece Caurel e Courel en documentos do arquivo do reino de Galicia, no século XIX aparece tamén en escrituras de compra venda de leiras de este concello como Caurel.

 He leído recientemente que según unas escrituras hayadas el topónimo Courel data del siglo XI. Entre los  siglos XVI y XVIII aparece Caurel y Courel en documentos del archivo del reino de Galicia, en el siglo XIX aparece también en escrituras de compra venta de fincas de este ayuntamiento como Caurel.


Seoane foi a sede do concello que en 1813 aínda tiña carácter de vila, ata que en 1939 foi trasladado a Folgoso. Motivado por este cambio de concello uns anos máis tarde en 1948 pasou a chamarse Folgoso de Caurel. 
Na década dos oitenta a Xunta de Galicia estableceu unha denominación oficial para os concellos de Galicia, desde entón coñécese por Folgoso do Courel. A día de hoxe e a pesar dos séculos e aos cambios establecidos, a maioría das persoas que nel habitan chámano Caurel. 
Fotos feitas desde a ruta que parte de Mercurín cara a Paderne pasando pola localización dunhas antenas ben visibles desde moitos puntos da Serra.

Seoane fue la sede del ayuntamiento que en 1813 aún tenía carácter de villa, hasta que en 1939 fue trasladado a Folgoso.  Motivado por este cambio de ayuntamiento unos años más tarde en 1948 pasó a llamarse Folgoso de Caurel. 
En la década de los ochenta la Xunta de Galicia estableció una denominación oficial para los ayuntamientos de Galicia, desde entonces se conoce por Folgoso do Courel. A día de hoy y pese a los
 siglos y a los cambios establecidos, la mayoría de las personas que en él habitan lo llaman Caurel.
Fotos hechas desde la ruta que parte de Mercurín hacia Paderne pasando por la ubicación de unas antenas bien visibles desde muchos puntos de la Sierra.

0 comentarios:

Publicar un comentario