25 sept 2017

Bando vermello


Primeiro signo de que estamos en Parada é o cartel metálico que figura nunha das paredes do edificio da antiga escola. Sorpréndenme os buratos que ten...quizais son imaxinacións miñas que non levan a conclusión algunha.

 Primer signo de que estamos en Parada es el cartel metálico que figura en una de las paredes
 del edificio de la antigua escuela. Me sorprenden los agujeros que tiene...quizás son imaginaciones mías que no llevan a conclusión alguna.


Moitas foron as veces que estiven aquí, xa a primeira, esta casa quedou na miña memoria, porqué? Xa vira noutra ocasión unha casa pintada de cor vermella no Courel, teño dúbidas que poidan ter relación algunha.
 Muchas han sido las veces que he estado aquí, ya la primera, esta casa se quedó en mi memoria, porqué? Ya había visto en otra ocasión una casa pintada de color rojo en Courel, tengo dudas que puedan tener relación alguna.


Recentemente visitando a Fundación Uxío Novoneyra o guía descifrou o enigma desta casa, atónita ante as súas palabras as pezas do quebracabezas empezaron a encaixar.

 Recientemente visitando la Fundación Uxío Novoneyra el guía descifró el enigma de esta casa,
atónita ante sus palabras las piezas del puzzle empezaron a encajar.


Durante os duros e amargos tempos da guerra civil española nesta casa habitaba un bo home chamado Manuel Cela Macía ao que un día viñeron buscar para dar un tráxico paseo. Todos sabemos o que ocorría cando levaban á xente para dar o paseo. Con motivo de tal atrocidade desde entón a súa familia e descendentes pintaron a porta e os alicerces de cor vermella. Ao alicerce principal da casa (árbore) segáronlle a vida igual que á persoa.

 Durante los duros y amargos tiempos de la guerra civil española en esta casa habitaba un buen hombre llamado Manuel Cela Macía al que un día vinieron a buscar para dar un trágico paseo. Todos sabemos lo que ocurría cuando se llevaban a la gente a dar el paseo. Con motivo de tal atrocidad desde entonces su familia y descendientes han pintado la puerta y los pilares de color rojo. 
Al pilar principal de la casa (árbol) le segaron la vida igual que a la persona.


Cando fixen esta foto non tiña nin idea de que detrás da cor vermella había unha historia,
 ata a porta parece que derrame sangue.

  Cuando hice esta foto no tenía ni idea de que detrás del color rojo había una historia,
 hasta la puerta parece que derrame sangre.


Esta casa seguirá impactándome cada vez que pase ao seu lado, 
encolleráseme o corazón.

 Esta casa seguirá impactándome cada vez que pase a su lado,
  se me encogerá el corazón.


O poeta Uxío Novoneyra adicoulle o poema 
"Romance de Manoel de Ribadaira"
Neste enlace do blog da Buraca das grellas,
 relatan a historia ademais de amosar o Romance de Manoel de Ribadaira
https://buracadasgrellas.es/historia/uncategorized/manuel-cela-macia-paseado-desde-parada-a-teixeira-o-16-de-outubre-do-1936/




2 comentarios:

Romance de Manuel de Ribadaira, en Do courel a Compostela
 
Estiven ollando e atopei más información ao respecto.
Moitas grazas UNNR
 

Publicar un comentario