21 nov 2017

Ruta dende Mercurín


Dende Mercurín ao repetidor colocado hai uns anos hai unha
 pequena ruta duns 4 kms ida e volta, a dificultade é baixa.

 Desde Mercurín al repetidor colocado hace unos años
 hay una pequeña ruta de unos 4 kms ida y vuelta, la dificultad es baja.


Deixando atrás a aldea de Mercurín, comeza a andaina
 atravesando un amplo souto de castiñeiros.

 Dejando atrás la aldea de Mercurín, comienza la andadura
 atravesando un amplio bosque de castaños.



O camiño bifúrcase ao pouco de empezar, o carreiro da esquerda
 levará a Paderne podendo facer a Ruta circular do Río Pequeno duns 15 kms.

 El camino se bifurca al poco de empezar, el sendero de la izquierda
 llevará a Paderne pudiendo hacer la Ruta circular del Río Pequeno de unos 15 kms.


Nós continuaremos polo camiño da dereita, 
o que nos levará ao repetidor.

 Nosotros continuaremos por el camino de la derecha,
 el que nos llevará al repetidor.



Ao fondo Parada e a Devesa da Rogueira.

Al fondo Parada y la Devesa da Rogueira.


Os claros alternan coas nubes, os tonos ocres cobran vida.

 Los claros alternan con las nubes, los tonos ocres cobran vida.


Á nosa dereita o souto de castaños de Mercurín. 

 A nuestra derecha el bosque de castaños de Mercurín.


Deixando atrás o souto de castiñeiros éntrase nunha zona 
na que predominan as aciñeiras, estas proliferan nas zonas máis soleadas.

 Dejando atrás el bosque de castaños se entra en una zona
 en la que predominan las encinas, estas proliferan en las zonas más soleadas.



Ao pouco chégase a unha zona de labradío, as vistas son á Devesa da Rogueira.

 Al poco se llega a una zona de labradío, las vistas son a la Devesa da Rogueira.


Pasado este tramo hai unha pequena subida que leva ao repetidor. 
Foi colocado para facilitar aos veciños do Courel ter TDT e banda ancha hai uns anos.

Pasado este tramo hay una pequeña subida que lleva al repetidor.
 Fue colocado para facilitar a los vecinos de O Courel tener TDT y banda ancha hace unos años.


Dende este punto e facéndose oco entre os arbustos pódese ver
 Seoane e ao fondo máis pequena a aldea de Esperante.

Desde este punto y haciéndose hueco entre los arbustos se puede ver
 Seoane y al fondo más pequeña la aldea de Esperante.


Todos os arbustos están cubertos de brións e liques, aínda que están secos a zona é húmida.
 A confluencia do Val do río Pequeno e o Val do Lor contribúe a que a humidade os manteña vivos.

Todos los arbustos están cubiertos de musgos y líquenes,aunque están secos la zona es húmeda. 
La confluencia del Valle del río Pequeno y el Valle del Lor contribuye a que la humedad los mantenga vivos.  


Dende este lugar elevado pódense ver á nosa esquerda varias aldeas e o Taro Branco. 
Abaixo no centro a aldea do Mazo, arriba á esquerda Villasivil, á súa dereita a igrexa de Meiraos e á dereita desta Meiraos.

 Desde este lugar elevado se pueden ver a nuestra izquierda varias aldeas y el Taro Branco.
Abajo en el centro la aldea de O Mazo, arriba a la izquierda Villasivil,
 a su derecha la iglesia de Meiraos y a la derecha de esta Meiraos.


Chegados a este punto, iníciase o camiño de regreso sobre os nosos pasos.

Llegados a este punto, se inicia el camino de regreso sobre nuestros pasos.


Devesa da Rogueira e a aldea de Parada rodeada de soutos de castiñeiros.

Devesa da Rogueira y la aldea de Parada rodeada de bosques de castaños.




Vistas do  Val do Lor.




Aínda están presentes formacións xeolóxicas como as do Val das Mouras. 
A auga infiltrouse na rocha calcaria dando lugar a labirintos e 
formacións moi curiosas co paso dos anos.

 Todavía están presentes formaciones geológicas como las del Val das Mouras.
El agua se infiltró en la roca caliza dando lugar a laberintos y
 formaciones muy curiosas con el paso de los años.



Despois de atravesar novamente o souto de castiñeiros finaliza a ruta.

 Después de atravesar de nuevo el bosque de castaños finaliza la ruta.




0 comentarios:

Publicar un comentario