23 nov 2016

Castelo de Carbedo


O castelo de Carbedo é unha das principais herdanzas arqueolóxicas do Courel, data da idade media aínda que as súas orixes son descoñecidas. Nos arredores apareceron a Tésera da hospitalidade, unha táboa de bronce cun escrito en latín a cal alude un pacto entre dúas poboacións e a Águia de Carbedo, ambos obxectos datan do século I e atópanse expostos no museo provincial de Lugo. 
Situado nun enclave estratéxico, o seu estado é ruinoso, sitúase nun promontorio con excelentes vistas desde as cales se controlaban as entradas ao Courel desde Visuña e León. 
Os seus muros aínda conservan un conxunto de pequenos fósiles mariños datados da Era Paleozoica cunha antigüidade duns 500 millóns de anos. 
Pertenceu a Nuño Peláez quen o doou no século XII aos Cabaleiros da Orde de Santiago, quedando abandonado a finais do século XVI

El castillo de Carbedo es una de las principales herencias arqueológicas de O Courel, data de la edad media aunque sus orígenes son desconocidos.
En los alrededores han aparecido la Tésera de la hospitalidad, una tabla de bronce con un escrito en latín la cual alude un pacto entre dos poblaciones y el Águila de Carbedo, ambos objetos datan del siglo I y se encuentran expuestos en el museo provincial de Lugo.
Situado en un enclave estratégico, su estado es ruinoso, se sitúa en un promontorio con excelentes vistas desde las cuales se controlaban las entradas al Courel desde Visuña y León.
Sus muros todavía conservan un conjunto de pequeños fósiles marinos datados de la Era Paleozoica con una antigüedad de unos 500 millones de años.
Perteneció a Nuño Peláez quien lo donó en el siglo XII a los Caballeros de la Orden de Santiago, quedando abandonado a finales del siglo XVI

0 comentarios:

Publicar un comentario